The Everly Brothers é un dúo formado por dous irmáns, Phil e Don Everly, pioneiros do rock and roll, con clara influencia da música country, suavizaron as formas máis ariscas do rock, con voces case iguais e cunha alta capacidade para crear harmonías vogais. O seu estilo influíu nos Beatles e en Simon & Garfunkel, como tamén despois polos Beach Boys; entre outros. Gravaron o seu primeiro disco en 1958, separáronse en 1973, aínda que volveron de novo a gravar xuntos en 1983.