Própole
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2016.) |
Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo. Vexa na páxina de discusión que aspectos son os que precisan revisión. (Desde novembro de 2016.) |
O própole[1] é unha substancia que obteñen as abellas das xemas das árbores e que despois procesan na colmea, converténdoa nun potente antibiótico co que cobren as paredes da colmea, co fin de combater as bacterias e fungos que poidan afectala.
O própole ten materias colorantes, chamadas flavonoides, que son as máis activas no rol antiséptico do própole. Ademais desta substancia, contén resinas e bálsamos (un 50%), cera de abella (un 30%), aceites esenciais (un 10%), pole e diversos materiais minerais: aluminio, prata, bario, boro, cromo, cobalto, estaño, ferro e moitos outros. Tamén contén provitamina A e vitaminas do grupo B, especialmente B3.
As abellas sen ferrón da tribo Meliponini recobren todo o niño de cría cun invólucro (lámina ou membranas) fabricado con cerume, que é unha mestura de própole e cera. Con betume cerran as aberturas onde confinarán a colonia nos troncos, sendo o mesmo unha mestura de própole pegañoso mesturado con barro, a cal tamén se chama xeopropóleo.
Entre as propiedades medicinais que se lle recoñecen a este produto están:
- Antibióticas.
- Cicatrizantes.
- Fúnxicas.
- Anti-inflamatorias.
- Analxésicas.
- Anti-alérxicas.
- Epitelizantes.
- Anestésico.
A súa utilización en seres humanos debe facerse con reserva e, preferentemente, con recomendación médica.
Historicamente utilizouse para tratar catarros das vías respiratorias altas, gripe, sinusite, otite, larinxite, bronquite, asma bronquial, pneumonía crónica, tuberculose pulmonar. Tamén se usou en dermatoloxía para o tratamento de abscesos, forúnculos, frieiras, gretas, verrugas, entre outros danos da pel. Coñécese que os exipcios utilizaban o própole como parte dos ingredientes para conservar as vísceras dos faraóns.
Obviamente, tamén se utilizou no tratamento de animais con febre aftosa, necrose bacilar, mamite e helmintíase en ovinos, entre outras. Tamén se empregou na confección de finísimas lacas para o pintado de instrumentos musicais de corda, dándolle gran resistencia á laca.
A cantidade media que poden producir por colmea durante un ano depende da raza de abella, e acostuma estar entre os 150 g e 300 g.
Recoléctase ao comezar a primavera, xa que é necesario na colmea durante os tempos fríos. Para a recolección, o apicultor coloca unha prancha plástica perforada sobre os cadros da colmea que, no momento de recolección, introduce nun conxelador até que o contido se conxela e así poder retiralo máis facilmente; logo introdúceo en auga quente para separar o própole da cera, as abellas mortas ou restos doutros animais. Neste momento o própole preséntase como unha substancia similar a unha goma de mascar. Logo toma unha forma granulosa e frouxa, de cor lixeramente escura. O própole consérvase en recipientes de vidro, nunca de plástico, lonxe do ar e da luz.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para própole.