Saltar ao contido

Mergullón cristado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Podiceps cristatus»)
Mergullón cristado
Podiceps cristatus
Carl von Linné 1758 Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Taxon superior
 Nome curto
P. cristatus Editar o valor en Wikidata
Características
 Período de incubación
28 DD Editar o valor en Wikidata
 Tamaño da niñada
3.9 Editar o valor en Wikidata
Conservación
 Identificador UICN
Distribución
 Hábitat
 Área de distribución
Dimensións
Clasificación taxonómica
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdePodicipediformes
FamiliaPodicipedidae
XéneroPodiceps
EspecieP. cristatus
Identificadores
Freebase/m/01cy95 Editar o valor en Wikidata
ITIS174491 Editar o valor en Wikidata
OTT92263 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons
Podiceps cristatus

O mergullón cristado[1][2][3] (Podiceps cristatus) é unha especie de ave podicipediforme da familia Podicipedidae, sendo un dos seus membros máis coñecidos. Son aves das zonas húmidas europea e asiáticas moi frecuentes en lagoas e marismas da Península Ibérica.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Recoñécese polas súas dúas cristas negras e as súas prominentes golas avermelladas en primavera. As súas partes superiores son de cor marrón escuro; as inferiores, brancas. A súa lonxitude pode variar entre os 46 cm aos 51. Ten unha media de 48 cm. A envergadura varía entre os 85 e os 90 centímetros.

Principalmente lagos e lagoas. En inverno tamén frecuenta as costas. Aínda que non aniña a gran altitude, acada os 1.200 metros nalgunhas rexións. Tampouco rexeita os estanques con vexetación palustre que ofrecen algunhas cidades así como masas de auga de orixe antropolóxica como encoros ou lagos artificiais.

Distribución en Galicia

[editar | editar a fonte]

En Galicia pode verse ao longo de todo o ano, como invernante regular, en paso e como reprodutor consolidado na provincia de Ourense (Penas-Patiño, Pedreira & Silvar). Na actualidade atópase en expansión (González & Villarino, 1995; X. Vázquez, com. pers.). En Galicia estímase unha poboación de 20-30 parellas (Fernández-Cordeiro & Domínguez, 1991), a nivel galego a maior poboación desta especie atópase asentada nas areeiras do concello limiao de Sandiás con 23 parellas censadas (2010).

Fóra deste concello confirmouse a súa reprodución no encoro da Fervenza en Mazaricos (1 p), encoro das Forcadas no concello de Valdoviño (aprox. 3 pp), lagoa de Sobrado dos Monxes no concello homónimo (1 p), areeiras de Riocaldo-Pedroso Begonte (3 pp), San Martiño (A Rúa) e Verín/Oímbra.

Alimentación

[editar | editar a fonte]

Pequenos peixes, crustáceos e insectos que captura mergullándose na auga.

Comportamento

[editar | editar a fonte]

A súa parada nupcial resulta moi rechamante. As aves contonéanse mentres nadan, sacoden a cabeza, erguen os seus moños e as súas golas e, en fase final, xúntanse peito con peito sostendo no peteiro plantas acuáticas que arrincaron do fondo.

Reprodución

[editar | editar a fonte]
Pito de mergullón cristado
Podiceps cristatus

Constrúen o niño entre a vexetación ribeirega. Despois, as postas desta ave poden comezar en marzo e ultímalas na primeira quincena de setembro. Os pequenos mergullóns ruben ao dorso dos seus pais, agochándose baixo as plumas das súas ás.

Os exemplares que aniñan nos encoros teñen postas asincrónicas, debido ás fortes oscilacións do nivel de auga; que danan un bo número de niños todos os anos.

Na directiva de aves

[editar | editar a fonte]
  1. Conde Teira, Miguel Ángel (1999). Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada. Chioglossa. 
  2. "mergullón cristado". TERGAL. Consultado o 17 de abril de 2024. 
  3. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (2004). Guía das aves de Galicia. Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]