Podarcis
Podarcis | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Podarcis bocagei en Campo do Gerês, Terras de Bouro, distrito de Braga | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||
Seps muralis Laurenti, 1768 | |||||||||||||||||
Área de distribución e filoxenia
das especies do xénero Podarcis na península Ibérica e o norte de África. | |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
Podarcis é un xénero da clase dos saurópsidos (réptiles), orde dos escamosos, suborde dos lacertilios e familia dos lacértidos, un dos comprendidos na familia dos lacertinos.
Características
[editar | editar a fonte]As súas especies presentan moitas semellanzas externas coas do xénero Lacerta, pero son de menor tamaño (20–25 cm) e a súa anatomía interna é bastante diferente na construción do cranio o hemipene, e os procesos das vértebras caudais.[1]
Boas gabeadoras, as súas escamas dorsais son pequenas, e as ventrais, sen colar, non están imbricadas. As súas placas supratemporais son estreitas. Poden desprender a cola cando escapan dos depredadores.[2]
Distribución
[editar | editar a fonte]As especies de Podarcis teñen unha distribución circunmediterránea. Varias especies e subespecies son endémicas de certas illas ou illotes, ás veces de só uns centos de metros cadrados de extensión.
En Galicia
[editar | editar a fonte]En Galicia están presentes as especies Podarcis bocagei, P. hispanica e P. muralis, que son coñecidas co nome vulgar de lagartas.[3]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1830 polo zoólogo alemán, especializado en herpetoloxía, Johann Georg Wagler,[4][5] na súa obra Natürliches System der Amphibien, mit vorangehender Classification der Säugthiere und Vogel. Ein Beitrag zur vergleichenden Zoologie.[5]
Sinónimo
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polo sinónimo:[5]
- Podarces Wiegmann, 1834
Especies
[editar | editar a fonte]O xénero comprende as seguintes vinte e cinco especies:[4][5][6]
- Podarcis bocagei (López Seoane, 1885)
- Podarcis carbonelli Perez Mellado, 1981
- Podarcis cretensis (Wettstein, 1952)
- Podarcis erhardii (Bedriaga, 1882)
- Podarcis filfolensis (Bedriaga, 1876)
- Podarcis gaigeae (Werner, 1930)
- Podarcis guadarramae (Boscá, 1916)
- Podarcis hispanicus (Steindachner, 1870)
- Podarcis ionicus (Lehrs, 1902)
- Podarcis latastei (Bedriaga, 1879)
- Podarcis levendis Lymberakis, et al., 2008
- Podarcis lilfordi (Günther, 1874)
- Podarcis liolepis (Boulenger, 1905)
- Podarcis melisellensis (Braun, 1877)
- Podarcis milensis (Bedriaga, 1882)
- Podarcis muralis (Laurenti, 1768)
- Podarcis peloponnesiacus (Bibron & Bory, 1833)
- Podarcis pityusensis (Boscá, 1883)
- Podarcis raffonei (Mertens, 1952)
- Podarcis siculus (Rafinesque-Schmaltz, 1810)
- Podarcis tauricus (Pallas, 1814)
- Podarcis tiliguerta (Gmelin, 1789)
- Podarcis vaucheri (Boulenger, 1905)
- Podarcis virescens Geniez, et al., 2014
- Podarcis waglerianus Gistel, 1868
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Diesener, Günter & Reichholf (1996). Lurche und Kriechtiere. München: Mosaik-Verlag. ISBN 978-3-5761-0697-0.
- ↑ Galán Regalado & Fernández Arias 1993, p. 303.
- ↑ lagarta no Dicionario da RAG.
- ↑ 4,0 4,1 Podarcis Wagler, 1830 no ITIS. Consultado o 22 de agosto de 2921.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Podarcis Wagler, 1830 no GBIF. Consultado o 22 de agosto de 2921.
- ↑ Podarcis en The Reptile Database.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Podarcis |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Podarcis |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Arnold, E. N., Arribas, O. & Carranza, S. (2007): "Systematics of the Palaearctic and Oriental lizard tribe Lacertini (Squamata: Lacertidae: Lacertinae), with descriptions of eight new genera". Zootaxa 1430: 1–86. (Resume).
- Edwards, S., Branch, W. R., Vanhooydonck, B., Herrel, A., Measey, G. J. & Tolley, K. A. (2013): "Taxonomic adjustments in the systematics of the southern African lacertid lizards (Sauria: Lacertidae)". Zootaxa 3669 (2): 101–114. (Resume).
- Galán Regalado, Pedro e Fernández Arias, Gustavo (1993): Anfibios e réptiles de Galicia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-722-6.