Saltar ao contido

Bríxida de Irlanda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBríxida de Irlanda

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ga) Naomh Bhríde Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento451 Editar o valor en Wikidata
Faughart, Irlanda (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte1 de febreiro de 523 Editar o valor en Wikidata (71/72 anos)
Kildare, Irlanda (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaDownpatrick (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Abadesa
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo celta Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoCristianismo e monastic life (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmonxa Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa1 de febreiro Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of National Biography, 1885–1900 (en) Traducir
Dictionary of National Biography (pt) Traducir
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
Facebook: BrigidofKildare Instagram: saintbrigid_yyc Discogs: 3582861 Editar o valor en Wikidata

Bríxida de Irlanda ou Bríxida de Kildare (Santa Bríxida), nada o 451 en Faughart preto de Dundalk en Irlanda e finada o 525 en Kildare, é unha santa da Igrexa católica e da Igrexa ortodoxa.

O pai de Bríxida foi un rei pagán escocés, a nai foi unha escrava cristiá, bautizada por San Patricio. Foi chamada así segundo a deusa dos celtas: "Brigid".

Bríxida construíu unha cela baixo a sombra dun gran carballo, arredor da que varias mulleres reuníanse tomándoa como nai. Despois funda no lugar un convento arredor do cal se forma a vila de Kildare (do gaélico Cill, 'igrexa', Dara, 'carballo'). Adopta para o seu convento a regra de San Cesáreo contra o ano 513. Esta regra foi retomada por varios conventos de Irlanda. Este convento é o primeiro mosteiro dobre de Europa: agrupaba a relixiosas e relixiosos.

Faleceu en Kildare e foi soterrada en Downpatrick cos santos Patricio e Columba de Iona, cos que comparte o padroado de Irlanda.

A súa festividade celébrase o 1 de febreiro. Dende o último terzo do século XX xurdiu unha controversia sobre a evidencia histórica de Bríxida, establecendo que once persoas coas que Bríxida estivo asociada son presentadas de forma independente en distintas fontes, que sitúan a súa morte en torno ao ano 523 (nos Anais de Tigernach e o Chronicon Scotorum) e o seu nacemento contra o ano 451 (unha data calculada a partir dunha idade suposta de 72 anos no momento da súa morte. [1]

Ademais as diversas biografías escritas por diferentes autores fornecen feitos conflitivos sobre a súa vida. Tres desas biografías concordan en que a súa nai era unha escrava na corte de seu pai, Dubhthach, un rei de Leinster.

Algúns historiadores suxestionan que a historia de Santa Bríxida foi sincretizada[2] con riscos da deusa pagá Brigid. Segundo a historiadora medievalista Pamela Berger, os freires cristiáns tomaron a antiga figura da deusa nai e trasladaron o seu nome e funcións nunha contrapartida cristiá.[3]

Cruz de Santa Bríxida. Cruz vencellada coa figura desta santa e seica utilizou para predicar, é probábel que este elemento puidese ter unha orixe anterior.
  1. O debate sobre as datas dos anais e a veracidade das datas relacionadas con Santa Bríxida continúa, véxase A.P. Smyth, "The earliest Irish annals: their first contemporary entries and the earliest centres of recording", Proceedings of the Royal Irish Academy lxxii C (1972), pp1–48, and Daniel McCarthy: "The chronology of St Brigit of Kildare", in Peritia, xiv (2000), pp255–81.
  2. [1], Laberinto Románico. Imbolc e Amburbale: “Festa Candelarum” ...A Deusa Nai Brigit, “a ensalzada”, filla de Dagda, o druída dos deuses, é padroeira de bardos, ferreiros, menciñeiros e parturientes. Cando a nova relixión chegou a Irlanda, Brigit, foi sincretizada coma santa Brigit e noutros lugares coma Bríxida...
  3. Modelo:Cite isbn

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]