Coregonus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Coregonus
Coregonus clupeaformis
Coregonus clupeaformis
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Protacanthopterygii
Orde: Salmoniformes
Familia: Salmonidae
Subfamilia: Coregoninae
Xénero: Coregonus
Linnaeus, 1758 [1]
Especie tipo
Coregonus lavaretus
(Linnaeus, 1758)
Especies
Ver no texto

Coregonus é un xénero de peixes osteíctios da orde dos salmoniformes, familia dos salmónidos, que é o tipo da subfamilia dos coregoninos.

Comprende numerosas especies denominadas corégonos, moitas delas moi apreciadas na pesca deportiva.

Describíronse até 68 taxa, pero o número efectivo de especies é, como en case todos os xéneros de salmónidos, un tema suxeito a debate.

Sexan as que for, todas as especies do xénero teñen poboacións en vías de regresión, e algunhas están ao bordo da extinción.

De feito, moitas, especialmente dos Grandes Lagos norteamericanos e dos lagos alpinos de Europa, xa se extinguiron no século pasado.

Por iso todas as especies de Coregonus están hoxe protexidas ao abeiro do Convención de Berna.

Características[editar | editar a fonte]

O corpo dos corégonos ten a forma típica dos salmónidos. De menor tamaño que o salmón, e con escamas máis grandes; teñen sempre menos de 110 escamas ao longo da liña lateral, que é claramente visíbel.[2]

A aleta dorsal ten polo menos por 16 raios; as aletas pelvianas están en posición anterior e a aleta caudal é gallada ou sensibelmente fendida.[2]

De cor basicamente prateada, aínda que algúns individuos que viven en lagos de Norteamérica teñen o lombo de cor parda verdosa ou parda máis ou menos escura, pero sempre cos flancos prateados e o ventre abrancazado.

Hábitat, distribución e bioloxía[editar | editar a fonte]

Son peixes fundamentalmente de auga doce que habitan nas zonas norteñas de América e Eurasia, en lagos e grandes ríos.

Porén, varias especies, entre elas Coreoinus autumnalis), C. laurettae e C. sardinella, son anádromas, movéndose entre augas salgadas e doces.

Os adultos aliméntanse principalmente de larvas acuáticas de insectos, moluscos e crustáceos anfípodos, pero tamén doutros peixes e dos seus ovos, incluídos os seus propios. As crías aliméntanse de copépodos e cladóceros.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae.[1] O nome formouno co termo do grego antigo κόρη korē "pupila do ollo" e o elemento do latín cientifico -gonus (derivado do grego γωνία gōnía "ángulo").[3]

Ao longo do tempo foi coñecido polos sinónimos Goregonus (incorrecto), Leucichthys e Tripteronotus.[1]

O xénero foi antigamente subdividido en dous subxéneros, Coregonus (os corégonos propiamente ditos) e Leucichthys. O primeiro comprendería as especies con boca subterminal e xeralmente de hábitos alimentarios bentónicos, mentres que a segunda comprendería aquelas coa boca terminal ou supraterminal, e que se alimentaban de plancto peláxico. Porén, esta clasificación non é natural: segundo datos de análises moleculares de ADN mitocondrial, as supostas especies do subxénero Leucichthys comprenden dúas liñaxes distintas dentro do xénero. Ademais, o xénero Stenodus (da mesma subfamilia) non é filoxeneticamemte distinto de Coregonus.[4]

Especies[editar | editar a fonte]

Hai moita incerteza e confusión na clasificación de moitas especies deste xénero. Actualmente FishBase recoñece 79 especies vivas e recentemente extintas:[5]

Coregonus artedi 
Coregonus hoyi 
Coregonus nelsonii 
Coregonus pidschian 

Pola súa parte o World Register of Marine Species só admite 25 especies:[1]

  • Coregonus albula (Linnaeus, 1758)
  • Coregonus anaulorum Chereshnev, 1996
  • Coregonus artedi Lesueur, 1818
  • Coregonus autumnalis (Pallas, 1776)
  • Coregonus clupeaformis (Mitchill, 1818)
  • Coregonus dispersus Fatio, 1885
  • Coregonus fera Jurine, 1825
  • Coregonus huntsmani Scott, 1987
  • Coregonus laurettae Bean, 1881
  • Coregonus lavaretus (Linnaeus, 1758)
  • Coregonus lucidus (Richardson, 1836)
  • Coregonus maraena (Bloch, 1779)
  • Coregonus migratorius (Georgi, 1775)
  • Coregonus muksun (Pallas, 1814)
  • Coregonus nasus (Pallas, 1776)
  • Coregonus nelsonii Bean, 1884
  • Coregonus oxyrinchus (Linnaeus, 1758)
  • Coregonus pallasii Valenciennes, 1848
  • Coregonus peled (Gmelin, 1789)
  • Coregonus pidschian (Gmelin, 1789)
  • Coregonus pravdinellus Delkeit, 1949
  • Coregonus sardinella Valenciennes, 1848
  • Coregonus ussuriensis Berg, 1906
  • Coregonus widegreni Malmgren, 1863
  • Coregonus zenithicus (Jordan & Evermann, 1909)

Nota: Para outras clasificacións véxanse as bases de datos indicadas nas ligazóns externas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Coregonus Linnaeus, 1758 no WoRMS.
  2. 2,0 2,1 Nelson (2006).
  3. Webster's New International English Dictionary Webster. 2012 Consultado o 11 de setembro de 2014.
  4. Bernatchez L.; Colombani, F. & Dodson J. J. (1991): Phylogenetic relationships among the subfamily Coregoninae as revealed by mitochondrial DNA restriction analysis Journal of Fish Biology 39 (Suppl A): 283-290.
  5. Froese, Rainer & Daniel Pauly, eds. (2012): Especies de Coregonus en FishBase.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Lahuerta, F. e Vázquez, F. X. (2000), pp. 59-60.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Eschmeyer, W. N. (ed.) (2014): Catalog of fishes: Genera, Species, References. California Academy of Sciences, department Ichtyology.
  • Froese, Rainer & Daniel Pauly, eds. (2008): Salmoniformes en FishBase.
  • Lahuerta, F. e Vázquez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
  • Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dalslstrøm & Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega, S.A. ISBN 84-282-1161-2, p. 280.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. New York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al. (Eds.) (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Paris: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50: 357-374. ISBN 2-85653-538-0.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]