Please Please Me (canción)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

"Please Please Me"
Canción de The Beatles
do Álbum Please Please Me
Lanzamento Reino Unido - 11 de xaneiro de 1963
Estados Unidos - 30 de xaneiro de 1964
Formato Sinxelo 7", 45 RPM
Gravada 26 de novembro de 1962EMI Studios, Londres
Xénero musical Beat, Rock and roll
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 2:04
Discográfica Parlophone (GBR)
Vee-Jay Records (USA)
Produtor(es) George Martin
Escritor(es) Lennon—McCartney
Cronoloxía
(1962)
Love Me Do
"Please Please Me" (1963)
From Me to You
Miscelanea

Please Please Me foi o segundo sinxelo lanzado polo grupo de rock británico The Beatles no Reino Unido, e o primeiro publicado nos Estados Unidos. Tamén é o tema que dá título ao seu primeiro LP, que foi gravado para capitalizar o éxito do sinxelo.[1] Era orixinalmente unha composición de John Lennon,[2][3][4] aínda que a súa estrutura definitiva viuse significativamente influenciada por George Martin.[5]

O 22 de febreiro de 1963, a canción alcanzou o n.º 1 nas listas de sinxelos do New Musical Express (a táboa de éxitos do momento máis recoñecida) e do Melody Maker, pero só chegou o posto n.º 2 na lista do Record Retailer, que evolucionaría despois en lista oficial do Reino Unido reflectindo este último dato.

O sinxelo, que se lanzou inicialmente con «Ask Me Why» na cara B, non foi moi exitoso nos Estados Unidos, pero cando se reeditou o 30 de xaneiro de 1964 (esta vez con «From Me to You» na cara B) alcanzou o n.º 3 no Hot 100 de Billboard.

Composición[editar | editar a fonte]

The Beatles xa lograran un modesto éxito co seu sinxelo debut «Love Me Do», pero fóra de Liverpool e Hamburgo seguían sendo descoñecidos. Parte do problema consistiu en que a finais de 1962, o grupo iniciara unha última xira en Hamburgo, nese tempo, o sinxelo «Love Me Do» fixo a súa aparición nas listas de éxitos británicas, polo que non estiveron dispoñibles para promocionar activamente o sinxelo na súa terra de orixe.[6] Con todo, o seu produtor George Martin sentía que era un inicio prometedor, e decidiu seguir adiante cun segundo sinxelo. Martin declarou que a versión orixinal do tema era «bastante mala», «demasiado lenta» e, polo tanto, tiña poucas posibilidades de darlle un éxito á banda; insistía en que mellor deberían editar «How Do You Do It?», unha composición de Mitch Murray. Martin pensaba que era a mellor alternativa para conseguir o interese por parte do público. O grupo respondeu que só estaban interesados en gravar o seu propio material.[5] McCartney dixo: «Había como un sinal no grupo de que debiamos rexeitar 'How Do You Do It?'». Ringo Starr comentou: «Recordo que todos nós estabamos dispostos a defender a idea de 'escribimos estas cancións e imos traballar con elas'.» En última instancia, George Martin seguía apelando á canción, pero máis tarde declarou: «[Eu] aínda publicaría 'How Do You Do It?' si eles non me convenceran de escoitar outra versión de 'Please Please Me'.»[7]

Orixinalmente, «Please Please Me» foi composta para o xénero musical blues, con ritmos demasiados lentos. Respecto diso, o seu autor principal comentou:

«Recordo o día en que a escribín (...) Oía a Roy Orbison cantar 'Only the Lonely', ou algo así. E sempre estivera intrigado polo xogo de palabras dunha canción de Bing Crosby que era: 'Please lend a little ear to my pleas', o que me interesou nela foi o dobre uso da palabra please. Así que foi unha combinación musical entre Roy Orbison e Bing Crosby».
John Lennon

Orixinalmente, a canción era vocalmente escasa, non contiña ningunha harmonía vocal, e tampouco a introdución do só de harmónica. George Martin escoitouna por primeira vez nas sesións de gravación de «Love Me Do», o 11 de setembro de 1962, e na súa opinión eran necesarios varios axustes.[8] Martin pediu ao grupo que se fixesen cambios importantes nela, incluíndo aumentar a súa velocidade. Cando se volveu a interpretar no estudo o 26 de novembro de 1962, a canción modificarase radicalmente, de tal xeito que George Martin predixo que a canción sería o primeiro gran éxito da banda.[9]

Gravación[editar | editar a fonte]

Fotografía de 2007 dos Abbey Road Studios (antigos EMI Studios), sitio onde se gravou a canción «Please Please Me» en 1962.

A gravación de «Please Please Me» realizouse durante unha sesión de tres horas no estudo dous de EMI, o 26 de novembro de 1962.[10] O grupo chegou ás 6:00 pm ao estudo e comezou a ensaiar durante unha hora, despois iniciaron as gravacións da canción. Graváronse 18 tomas de «Please Please Me», incluíndo doblaxes do só de harmónica de John Lennon.[10]

Inicialmente McCartney interpretaba as notas altas, mentres que Lennon mantíñase na harmonía, un truco que a banda aprendeu co éxito de The Everly Brothers «Cathy's Clown», en abril de 1960.[2] McCartney dixo: «Fixen o truco de permanecer na nota alta mentres que as melodías deslizábanse por baixo de ela».[11] Ringo Starr afirmou que os períodos de gravación de «Please Please Me» forón moi diferentes aos de «Love Me Do» en relación á súa capacidade musical.[9] O apoio dos afeccionados locais con «Please Please Me» axudou a que fose unha innovación,[12] especialmente a que The Beatles realizasen as súas primeiras xiras no Reino Unido e que fosen capaces de aparecer en influintes programas de televisión nacional como Thank Your Lucky Stars,[13] onde «Please Please Me» foi elixida a única canción que o grupo interpretaría naquela actuación.[14] «Please Please Me», xunto coas demais cancións orixinais súas pertencentes o seu álbum debut, foi acreditada como McCartney-Lennon. Isto cambiaria nos LP posteriores do grupo, nas que foron acreditadas a Lennon-McCartney.

