Pilar Vicente de Foronda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pilar Vicente de Foronda
Pilar Vicente Foronda.jpg
Nome completoPilar Vicente de Foronda
Nacemento12 de agosto de 1961
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Alma máterFacultad de Bellas Artes (Universidad Complutense de Madrid)
Ocupaciónescultora
editar datos en Wikidata ]

Pilar Vicente de Foronda, nada o 12 de agosto de 1961 en Pontevedra, é unha artista galega especializada e dedicada principalmente á escultura contemporánea.[1] É unha activista do movemento feminista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou o seu camiño no eido artístico no ano 1979, estudando pintura no obradoiro de Rafael Hidalgo de Caviedes en Madrid até 1981. Posteriormente, en 1989 licenciouse en Belas Artes na Universidade Complutense de Madrid. En 1995 obtivo o Certificado de Aptitude Pedagóxica (CAP) polo Ministerio de Educación.[2]

Nos seus primeiros anos traballou principalmente o barro realizando baleirado en poliéster e fibra de vidro, aínda que tamén experimentou con outros materiais como a madeira e a pedra.

En 1996 marchou a vivir a Santo Domingo, na República Dominicana, e acabou impartindo clases como profesora da Universidade Autónoma de Santo Domingo (UASD), da universidade privada UNAPEC e da Filial da Parsons The New School for Design sita en Altos de Chavón.[3]

En 2001 regresou a España e radicou na provincia de Guadalaxara, en Castela-A Mancha. En 2005 recibiu o encargo de realizar a escultura "A la sombra de las madres" para a praza do concello de Cabanillas del Campo, o seu lugar de residencia, que completou en 2008 co conxunto escultórico das fontes "El Apoyo a las Madres".

Nos últimos anos da súa da súa traxectoria investigou en temas de arte e xénero. Con "La invisibilidad de la mujer en el mundo del arte" obtivo o D.E.A coa cualificación de sobresaínte tras realizar o Doutoramento obtendo, cum laude, o título de doutora en Belas Artes pola Universidade de Granada. Continuou un labor de difusión das mulleres, a arte e o xénero, impartiendo conferencias en centros culturales, locais de asociacións de mulleres e congresos.[4][5]

Estudou o máster de igualdade pola Universidade de Castela-A Mancha e o título propio da UCM como Axente para a detección e intervención en violencia de xénero. Tamén escribe artigos para o xornal La Vanguardia, Tribuna Feminista e para a revista da Asociación sobre xénero e cultura Clásicas y Modernas da que forma parte.[6]

Aínda que reside en España, segue a manter contacto co mundo cultural de Santo Domingo, onde segue impartindo conferencias e clases, colabora activamente con asociacións dedicadas á defensa dos dereitos das mulleres mentres continúa o seu labor creativo. As súas últimas colaboracións foron para o catálogo de AECID “Desnudando a Eva” por encargo do Instituto Cervantes e a exposición "Mujeres espirales" para o concello de Yebes.[7][8]

En 2016 recibiu o encargo de modelar o busto de Francisca de Pedraza, I premio internacional pola loita contra a violencia de xénero da Asociación de mulleres progresistas de Alcalá de Henares, que lle foi entregado ao expresidente José Luis Rodríguez Zapatero. En 2017 realizou o busto de Luisa de Medrano, II premio internacional á Igualdade da Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha, que lle foi entregado á antropóloga mexicana e activista feminista Marcela Lagarde.

Durante os anos 2015, 2016 e 2017 dirixiu xunto a Laura Freixas o ciclo "Ni ellas musas ni ellos genios", que tivo lugar no espazo CaixaForum de Madrid, onde intelectuais como Geneviève Fraisse, Margarita Borja, Amelia Valcárcel, Rosa Montero ou Carmen Alborch, revisaron as biografías dalgunhas célebres parellas de artistas de diferentes procedencias, como Simone de Beauvoir, Marie Curie ou Madame de Stael, entre outras.[9][10]

Exposicións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Biografía breve". foronda.es. Consultado o 15 de febreiro de 2020. 
  2. "Pilar Vicente de Foronda - PDF". =docplayer.es. Consultado o 15 de febreiro de 2020. 
  3. "Pilar V. de Foronda". 16 de decembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2020. Consultado o 15 de febreiro de 2020. 
  4. Vicente de Foronda, Pilar. "La invisibilidad de las mujeres en el mundo de las artes plásticas" (PDF). Mujeres en las Artes Visuales. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de xuño de 2013. Consultado o 15 de febreiro de 2020. 
  5. Foronda, Pilar Vicente de (1 de setembro de 2016). "40 escultoras españolas del Siglo XX". Arte, Individuo y Sociedad 28 (3): 533–552. ISSN 1988-2408. doi:10.5209/rev_ARIS.2016.v28.n3.50764. Consultado o 15 de febreiro de 2020. 
  6. ""Ningún hombre va a ceder sus privilegios altruistamente"". eldiario.es (en castelán). Consultado o 15 de febreiro de 2020. 
  7. Madrid, Rubén. "Una colección de 'mujeres espirales' en Valdeluz - Culturaenguada.es". culturaenguada.es (en castelán). Consultado o 15 de febreiro de 2020. 
  8. Cervantes, Instituto. "Desnudando a Eva". www.cervantes.es (en castelán). Consultado o 15 de febreiro de 2020. 
  9. "Tercer ciclo "Ni ellas musas ni ellos genios" en CaixaForum Madrid". Tribuna Feminista (en castelán). 11 de xaneiro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2017. Consultado o 15 de febreiro de 2020. 
  10. "Tolerancia cero - Ni ellas musas ni ellos genios - 28/01/16, Tolerancia cero - RTVE.es A la Carta". RTVE.es (en castelán). 28 de xaneiro de 2016. Consultado o 15 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]