Roy Orbison

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRoy Orbison

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Roy Orbison
(en) Roy K. Orbison Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Roy Kelton Orbison Editar o valor em Wikidata
23 de abril de 1936 Editar o valor em Wikidata
Vernon, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte6 de decembro de 1988 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
Nashville, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaWestwood Village Memorial Park Cemetery (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversity of North Texas (en) Traducir
Paxon School for Advanced Studies (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , compositor , compositor de cancións , guitarrista , músico , cantautor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1954 Editar o valor em Wikidata - 1988 Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoMúsica rock, Música country e rockabilly Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
TesituraBaritenor (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoSun Records
Mercury Records
PolyGram
London Records (pt) Traducir
Asylum Records
MGM Records
Virgin Records Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeBarbara Orbison (pt) Traducir (1969–1988), morte da persoa Editar o valor em Wikidata
FillosRoy Orbison Jr. (en) Traducir, Alex Orbison (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webroyorbison.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0649413 Allocine: 38041 Rottentomatoes: celebrity/roy_orbison Allmovie: p105118 TV.com: people/roy-orbison
Facebook: royorbison Twitter: royorbison Instagram: officialroyorbison MySpace: royorbison Youtube: UC2imRvD8-2lCBnWM95JrOGQ Pinterest: royorbison Souncloud: royorbison Spotify: 0JDkhL4rjiPNEp92jAgJnS iTunes: 198798 Last fm: Roy+Orbison Musicbrainz: 0bbbc496-c7b5-4b3f-bb6d-bd312827d6e5 Songkick: 84028 Discogs: 145072 Allmusic: mn0000852007 WikiTree: Orbison-8 Find a Grave: 1463 Deezer: 1892 Genius: Roy-orbison Editar o valor em Wikidata

Roy Kelton Orbison, nado en Vernon (Texas)[1] o 23 de abril de 1936 e finado en Hendersonville (Tennessee) o 6 de decembro de 1988, alcumado de The Big O, foi un influente cantante e compositor estadounidense, cunha carreira que se estendeu durante catro década. Orbison foi internacionalmente recoñecido polas súas baladas sobre amores perdidos, polas súas melodías ritmicamente avanzadas, o seu timbre vocal de tres oitavas, as súas característicos lentes escuras e un ocasional uso do falsete, tipificado en cancións como "Only The Lonely", "Oh, Pretty Woman" e "Crying". En 1988, foi incluso postumamente no Salón da Fama de compositores de música.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Roy Orbison naceu en Texas, nos Estados Unidos, fillo mediano do mecánico Orbie Lee Orbison (1913–1984) e da enfermeira Nadine Vesta Shults (1913–1992).[2] Os seus pais, Orbie Lee e Nardine, regaláronlle a súa primeira guitarra cando cumpriu seis anos.[3] Como era de esperar para un mozo que vivía en Texas, as súas influencias musicais foron o gospel e o country.

Estimulado polo seu pai e polo seu tío, Orbison comezou a cantar en espectáculos e na radio con oito anos, e converteuse no presentador do programa a finais da década de 1940.[4] Aos dez anos, recibiu o seu primeiro pagamento como cantante nun concurso de talentos. No comezo da súa adolescencia xa viaxaba por Texas. A súa primeira banda, aos trece anos, foi The Wink Westerners formada por amigos de escola. Despois pasou a The Teen King. Roy Orbison estudou o primeiro grao en escolas de Vernon, Fort Worth e Wink, en Texas, pasando logo ao Wink High School de 1950 a 1954.

Roy estudou dous anos na University of North Texas en Denton. Pretendía estudar xeoloxía, xa que o seu pai traballaba nos campos de petróleo, e pensaba traballar alí se non podía vivir da música.[5] Mentres estaba na universidade, o seu amigo Pat Boone convenceuno para formaren unha nova banda. Tras formala, Orbison traballaba no campo de petróleo e tocaba pola noite.

