Prosopium

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Prosopium
Rango fósil: Mioceno tardío - Actualidade.[1]

Prosopium cylindraceum
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Superclase: Osteichthyes
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Protacanthopterygii
Orde: Salmoniformes
Familia: Salmonidae
Subfamilia: Coregoninae
Xénero: Prosopium
Jordan, 1878
Especies
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto
Prosopium abyssicola
Prosopium gemmifer
Prosopium williamsoni

Prosopium é un xénero de peixes osteíctios da familia dos salmónidos, subfamilia dos coregoninos.[2][3][4]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1878 polo naturalista estadounidense, especializado en ictioloxía, David Starr Jordan.[2][3][4]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome científico Prosopium está tirado do nome do grego antigo προσωπεἵον prosōpeíon, "máscara".[5]

Sinónimo[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polo sinónimo:[3]

  • Irillion Jordan, 1919

Especies[editar | editar a fonte]

Na actualidade recoñécense no xénero as seguintes seis especies:[2][4]

Nota taxonómica[editar | editar a fonte]

As especies de Prosopium estiveron antigamente clasificadas no moi similar xénero Coregonus, até que Koelz, en 1929, elevou o daquela subxénero Prosopium á categoría de xénero.[6]

Distribución[editar | editar a fonte]

Son peixes dulciacuícolas que habitan nas zonas setentrionais de América do Norte e do leste de Rusia, onde viven nos lagos e nos ríos grandes, visitando estes últimos as augas salobres.[7]

Características[editar | editar a fonte]

Anatomica e xeneticamente son simlares aos outros corégonos, pero co corpo máis cilíndrico.[8]

Son salmónidos de cor de prateada a branca, co corpo de sección arredondada, cun pequeno fociño coa boca na parte inferior. Ambas as mandíbulas carecen de dentes. No primeiro arco branquial hai de 13 a 45 espiñas branquiais curtas e fortes. A aleta dorsal está sustentada por de 10 a 14 raios, e a aleta caudal está bifurcada.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sepkoski, Jack (2002). "A compendium of fossil marine animal genera". Bulletins of American Paleontology 363: 1–560. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2009. Consultado o 14 de marzo de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Prosopium Jordan, 1878 no WoRMS. Consultado o 14 de marzo de 2022.
  3. 3,0 3,1 3,2 Prosopium Jordan, 1878 no GBIF. Consultado o 14 de marzo de 2022.
  4. 4,0 4,1 4,2 Prosopium Jordan, 1878 na BioLib. Consultada o 14 de marzo de 2022.
  5. Prosopion no Merriam-Webster Dictionary.
  6. Walter Koelz (1929): Coregonid Fishes of the Great Lakes. Washington, U.S. Govt. Print. Off. (Tese de doutoramento na Universitdae de Michigan, 1920).
  7. Especies de Prosopium Arquivado 26 de marzo de 2018 en Wayback Machine. en FishBase.
  8. Booke, H. E. (1974): "A cytotaxonomic study of the round whitefishes, genus Prosopium". Copeia 1974 (1): 115-119.
  9. Lawrence M. Page & Brooks M. Burr (2011): Peterson Field Guide to Freshwater Fishes. Boston, Massachusetts: Houghton Mifflin Harcourt. ISBN 978-0-5472-4206-4, pp. 44–45.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]