Foresia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pseudoscorpión sendo transportado por unha mosca do xénero Leptopeza

A foresia, ou forese, é unha asociación entre individuos de especies diferentes (relación ecolóxica interespecífica), na cal un individuo transporta a outro, sen se prexudicaren.

A foresia tamén pode ser definida como un caso específico de comensalismo.

Descrición[editar | editar a fonte]

Acarinario de abella carpinteira, Xylocopa
Ácaros foréticos en Nicrophorus vespillioides

A foresia é un comportamento desempeñado por algúns organismos, na que estes únense a un hospedeiro co obxectivo de seren transportados a distancias curtas ou longas. Os exemplos mais comúns de foresia inclúen, entre outros, a rémora sobre os tiburóns ou os ácaros sobre o escaravello Necrophila americana e outros escaravellos preeiros; tamén os ácaros sobre insectos himenópteros (moitas especies de abellas e avespas).[1][2]

As carrachas e os ácaros posúen unha morfoloxía corporal adaptada para prenderse no hospedeiro.

O uso da foresia é común en especies migratorias ou que están á busca dun novo ambiente, o que indirectamente favorece a diversidade xenética, xa que animais separados por distancias xeográficas considerábis poden reproducírense

O concepto de foresia exclúe casos onde o individuo forético estabelece unha relación permanente co seu hospedeiro ou cando hai vantaxes adquiridas por algunha das partes, ou en ambas.[3]. Nos casos onde estas situacións ocorren, a foresia pode ser interpretada como un comensalismo.

Variantes destas relacións poden presentarse en casos de mutualismo ou de parasitismo, esta última cando o individuo forético causa algún tipo de prexuízo ao seu hospedeiro.

Nalgúns casos este fenómeno é beneficioso mutuamente. Por exemplo, algúns himenópteros posúen un órgano chamado acarinario para levar aos ácaros foréticos. Pénsase que os ácaros se alimentan de fungos ou de parasitos dos niños de abellas.

Así mesmo, o comportamento da foresia pode observarse tamén en moitas plantas, que utilizan este mecanismo para dispersaren as súas sementes.

Relacións foréticas[editar | editar a fonte]

Un exemplo de foresia é a dispersíon do ácaro Polyphagotarsonemus latus, que ademais de dispersarse polo vento a través de partes de plantas infestadas, ou por contacto entre a follaxe de plantas diferentes, tamén pode dispersarse pola relación forética con Myzus persicae e coas moscas brancas (familia dos Aleyrodidae) dos xéneros Bemisia e Trialeurodes.

En fósiles[editar | editar a fonte]

Coñéocense exemplos fósiles de foreses de hai 320 millóns de anos.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sherman, Lee. ""An OSU scientist braves an uncharted rainforest in a search for rare and endangered species" in "Expedition to the Edge"" (PDF). Terra, Spring 2008. Oregon State University. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de marzo de 2016. Consultado o 20 de abril de 2020. 
  2. Rau, P. (1941). "Observations on certain lepidopterous and hymenopterous parasites of Polistes wasps". Annals of the Entomological Society of America = 34: 355–366. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2014. Consultado o 20 de abril de 2020. 
  3. Houck, M. (01-01-1991). "Ecological And Evolutionary Significance Of Phoresy In The Astigmata". Annual Review of Entomology 36 (1): 611–636. ISSN 0066-4170. doi:10.1146/annurev.ento.36.1.611. 
  4. Houck, Marilyn A. (2009). "Phoresy". Encyclopedia of Insects. Elsevier. pp. 772–774. ISBN 978-0-1237-4144-8. Consultado o 20 de abril de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]