Pinkwashing

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Pinkwashing (lavado rosa ou lavado de imaxe rosa) é un préstamo lingüístico (do inglés pink, rosa, e whitewash, blanquear ou encubrir) para referirse, no contexto dos dereitos LGTB, á variedade de estratexias políticas e de mercadotecnia dirixidas á fomento de produtos, empresas ou institucións apelando á súa amabilidade cara aos gais.[1][2]

A expresión é especialmente usada para referirse ao lavado de imaxe do Estado de Israel que, promovendo á súa poboación LGTBI, disfraza a violación sistemática dos Dereitos Humanos da poboación palestina.[3][4] A través de proxectar a aparencia de ser un territorio simpatizante LGTB, a poboación LGTBI pode chegar a sentirse identificada coas posicións políticas do Estado (homonacionalismo), participar da islamofobia institucionalizada ao considerar que a poboación musulmá é necesariamente homófoba ou obviar a discriminación sufrida no seu propio país.[5][6]

O termo foi orixinalmente proposto pola Breast Cancer Action para identificar ás empresas que aseguraban apoiar ás mulleres con cancro de mama, mentres que en realidade pretendían obter maiores beneficios e mellorar a súa imaxe de marca ao incorporar á súa publicidade unha causa caritativa.[7][8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. (en castelán) Pinkwashing en Venezuela. Público.es. 15 de abril de 2013.
  2. (en castelán) El pinkwashing de la homófoba Cifuentes. Público.es. 26 de agosto de 2015.
  3. (en inglés) Foreign Ministry promoting Gay Israel. The Jerusalem Post. 26 de outubro de 2006.
  4. (en inglés) Israel's gay propaganda war. The Guardian. 1 de xullo de 2010.
  5. (en inglés) Israel and ‘Pinkwashing’. The New York Times. 22 de novembro de 2011.
  6. “Pinkwashing” y el lavado de imagen de Israel. El Quinto Poder. 11 de xaneiro de 2014.
  7. (en inglés) Think before you Pink. Breast Cancer Action.
  8. (en inglés) Pastel Injustice: The Corporate Use of Pinkwashing for Profit. Environmental Justice. 2011.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]