Carreira profesional[editar | editar a fonte]

As súas interpretacións en vivo fixérono entrar en contacto con Johnny Cash,[6] que lle aconsellou que enviase unha copia de "Ooby Dooby" a Sam Phillips, da Sun Records, compañía de Elvis Presley e Jerry Lee Lewis. En xuño de 1956, gravou con The Teen Kings o seu primeiro grande éxito, "Ooby Dooby", vendendo 20 000 copias.[7] Ao principio pretendía ser só compositor de rock, mais co tempo decidiu gravar as súas propias cancións e impresionou o público coa súa voz forte e preferindo frecuentemente permanecer en tons agudos.

O primeiro grupo famoso que gravou unha canción de Orbison foron The Everly Brothers: "Claudette", unha das súas primeiras composicións, que Orbison dedicou á súa primeira esposa en 1958. Algúns anos despois, como agradecemento aos Everly Brothers, gravou dous dos seus grandes éxitos, "Bye Bye Love" no seu álbum Lonely & Blue (1960) e "All I Have To Do is Dream", no seu álbum In Dreams (1963). Cos dereitos de autor resultantes do éxito de "Claudette", Orbison conseguiu librarse do contrato con Sun Recordos e asinar coa discográfica Monument. A súa primeira gravación, "Uptown", en 1960, apareceu na listaxe dos éxitos dos Estados Unidos. Ese mesmo ano, a súa canción "Only The Lonely" foi rexeitada por Elvis Presley e os Everly Brothers[8] e gravouna Orbison: a canción chegou ao número un nas listaxes do Reino Unido e por pouco tamén nos Estados Unidos, vendendo dous milóns de discos.

Coméntase que Orbison, unha persoa tímida e de poucas palabras, empregaba lentes escuros para corrixir o seu astigmatismo crónico. Xa na década de 60, gozou dun éxito maior, tanto no Reino Unido como nos Estados Unidos, co seu estilo de baladas románticas como "Blue Angel", "Running Scared", "Crying", "Dream Baby", "Blue Bayou" e "In Dreams". Mesmo durante o período de éxito de The Beatles (grupo de quen se fixo amigo), Orbison foi un dos artistas estadounidenses que mantivo o éxito comercial. Nese tempo, foi dúas veces número un no Reino Unido co poderoso "It's Over" e co seu maior éxito "Oh, Pretty Woman", vendendo 7 millóns de discos en 1964. A súa fama era tan grande, que os Beatles se sentían orgullosos porque compartiran unha xira con el en 1963. Orbison consideraba o Reino Unido a súa segunda patria a causa do seu grande éxito no país e das frecuentes xiras que facía alí.

En 1965, Roy Orbison asinou coa MGM, pensando na posibilidade de ser actor de cinema, como Elvis Presley. De feito, chegou a rodar un filme en 1968, The Fastest Guitar Alive, inicialmente un western dramático, mais logo reescrito como comedia,[9] que tivo pouco éxito. Orbison sempre gustou da música country e nunca agachou a súa admiración por Don Gibson. Tanto é así, que en 1967 gravou un álbum titulado Roy Orbison Sings Don Gibson, o que se converteu en algo inédito, polo feito de que Orbison era o autor da maioría das cancións que gravaba. Entre outras, Orbison gravou "I Can't Stop Loving You", "I'd Be a Legend in My Time" ou "Too Soon to Know", compostas por Gibson.

Traxedias e declive[editar | editar a fonte]

Orbison en 1976

Roy Orbison sufriu grandes traxedias na súa vida. O 6 de xuño de 1966 cando Orbison e Claudette volvían a casa na moto dende Bristol, Tennessee, ela golpeou a porta dun camión en South Water Avenue en Gallatin, Tennessee e faleceu instantaneamente.[10] Durante unha xira no Reino Unido, tras tocar en Birmingham o sábado 14 de setembro de 1968,[11] Orbison recibiu a noticia de que a súa casa de Hendersonville, Tennessee, ardera e os seus dous fillos máis vellos, Roy Duwayne Orbison e Anthony King Orbison, morreran.[12] A propiedade foi vendida a Johnny Cash, que demoleu o edificio e plantou un xardín no seu lugar.

