Laca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Caixa lacada con decoración de madreperla, Dinastía Ming, século XVI.

A laca é unha secreción resinosa e translúcida producida polo insecto Laccifer lacca (Coccoidea), de onde toma o nome, que habita sobre varias plantas, sobre todo na India e o leste de Asia. Esta secreción áchase pegada ás ramas da planta invadida, e nela está encerrado o insecto durante case toda a súa vida. Unha vez colleitada, moída e cocida con outras resinas e minerais, convértese en goma laca, usada en vernices (transparentes ou con cor), tintas, lacres, adhesivos etc.

Vernices ao alcol[editar | editar a fonte]

Trátase de resinas sintéticas ou naturais que se disolven en alcohol, que se secan por evaporación rápida do disolvente, e a miúdo contan cun proceso de curado que produce un acabado de dureza, cun aspecto que vai desde o brillo ó mate. En ocasións pode requirir un pulido.

As resinas usadas comunmente son: gomas lacas, dammar e sandáraca (resinas brandas), colofonia e resinas formofenólicas. Como solventes utilízanse o alcohol etílico e o metílico. Son de secado rápido, empregándose para protexer madeiras, paneis etc. aplicando unha película incolora e brillante.