Carmen Alborch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carmen Alborch
Nome completoCarmen Alborch Bataller
Nacemento31 de outubro de 1947
Lugar de nacementoCastelló de Rugat
Falecemento24 de outubro de 2018
Lugar de falecementoValencia
Causacancro
SoterradaCementeri General de València
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Valencia
Ocupaciónpolítica, profesora, escritora, avogada, xurista e ministro
PremiosAlta Distinción da Generalitat Valenciana, Gran Cruz da Orden de Carlos lll, Gran Cruz da Orde do Mérito Civil e Cruz de Honra da Orde de San Raimundo de Peñafort
Na rede
http://www.carmenalborch.com
IMDB: nm1715105 Dialnet: 1633305 Find a Grave: 194227237 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Carmen Alborch Bataller, nada en Castelló de Rugat o 31 de outubro de 1946 e finada o 24 de outubro de 2018[1], foi unha política valenciana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Dereito na Universidade de Valencia en 1970, doutorándose Cum Laude en 1973. Pasou a traballar como profesora nesa mesma universidade, chegando a ser decana da Facultade de Dereito en 1985.

A súa paixón pola cultura, levouna a o posto de Directora Xeral de Cultura da Generalitat Valenciana (1987), Directora do Instituto Valenciano de Arte Moderna (IVAM) (1987-1993), e Ministra de Cultura durante o derradeiro período de goberno de Felipe González (1993-1996). Foi deputada no Congreso dos deputados de España como independente nas listas do PSOE pola circunscrición de Valencia (1996-2008).

Nas eleccións municipais do ano 2007 foi candidata polo PSPV-PSOE á alcaldía de Valencia, saíndo gañadora das eleccións a candidata do Partido Popular, Rita Barberá. Foi concelleira e voceira do PSPV-PSOE no Concello de Valencia.

Nas eleccións xerais do ano 2008 foi elixida Senadora por Valencia, sendo a terceira candidata máis votada da circunscrición. Foi Secretaria Primeira da Mesa do Senado.

Obra[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Jordi Solé Tura
 
Ministra de Cultura de España
 
1993-1996
Sucesor:
Esperanza Aguirre
(Ministra de Educación e Cultura)