Homonacionalismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Homonacionalismo é un termo que describe a asociación favorable entre un tipo de ideoloxía nacionalista e as persoas LGTBI ou os seus dereitos.[1][2][3]

O termo foi orixinalmente proposto pola investigadora en estudos de xénero Jasbir K. Puar para referirse aos procesos polos que certos poderes se aliñan coas reivindicacións do colectivo LGTBI co fin de xustificar posicións racistas, xenófobas e aporófobas, especialmente en contra do islam, apoiándoas sobre os prexuízos de que as persoas migrantes han de ser forzosamente homófobas e de que a sociedade occidental é completamente igualitaria.[1][2][4][5][6][7][8][9] Desta forma, faise uso da diversidade sexual e os dereitos LGBT para soster posturas en contra da inmigración, sendo cada vez máis común entre partidos de ultradereita.[10][11][12]

As principais críticas a este fenómeno céntranse no uso parcial e sectario que se fai do movemento LGTB para amparar fins baseados na intolerancia, obviando a propia homofobia e a falta dunha igualdade real na sociedade occidental no seu conxunto.[13][14] Esta falsa idea de igualdade adóitase representar simbolicamente polo acceso ao matrimonio igualitario, heteronormalizando as relacións entre as persoas do colectivo LGTBI e favorecendo posicións chauvinistas cara ao propio país e receosas cara a persoas procedentes daqueles países que non regularon algún tipo de recoñecemento das parellas do mesmo sexo ou que criminalizan a homosexualidade, fundamentalmente cara aos musulmáns.[2][15][16][17][18][19]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 (en inglés) Puar, Jasbir K. (2007). Terrorist Assemblages: Homonationalism in Queer Times. Duke University Press. ISBN 978-0-8223-4094-2. 
  2. 2,0 2,1 2,2 (en inglés) Homonationalism, Heteronationalism and LGBTI Rights in the EU. Public Seminar. 31 de agosto de 2016.
  3. (en inglés) Homonationalism and Pinkwashing. Arquivado 26 de setembro de 2017 en Wayback Machine. CLAGS. Center for LGBTQ Studies. 2013.
  4. (en inglés) Homonationalism and the Death of the Radical Queer. Inquiries Journal. 2015.
  5. (en castelán) Conchita Wurst y los peligros del homonacionalismo. Periódico Diagonal. 21 de maio de 2014.
  6. (en castelán) Nuevo nacionalismo y movimiento gay. Viento Sur. 15 de xullo de 2012.
  7. (en inglés) In America, Muslims Are More Likely to Support Gay Marriage Than Evangelical Christians. Reason. 13 de xuño de 2016.
  8. (en catalán) La regidora musulmana de Badalona casa una parella gai. Arquivado 02 de febreiro de 2017 en Wayback Machine. Directe!cat. 11 de xaneiro de 2016.
  9. (en portugués) Homonacionalismo e cidadania LGBT em tempos de neoliberalismo: dilemas e impasses às lutas por direitos sexuais no Brasil. Revista Em Pauta. 2014.
  10. (en inglés) The Men Who Would Be Queen: France, Le Pen & The LGBT Vote. Arquivado 13 de xullo de 2018 en Wayback Machine. Pride Life. 7 de xuño de 2016.
  11. (en castelán) El ascenso de la extrema derecha en Europa, en clave LGTB. Dos manzanas. 2 de xuño de 2014.
  12. (en francés) Homo et d'extrême droite: qu'est-ce que «l'homonationalisme»? Le Monde. 22 de decembro de 2014.
  13. (en inglés) Why Pinkwashing Insults Gays and Hurts Palestinians. Slate Magazine. 17 de xuño de 2014.
  14. (en inglés) Sporting Homonationalism: Russian Homophobia, Imaginative Geographies & the 2014 Sochi Olympic Games. Sociology Association of Aotearoa New Zealand Annual Conference 2013.
  15. (en inglés) Homonormativity, Homonationalism and the Other 'Other'. Huffington Post. 19 marzo de 2015.
  16. (en castelán) Muy español y muy gay: ‘homonacionalismo’ vs. radicales religiosos. El Confidencial. 18 de xullo de 2011.
  17. (en francés) Vers un nouvel homonationalisme? Mediapart. 5 de decembro de 2012.
  18. (en inglés) From Orientalism to Homonationalism: Queer Politics, Islamophobia and Europeanization in Kosovo. Southeastern Europe. 2016.
  19. (en inglés) Israel and ‘Pinkwashing’. The New York Times. 22 de novembro 2011.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]