Polistes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Polistes

Raíña de Polistes gallicus construíndo o niño
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Hymenoptera
Suborde: Apocrita
Familia: Vespidae
Subfamilia: Polistinae
Tribo: Polistini
Lepeletier, 1836
Xénero: Polistes
Latreille, 1802
Especies
Véxase o texto

Polistes é un xénero de insectos himenópteros da suborde dos apócritos, familia dos véspidos e subfamilia dos polistinos, que e o tipo da subfamilia e da súa única tribo, a dos Polistini.

A súa especie tipo é Polistes gallicus Linnaeus, 1767.[1]

Características[editar | editar a fonte]

Polistes é o xénero que conta con máis especies da familia dos véspidos, máis de 300. Cando voan distínguense doutras avespas polas súas longas patas que penduran cara a abaixo.[2]

Son todas depredadoras, cazando a outros insectos para alimentar ás larvas, e consomen grandes cantidades de eirugas, polo que se consideran beneficiosas. Tamén visitan flores para obteren o néctar que lles subministra enerxía para o voo, e así realizan a polinización dalgunhas plantas.

Constrúen niños de papel ou cartón con celas hexagonais. Xeralmente non son agresivas, pero so poden selo cando defenden o seu niño. Forman colonias xeralmente compostas por femias fundadoras, raíñas, das que pode haber máis de unha e que adoitan seren irmás, e de obreiras (Ver Eusocialidade). Non hai gran diferenza morfolóxica entre ambas, pero si fisiolóxicas e de comportamento. Ao final do verán nacen machos e femias fértiles, que se aparean. Despois, as fundadoras, as obreiras e os machos morren; as únicas que sobreviven son as femias fecundadas da nova xeración que hibernan.
Na primavera seguinte inician unha nova colonia.[3]

Distribución[editar | editar a fonte]

As especies deste xénero distribúense por todo o mundo. A avespa europea Polistes dominula foi accidentalmente introducida nos Estados Unidos en 1981 e na actualidade segue invadindo novos territorios. Ás veces causan unha diminución das poboacións de especies nativas. A chamada avespa cuco, Polistes sulcifer, é un parasitoide obrigado de Polistes dominula.[4]

Polistes versicolor está moi difundida en Suramérica. Distínguese polas súas bandas amarelas no tórax e o abdome. É especialmente abundante no sueste do Brasil.[5]

Galería[editar | editar a fonte]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

Tribo

A tribo foi descrita en 1836 polo naturalista e zoólogo francés especializado en entomoloxía (especielmente en himenópteros) Amédée Louis Michel Lepeletier.[6]

Xénero

O xénero foi descrito en 1802 polo zoólogo francés, especializado en artrópodos, Pierre André Latreille.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome científico Polistes deriva do grego antigo πολιστής polistḗs, "fundador dunha cidade", de πολίζειν polízein, "construír a cidade", de πόλις pólis, "cidade".

Especies[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. James M. Carpenter (2008). "Review of Hawaiian Vespidae (Hymenoptera)" (PDF). Occasional Papers of the Bishop Museum 99: 1–18. 
  2. Pest Animal Control Arquivado 15 de outubro de 2008 en Wayback Machine. Bay of Plenty environment report. Consultada o 24 de xullo de 2021.
  3. Hudson K. Reeve (1991). "Polistes". En Kenneth G. Ross; Robert W. Mathew. The Social Biology of Wasps. Cornell University Press. pp. 99–148. ISBN 978-0-8014-9906-7. 
  4. Ortolani, I.; Cervo, R. (2009). "Coevolution of daily activity timing in a host-parasite system". Biological Journal of the Linnean Society 96 (2): 399–405. 
  5. Zara, Fernando; Balestieri, Jose (2000). "Behavioural Catalogue of Polistes versicolor Olivier (Vespidae: Polistinae) Post-emergent Colonies". Naturalia 25: 301–19. 
  6. Polistini Lepeletier, 1836 en BioLib.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Aguiar, Alexandre P. et al. (2013): "Order Hymenoptera". En Zhang, Z.-Q. (ed.): "Animal Biodiversity: An Outline of Higher-level Classification and Survey of Taxonomic Richness (Addenda 2013)". Zootaxa 3703: 1–82.
  • Borror, D. J., DeLong, D. M. & Triplehorn, C. A. (1976): An introduction to the study of insects, 4ª ed. Nova York, Chicago: Holt, Rinehart and Winston. ISBN 0-0308-8406-3.
  • Grimaldi, D. & Engel, M. S. (2005): Evolution of the Insects. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-5218-2149-0.
  • Huber, John T. (2009): "Biodiversity of Hymenoptera". Capítulo 12. En Robert G. Foottit & Peter H. Adler: Insect Biodiversity: Science and Society. Hoboken, New Jersey: Blackwell Publishing. ISBN 978-1-4051-5142-9.
  • Michener, Charles D. (2007): The Bees of the World. 2ª ed. Baltimore: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8573-0.
  • O'Toole, Christopher & Raw, Anthony (1999): Bees of the world. Londres: Cassell & Co. ISBN 0-8160-5712-5.
  • Sharkey, Michael J. (2007): "Phylogeny and Classification of Hymenoptera". Zootaxa 1668: 521–548.
  • Vilhelmsen, Lard (2001): "Phylogeny and classification of the extant basal lineages of the Hymenoptera (Insecta)". Zoological Journal of the Linnean Society 131: 393–442.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]