Jupiler Pro League

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Eerste klasse")
Eerste klasse
Fundación 1895
Rexión Bélxica Bélxica
Equipos 16
Actual campión RSC Anderlecht (2013-14)
Máis laureado RSC Anderlecht (33 títulos)
Sitio web www.jupilerleague.be

A Primeira División de Bélxica , oficialmente Jupiler Pro League por motivos de patrocinio, é a máxima categoría da liga de fútbol en Bélxica. Dispútase anualmente desde 1895. O equipo con máis títulos é o RSC Anderlecht, con 33 campionatos nas súas vitrinas.

Competición[editar | editar a fonte]

Hai 16 equipos na Jupiler League. Durante cada tempada (desde agosto ata abril), cada equipo enfróntase dúas veces co resto, unha vez no seu estadio e outra na dos seus adversarios, nun total de 30 partidos por cada equipo. Ao final dos 30 partidos, procédese a xogar a segunda fase, que se divide en dous partes:

  • Os seis primeiros xogan o playoff polo título.
  • Do 7º ao 14º lugar xogan un playoff para clasificar a Europa.

No caso do playoff polo título, cada equipo enfróntase dúas veces co resto, completando 10 partidos. Os dous primeiros clasificados xogarán a terceira rolda preliminar da Liga de Campións, mentres que o terceiro xoga a rolda de playoff da Liga Europa. O cuarto clasificado xogará contra o gañador do playoff europeo, por unha pasaxe á Liga Europa, especificamente á terceira rolda preliminar.

Os dous últimos clasificados xogarán un playoff para decidir quen dos dous descende de categoría.

Equipos participantes (2014/15)[editar | editar a fonte]

Club Cidade Estadio Capacidade Tempada pasada
RSC Anderlecht Bruxelas Constant Vanden Stock Stadium 28.063
Cercle Brugge Bruxas Jan Breydel 29.042 11º
R. Charleroi S.C. Charleroi Stade du Pays de Charleroi 14.891 10º
Club Bruxas Bruxas Jan Breydel 29.042
KRC Genk Genk Fenix Stadion 24.956
K.A.A. Gent Gante Jules Ottenstadion 12.919
KV Kortrijk Kortrijk Guldensporen Stadion 9.399
Lierse SK Lier Estadio Herman 15.500 12º
KSC Lokeren Lokeren Daknamstadion 9.560
Y.R. K.V. Mechelen Malinas Argos Achter de Karzeme 13.213 13º
Mouscron-Péruwelz Mouscron Stade Le Canonnier 11.300 4º na D2
Oostende Ostend Albertparkstadion 8.000
Standard de Liège Liexa Estadio Maurice Dufrasne 30.023
Waasland-Beveren Beveren Freethiel Stadion 13.290 14º
Westerlo Westerlo Het Kuipje 8.035 1º na D2
SV Zulte-Waregem Waregem Ragenboogstadion 10.200


Palmarés[editar | editar a fonte]

Club Títulos
RSC Anderlecht 33
Club Bruxas 13
Union Saint-Gilloise 11
Standard de Liège 10
K. Beerschot VAC 7
KFC Rhodienne-Verrewinkel 6
Daring de Bruxelles 5
RFC Liégeois 5
Royal Antwerp FC 4
KV Mechelen 4
Lierse SK 4
Cercle Brugge 3
KRC Genk 3
KSK Beveren 2
RWD Molenbeek 1


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]