A superfamilia foi descrita en 1802 polo entomólogofrancésPierre André Latreille, na súa obra Histoire Naturelle, Générale et Particulière des Crustacés et des Insectes, Tome Troisième.[4]
O nome científicoVespoidea está formado pola unión dos elementos Vesp- e -oidea. O primeiro é a raíz do nome do seu xénero tipo, Vespa, e o segundo é o sufixo empregado na formación dos nones das subfamilias de animais.[5]
A subdivisión da superfamilia en familias estivo controvertida durante moito tempo. Na actualidade (2021), segundo o ITIS e o BioLib, considéranse as seguintes:[1][2]
Estudos xenéticos recentes indican que o grupo necesita unha profunda revisión taxonómica. Rhopalosomatidae e Vespidae son clados irmáns dentro dos vespoideos. Á súa vez, este grupo é irmán das restantes avespas (e abellas) vespoideas e apoideas. Ademais, os Apoidea están dentro dos Vespoidea, o que suxire que hai que desmantelar a Vespoidea (sensu lato) e formar unha serie de superfamilias menores: Formicoidea, Scolioidea, Tiphioidea, Thynnoidea e Pompiloidea, incluíndo unha Vespoidea de definición máis estreita. Finalmente, as familias Mutillidae, Tiphiidae e Bradynobaenidae parecen ser parafiléticas.[3] Outro estudo recente confirma a necesidade dunha revisión das relacións a alto nivel, aínda que as relacións dos grupos menores dentro de Vespoidea van ben co patrón orixinal do estudo de 2008, incluídos os grupos parafiléticos Bradynobaenidae e Tiphiidae.[6]
Posición filoxenética posíbel dos vespoideos nos aculeados
123Vespoidea en BioLib. Consultado o 29 de xuño de 2021.
12Pilgrim, E. M.; von Dohlen, C. C. & Pitts, J. (2008). "Molecular phylogenetics of Vespoidea indicate paraphyly of the superfamily and novel relationships of its component families and subfamilies". Zoologica Scripta37 (5): 539–560.
↑Johnson, B. R. (2013). "Phylogenomics Resolves Evolutionary Relationships among Ants, Bees, and Wasps". Current Biology23 (20): 2058–2062.
↑Johnson, Brian R.; Borowiec, Marek L.; Chiu, Joanna C.; Lee, Ernest K.; Atallah, Joel; Ward, Philip S. (2013). "Phylogenomics resolves evolutionary relationships among ants, bees, and wasps". Current Biology23: 1–5.
Aguiar, Alexandre P. et al. (2013): "Order Hymenoptera". En Zhang, Z.-Q. (ed.): "Animal Biodiversity: An Outline of Higher-level Classification and Survey of Taxonomic Richness (Addenda 2013)". Zootaxa3703: 1–82.
Arnett, R. H. Jr. (2000): American insects, 2ª ed. Boca Ratón, Londres, Nova York, Washington DC: CRC Press. ISBN 0-8493-0212-9.
Borror, D. J., DeLong, D. M. & Triplehorn, C. A. (1976): An introduction to the study of insects, 4ª ed. Nova York, Chicago: Holt, Rinehart and Winston. ISBN 0-0308-8406-3.
Huber, John T. (2009): "Biodiversity of Hymenoptera". Capítulo 12. En Robert G. Foottit & Peter H. Adler: Insect Biodiversity: Science and Society. Hoboken, New Jersey: Blackwell Publishing. ISBN 978-1-4051-5142-9.
O'Toole, Christopher & Raw, Anthony (1999): Bees of the world. Londres: Cassell & Co. ISBN 0-8160-5712-5.
Sharkey, Michael J. (2007): "Phylogeny and Classification of Hymenoptera". Zootaxa1668: 521–548.
Vilhelmsen, Lard (2001): "Phylogeny and classification of the extant basal lineages of the Hymenoptera (Insecta)". Zoological Journal of the Linnean Society131: 393–442.