O 25 de marzo de 1969, Orbison casou coa adolescente alemá Barbara Jakobs, que coñecera varias semanas antes da morte dos seus fillos.[13] Wesley (nado en 1965), o seu fillo máis novo con Claudette, foi criado polos pais de Orbison. Orbison e Barbara tiveron un fillo (Roy Kelton) en 1970 e outro (Alexander) en 1975.[14]

Os anos que seguiron foron tempos escuros na súa carreira. Na década de 1970, alén de pasar por problemas financeiros, sufriu unha operación de corazón en 1979, e só foi relanzado en 1980, cando gañou un Grammy polo seu dúo con Emmylou Harris en "That Lovin' You Fellin' Again", do filme Roadie. En 1986, outro dos seus éxitos, "In Dreams", fixo parte da banda sonora do filme Veludo azul.

Volta ao éxito[editar | editar a fonte]

En 1987 foi incluído no Salón da Fama do Rock'n Roll e na cerimonia cantou "Oh, Pretty Woman" con Bruce Springsteen. Ese mesmo ano, asinou un contrato con Virgin Records, onde regravou todos os seus éxitos, xa que moitas das gravacións orixinais estaban "presas" debido ao proceso de falencia. O resultado foi o álbum In Dreams. En 1988, Roy gañou o Grammy polo dúo con k.d. lang "Crying". En 1988 produciu o álbum e o vídeo A Black And White Night (Roy Orbison and Friends) onde aparecen varias estrelas da música, como Bruce Springsteen, Tom Waits e Elvis Costello.

Ese mesmo ano xuntouse con George Harrison, Bob Dylan, Tom Petty e Jeff Lynne formando os Traveling Wilburys. No entanto, nesta banda, non revelaron os seus nomes verdadeiros e dicían que estaba composta por catro irmáns (concretamente Orbison era coñecido como Lefty Wilbury). O lanzamento deste álbum foi espléndido e lograron o Grammyen 1989. Todos esperaban que carreira de Orbison rexurdise novamente, cando sufriu un ataque cardíaco fatal en Tennessee.

Pasamento[editar | editar a fonte]

Orbison actuou no Front Row Theater de Highland Heights, Ohio o 4 de decembro de 1988. Exhausto volveu á súa casa de Hendersonville para descansar uns días antes de voar de novo a Londres para rodar dous vídeos máis cos Traveling Wilburys. O 6 de decembro de 1988 pasou o día practicando aeromodelismo co seu amigo e chofer Benny Birchfield e ceou na casa deste en Hendersonville.[15] Ao final do día, faleceu dun ataque cardíaco na casa da súa nai aos 52 anos.[16] Está enterrado no Westwood Village Memorial Park Cemetery dos Ánxeles, California. O seu túmulo está sen identificación, mais os rexistros do cemiterio indican que está na sección D, número 97.[17]

O lanzamento do disco Mystery Girl, finalizado postumamente en 1989,[18] foi considerado pola crítica como o maior éxito da súa carreira, non simplemente como unha homenaxe, senón polo feito de conter cancións que mostraban un home descontraído e cunha voz que nunca soara mellor, como en "You Got It", "She's a Mistery to Me", "California Blue", "A Love So Beautiful", "In The Real World", "The Comedians" etc. En 1992, lanzouse o álbum King of Hearts,[19] que contiña algunhas cancións inéditas. Sobre este álbum, Barbara Orbison comentou: "Unha das preguntas que me facían nestes tres últimos anos, era se Roy deixara material suficiente para un álbum máis. Este disco é a resposta". Roy Orbison ficou coñecido como o lendario Big "O".

Estrela de Roy Orbison no Paseo da Fama de Hollywood, California.

En 1991, Orbison recibiu un Grammy por "Oh, Pretty Woman" do álbum A Black and White Night Live, un espectáculo en vivo coa presenza de Jackson Browne, T-Bone Burnett, Elvis Costello, James Burton, k.d. lang, Bonnie Raitt, Steven Soles, J. D. Souther, Bruce Springsteen, Tom Waits e Jennifer Warnes. Ese ano, dúas cancións de Orbison estiveron entre as vinte mellores do Reino Unido. Estivo nas listas durante catro décadas, insólito para un home que cando lle preguntaban como gustaría ser lembrado simplemente respondía "eu só gustaría ser lembrado".

Discografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Orbison, Roy, Jr. (2017). The Authorized Roy Orbison. Riesco, Marcel, Wesley Orbison, Alex Orbison, Jeff Slate (First ed.). Nova York: Center Street. p. 27. ISBN 9781478976547. OCLC 1017566749. 
  2. "Nadine Vesta Orbison". geni. 
  3. Clayson, Alan, p. 7.
  4. Amburn, pp. 8, 9.
  5. Amburn, pp. 29–30.
  6. Riesco, Orbison et al. (2017).
  7. Escott, Colin (1990). Biographical insert with The Legendary Roy Orbison CD box set. Sony. ASIN: B0000027E2.
  8. Amburn p. 91.
  9. Lehman, pp. 108–109.
  10. Clayson, Alan, p. 139.
  11. Riesco, Orbison et al. (2017), p. 144.
  12. Clayson, Alan, pp. 161–63.
  13. Amburn, p. 163.
  14. Clayson, Alan, p. 178.
  15. Orbison, Roy Jr; Orbison Alex; Orbison, Wesley; Riesco, Marcel; Slate, Jeff (2017). The Authorized Roy Orbison (en inglés). Nova York: Center Street. p. 226. ISBN 9781478976547. OCLC 1017566749. 
  16. Clayson, Alan, p. 213.
  17. Roy Orbison en Find a Grave (en inglés)
  18. Orbison, Roy Jr. (2017). The authorized Roy Orbison. Orbison, Wesley,, Orbison, Alex,, Slate, Jeff,, Riesco, Marcel (Second ed.). Nova York: Center Street. p. 235. ISBN 9781478976547. OCLC 1017566749. 
  19. "King of Hearts - Roy Orbison | Songs, Reviews, Credits | AllMusic" – vía www.allmusic.com. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Amburn, Ellis (1990). Dark Star: The Roy Orbison Story, Carol Publishing Group. ISBN 0-8184-0518-X.
  • Brown, Tony; Kutner, Jon; Warwick, Neil (2000). Complete Book of the British Charts: Singles & Albums, Omnibus. ISBN 0-7119-7670-8.
  • Clayson, Alan (1989). Only the Lonely: Roy Orbison's Life and Legacy. St. Martin's Press. ISBN 0-312-03961-1.
  • Clayton, Lawrence; Sprecht, Joe, eds. (2003). The Roots of Texas Music, Texas A&M University Press. ISBN 1-58544-997-0.
  • Creswell, Toby (2006). 1001 Songs: The Greatest Songs of All Time and the Artists, Stories, and Secrets Behind Them. Thunder's Mouth Press. ISBN 1-56025-915-9.
  • DeCurtis, Anthony; Henke, James (eds.) (1992). The Rolling Stone Illustrated History of Rock & Roll. Random House. ISBN 0-679-73728-6.
  • Hoffman, Frank W., Ferstler, Howard (2005). Encyclopedia of Recorded Sound, Volume 1. CRC Press. ISBN 0-415-93835-X.
  • Lehman, Peter (2003). Roy Orbison: The Invention of An Alternative Rock Masculinity. Temple University Press. ISBN 1-59213-037-2.
  • Riesco, Marcel (17 de outubro de 2017). "Official Roy Orbison Discography". The Authorized Roy Orbison. p. 245. ISBN 9781478976547. 
  • Riesco, Marcel; Orbison, Roy Jr; Orbison, Wesley; Orbison, Alex; Slate, Jeff (2017). The Authorized Roy Orbison (2nd ed.). New York: Center Street. ISBN 9781478976547. OCLC 1017566749. 
  • Whitburn, Joel (2004). The Billboard Book of Top 40 Hits. Billboard Books. ISBN 0-8230-7499-4. 
  • Wolfe, Charles K., Akenson, James (eds.) (2000). Country Music Annual, issue 1. University Press of Kentucky. ISBN 0-8131-0989-2.
  • Zak, Albin (2010). "'Only The Lonely' — Roy Orbison's Sweet West Texas Style", pp. 18–41 en John Covach e Mark Spicer, Sounding Out Pop: Analytical Essays in Popular Music. University of Michigan Press. ISBN 0-472-03400-6.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]