Toñi Vicente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Medalla de Galiza.svg
Toñi Vicente
Data de nacemento 12 de xaneiro de 1953
Lugar de nacemento Tomiño
Nacionalidade España
Ocupación Cociñeiro
Premios Medalla de Galicia
editar datos en Wikidata ]

Antonia Vicente Rodríguez, chamada Toñi Vicente, nada en Tomiño o 12 de xaneiro de 1953[1], é unha restauradora e hostaleira galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Os seus pais tiñan un restaurante en Tomiño, onde comezou traballando na cociña. Despois dunha bolsa para estudar en Francia co cociñeiro Michel Guérard, abriu en 1982 en Vigo o restaurante Síbaris, que lle deu ampla sona, e que colleitou a segunda estrela Michelin da historia de Galicia para unha cociñeira en 1989. En 1990 dirixiu e presentou o programa gastronómico da TVG Artesa.

En 1992 abriu en Santiago de Compostela o restaurante Toñi Vicente, que recibe a estrela Michelín en 1993, galardón que mantivo ata o ano 2008. En 1997 recibe o Premio Nacional de Gastronomía.

En agosto de 2008 foi detida para prestar declaración[2] en relación cunha rede de distribución de vieira ilegal. En 2008, uns meses despois deste suceso, perdeu a estrela Michelin, pero mantivo un sol na guía Repsol[3], ata que a comezos de 2009 anunciou o peche da actividade do seu restaurante[4].

Posteriormente abriu restaurantes en Ribeira, Cambados e Vigo.

Galardóns[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]