O pradairo real[1] (Acer platanoides), tamén coñecido coma pradairo noruegués, é unha especiearbórea pertencente á familia das aceráceas. Non aparece en Galiza de xeito espontáneo, atopándose coma ornamental nalgúns parques e xardíns.
É un árborecaducifolia que pode acadar até 35 m de altura, aínda que o habitual é que non supere os 25 m. Presenta unha casca lisa e cinsenta clara. As follas son palmadas e dentadas. As flores son de cor verde amarelenta e se dispoñen en panículas. O froito, sámara, constitúeno dúas noces unidas con ás formando entre si un ángulo.[4][5][6][7]
En Europa hai dúas especie de pradairos moi semellantes que se poden confundir de xeito doado. As dúas especies presentan exemplares elevados, que poden acadar até 30–35 m de altura.
As flores aparecen no momento de se abrir os gomosAs sámaras teñen a semente aplanada.As follas dalgúns cultivares poden ser cor vermella púrpuraCasca da árbore adulta
Esta árbore pode chegar aos 150-200 anos, considerabelmente menor que outras especies de pradairos. O nome do xénero xa era empregado polos romanos ("acer": rexo, duro). Segundo outros autores, o seu nome deriva da voz celta "ac", espiña oo punta, por se ter utilizado para fabricar puntas de lanza. É sensíbel a unha micose ocasionada polo fungo Rhytisma acerinum, o que lle ocasiona unhas tacas semellantes ao alcatrán nas súas follas.