Coregoninos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Corégonos»)
Coregoninos
Corégonos
Coregoninae

Rango fósil: mioceno - actualidade [1]

Coregonus clupeaformis
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Protacanthopterygii
Orde: Salmoniformes
Familia: Salmonidae
Subfamilia: Coregoninae
Bonaparte, 1850
Xéneros
Ver no texto

A dos coregoninos (Coregoninae) é unha subfamilia de peixes osteíctios da familia dos salmónidos.[2]

A subfamilia comprende 3 xéneros cunhas 30 especies, a maioría delas pertencentes ao xénero Coregonus, e que son coñecidas co nome de corégonos.

Características[editar | editar a fonte]

O corpo dos corégonos ten a forma típica dos salmónidos, co corpo alongado, forte, algo comprimido lateralmente, hidrodinámico, coa cabeza pequena, afiada no fociño.

Ao igual que todos os salmónidos teñen unha aleta adiposa no lombo.

A súa coloración é gris clara, branca ou parda.

Teñen sempre menos de 110 escamas ao longo da liña lateral, que é claramente visíbel.

A aleta dorsal está sustentada polo menos por 16 raios; as aletas pelvianas están en posición anterior, e a aleta caudal é gallada ou sensibelmente fendida.[3]

Distribución[editar | editar a fonte]

Unhas poucas son autóctonas dos Alpes europeos (Coregonus albula, C. laveratus, C. fera e C. palea) e unha que foi introducida (C. peled). Pero a maioría habitan nas rexións árticas de Asia e Norteamérica.[4]

A súa orixe remóntase ao mioceno, e a súa dispersión produciuse a comezos do cuaternario. A súa diversidade actual é consecuencia do illamento das poboacións durante a última gran glaciación.[1]

Os corégonos son moi sensíbeis á contaminación e sobre todo á eutrofización. Para que unha reintroducción de corégonos teña posibilidade de éxito e de sostibilidade, cómpre que os lagos nos que se introduzan teñan unha superficie maior de 10 km² e que estea libre de eutrofización.

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Algunhas especies son propias de augas doces e outras son anádromas, que viven nas costas, en zonas de augas salobres, e remontan os ríos. Todas necesitan augas moi oxixenadas e prefiren as augas frías.

Aliméntanse de plancto e invertebrados, e Stenodus leucichthys de peixes máis pequenos.

Xeralmente desovan en outono ou inverno. O desenvolvemento dos ovos dura de tres a catro meses polo xeral.[3]

Xéneros[editar | editar a fonte]

A subfamilia inclúe os seguintes tres xéneros:[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Sepkoski, Jack (2002). "A compendium of fossil marine animal genera". Bulletins of American Paleontology 364: 560. Arquivado dende o orixinal o 23-07-2011. Consultado o 10-09-2014. 
  2. 2,0 2,1 Coregoninae no WoRMS.
  3. 3,0 3,1 Nelson (2006).
  4. Behnke, Robert J. (2010): Trout and Salmon of North America. New York: The Free Press, a division of Simon & Schuster Inc. ISBN 978-1-4516-0355-2, pp. 335–340.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Eschmeyer, W. N. (ed.) (2014): Catalog of fishes: Genera, Species, References. California Academy of Sciences, department Ichtyology.
  • Froese, Rainer & Daniel Pauly, eds. (2008): Salmoniformes en FishBase.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7, pp. 69–82.
  • van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al. (Eds.) (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50: 357-374. ISBN 2-85653-538-0.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]