Purplewashing

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O morado foi historicamente unha cor asociada co feminismo.

Purplewashing (lavado lila ou lavado de imaxe púrpura) é un préstamo lingüístico (do inglés purple, morado, e whitewash, blanquear ou encubrir) para referirse, no contexto feminista, á variedade de estratexias políticas e de mercadotecnia dirixidas á promoción de institucións, países, persoas, produtos ou empresas apelando ao seu compromiso coa igualdade de xénero.[1][2][3]

A expresión é especialmente usada para referirse ao lavado de imaxe dos países occidentais que, sen conseguir unha igualdade real entre homes e mulleres, escusan este déficit en que as mulleres doutros países ou culturas aínda teñen peores condicións de vida, referíndose frecuentemente aos de maioría musulmá.[1][2][3]

Xeralmente utilízase este termo para denunciar o uso sectario que se fai do feminismo para amparar discursos ou políticas xenófobas e de promoción da islamofobia.[3] Ademais, tamén se utiliza para sinalar o compoñente paradoxalmente sexista que teñen moitas destas accións ao aplicarse unicamente en mulleres, como a prohibición de vestir determinadas pezas de roupa ou a negación de certos servizos.[1][2]

Para moitas activistas feministas, ante a instrumentalización dos dereitos das mulleres, a única resposta posible e liberadora para todas as minorías é a solidariedade interseccional entre os diferentes grupos oprimidos, como son as mulleres e as migrantes.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]