Lanzamento orixinal estadounidense[editar | editar a fonte]

Capitol Records, a etiqueta de EMI nos Estados Unidos, recibiu a oferta de lanzar «Please Please Me» nos EE.UU., pero rexeitouna.[15] Logo de varios rexeitamentos de distintas empresas discográficas, a gravación foi ofrecida a Vee-Jay Records, quen finalmente aceptou publicar «Please Please Me» nos Estados Unidos.[15] A data exacta do lanzamento nos EE.UU. perdeuse durante décadas, pero unha investigación publicada en 2004 mostrou que o sinxelo «Please Please Me»/«Ask Me Why» foi publicado por Vee-Jay o 7 de febreiro de 1963, un ano antes da primeira visita de The Beatles aos Estados Unidos.[16]

Dick Biondi, un disc jockey da estación WLS en Chicago e amigo do executivo de Vee-Jay Ewart Abner, tocou a canción na radio, quizais o 8 de febreiro de 1963, converténdose así no primeiro DJ que tocaba unha canción de The Beatles nos Estados Unidos.[17] Art Roberts, DJ lendario e director musical nese momento, comentou como a gravación foi tocada por primeira vez na estación de radio:

«Déixame que che conte a historia de 'Please Please Me'. A canción foi lanzada polo selo Vee-Jay. Era unha compañía discográfica local de Chicago. O propietario, Ewart Abner, trouxo un exemplar da gravación á WLS. Eu era o director musical nese momento e escoitei a súa historia sobre un grupo, e mirei as fotos dunhas revistas para adolescentes que trouxo de Inglaterra. Pensei, e si este grupo chega a ser tan popular nos Estados Unidos como o son en Inglaterra e Europa? Así que agreguei a gravación na lista de reprodución».

Significado da letra[editar | editar a fonte]

Sobre o significado da letra da canción, algúns vírona como máis atrevida do que ao principio parecía. Para o crítico musical Robert Christgau, certas frases referíanse claramente ao sexo oral, especialmente o verso «You don't need me to show the way, love» (Non me necesitas para mostrarche o camiño, o meu amor,) e o verso «Please please me, oh yeah, like I please you» («Compráceme, oh, si, como eu te comprazo a ti»).[18] O mesmo opinou Tim Riley, que a chamou «a primeira canción pop sobre o sexo oral». Non obstante, aínda que Lennon habería de deslizar a miúdo insinuacións sexuais nas súas cancións posteriores como «Happiness is a Warm Gun», parece que aquí non foi de forma voluntaria. Os Beatles en todos os casos sempre negaron este sentido.[19] O xornalista Steve Turner, ao igual que outros críticos, vírono simplemente como unha celebración da igualdade para o pracer sexual.[18]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

A información respecto dos recoñecementos atribuídos a «Please Please Me» Esta adaptada de AcclaimedMusic.net[20]

Publicación País Lista Ano Posición
Bruce Pollock Estados Unidos As 7.500 cancións máis importantes dos anos 1944-2000 2005 *
Paul Williams Estados Unidos Rock and roll: Os 100 mellores sinxelos de todos os tempos 1993 *
Rolling Stone Estados Unidos As 500 mellores cancións de todos os tempos 2004 184
Rolling Stone Estados Unidos As 500 mellores cancións de todos os tempos (lista revisada) 2010 186[21]
Spin Estados Unidos Os 100 sinxelos máis grandes de toda a historia 1989 93
Stephen Spignesi e Michael Lewis Estados Unidos As 100 cancións máis grandes de The Beatles 2004 71
Mojo Reino Unido As 101 mellores cancións de The Beatles 2006 24
Uncut Reino Unido As 50 cancións máis grandes de The Beatles 2001 48
Toby Creswell Australia 1001 cancións 2005 *

(*) listas designadas sen unha orde establecida.

Persoal[editar | editar a fonte]

O persoal utilizado na gravación da canción foi o seguinte:

The Beatles
Equipo de produción

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Norman, 1993, p. 169
  2. 2,0 2,1 MacDonald, 2005, p. 62
  3. Harry, 1992, p. 528
  4. Miles, 1997, p. 91
  5. 5,0 5,1 The Beatles, 2000, p. 90
  6. Norman, 1993, p. 163
  7. (The Beatles, 2000, p. 77)
  8. Lewisohn, 1988, p. 20
  9. 9,0 9,1 Lewisohn, 1988, p. 23
  10. 10,0 10,1 "Recording: Please Please Me single". The Beatles Bible (en inglés). 2008-2009. Consultado o 18 de decembro de 2009. 
  11. Miles, 1997, p. 92
  12. Norman, 1993, p. 159
  13. Harry, 1992, p. 648
  14. Riley, 1989
  15. 15,0 15,1 Spizer, 2004, p. 14
  16. Spizer, 2004, p. 15
  17. Spizer, 2004, p. 17
  18. 18,0 18,1 Turner 1999, p. 35
  19. Rybaczewski, Dave. ""Please Please Me" History". beatlesebooks.com (en inglés). Consultado o 26/08/ 2013. 
  20. "The Beatles - Please Please Me". acclaimedmusic.net. Arquivado dende o orixinal o 27/07/2013. Consultado o 7/11/2013. 
  21. "500 Greatest Songs of all Time". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 7/11/2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazós externas[editar | editar a fonte]