Pilar Bermejo Barrera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPilar Bermejo Barrera
Nome orixinalMaría del Pilar Bermejo Barrera
Biografía
Nacemento1956 Editar o valor em Wikidata (67/68 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalLicenciada e doutora en Ciencias Químicas
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
University of Plymouth (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónquímica , profesora universitaria Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Santiago de Compostela
LinguaCastelán e inglés
Familia
PaiFrancisco Bermejo Martínez Editar o valor em Wikidata
IrmánsXosé Carlos Bermejo Barrera Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 247816


María del Pilar Bermejo Barrera, nada en Santiago de Compostela en 1956, é unha química galega, catedrática de Química analítica da Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela, da que é a súa decana. En 2018 converteuse na quinta muller en ingresar na Real Academia Galega de Ciencias.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formación[editar | editar a fonte]

Portada do IES Rosalía de Castro, onde Pilar Bermejo estudou o COU.

Filla de Francisco Bermejo Martínez e irmá de Xosé Carlos Bermejo Barrera. Fixo os seus primeiros estudos no colexio da Compañía de María (Ensinanza) de Santiago, pero ao rematar o bacharelato trasladouse ao instituto Rosalía de Castro para cursar o COU, xa que no seu colexio non estaba implantado daquela este curso. Foi alí onde descubriu a química; tiña claro que o seu eran as ciencias, pero foi o profesor García-Rodeja quen despertou a súa vocación. «En contra de que se poida pensar de que estudei Química polo meu pai, que era químico,[3] fíxeno por este profesor, porque explicaba cunha paixón incríbel».[4]

Pilar Bermejo licenciouse en Química na Universidade de Santiago de Compostela en 1978, na que se doutorou en 1981. Completou a súa formación na University of Plymouth (Reino Unido).[5]

Labor docente[editar | editar a fonte]

Viviu como docente na Facultade de Química de Santiago como alumna, bolseira, profesora titular e catedrática. Cando acabou a carreira pensou en dedicarse á docencia en educación secundaria, pero casou e tivo a súa primeira filla moi nova, aos 21 anos, así que quedou na Facultade cunha bolsa de estudos e, despois, en 1980, cun contrato de axudante. Tras facer a tese presentouse a unhas oposicións a profesor titular de universidade, que daquela aínda se celebraban en Madrid e, tras un tempo en expectativa de destino, conseguiu a praza na súa Facultade en 1983. E, desde 1991, é catedrática de Química analítica.[4][5]

Cargos desempeñados[editar | editar a fonte]

Foi vicedecana da Facultade de Química da USC desde 1989 até 1994, directora do Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía desde 1998 a 2006,[5] e, en 2014, converteuse na primeira decana da Facultade de Química da USC.[6]

Foi coordinadora do Programa Piloto ECTS do programa Erasmus na área de Química desde 1990 até 1996 e, desde entón é ademais coordinadora da rede ECTN (European Chemistry Thematic Network) é do programa TASSEP (Transatlantic Science Student Exchange Programme).[5]

Labor investigador[editar | editar a fonte]

  • Dirixe o grupo de investigación de "Elementos Traza, Espectroscopía e Especiación" da USC, cuxas principais liñas de investigación céntranse na investigación e desenvolvemento da metodoloxía analítica para o estudo dos elementos traza nos campos medioambiental, industrial, clínico e alimentario.
  • É investigadora principal de numerosos proxectos de investigación, así como de contratos con empresas.
  • Foi directora de 29 teses de doutoramento,[7] e de máis de 100 memorias de licenciatura (tesiñas, na linguaxe universitaria), así como de variosproxectos para a obtención do Diploma de Estudos Avanzados e de teses de mestrado.[5]

Sociedades científicas ás que pertence[editar | editar a fonte]

Pertence a numerosas sociedades científicas españolas e internacionais, como as:[5]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Publicou máis de 250 artigos en revistas científicas, e varias monografías.[5]

Artigos en revistas[editar | editar a fonte]

Algúns dos artigos en revistas son:[8]

  • "Estudio comparativo de la determinación de calcio en diversos tipos de leche por espectrofotometría de absorción atómica después de distintos tratamientos de la muestra" (con M. L. Mella Louzao, María Carmen Yebra Biurrun e Adela Bermejo Barrera). Alimentaria: Revista de tecnología e higiene de los alimentos, ISSN 0300-5755, Nº 221, 1991, páxs. 23-25.
  • "Determinación de sodio y calcio en frutas y hortalizas por espectrofotometría de absorción atómica" (con María Carmen Yebra Biurrun e Adela Bermejo Barrera). Alimentaria: Revista de tecnología e higiene de los alimentos, ISSN 0300-5755, Nº 222, 1991, páxs. 53-56.
  • "Determinación de plomo en cerveza por espectrofotometría de absorción atómica con atomización electrotérmica" (con María Carmen Yebra Biurrun, M. C. García Dopazo e Adela Bermejo Barrera). Alimentaria: Revista de tecnología e higiene de los alimentos, ISSN 0300-5755, Nº 223, 1991, páxs. 59-62.
  • "Determinación de fósforo total en frutas y hortalizas cultivadas en Galicia" (con María Carmen Yebra Biurrun, M. C. García e Adela Bermejo Barrera). Alimentaria: Revista de tecnología e higiene de los alimentos, ISSN 0300-5755, Nº 224, 1991, páxs. 31-34.
  • "La contaminación en Galicia". Semata: Ciencias sociais e humanidades, ISSN 1137-9669, Nº 13, 2002. (Exemplar dedicado a: Historia ecológica de Galicia, coord. por Luis Guitián Rivera e Augusto Pérez Alberti, páxs. 167-250.
  • "Selective preconcentration and determination of tributyltin in fresh water by electrothermal atomic absorption spectrometry" (con Rosa María Anllo Sendín, M. Cantelar-Barbazán e Adela Bermejo Barrera). Analytical and bioanalytical chemistry, ISSN 1618-2642, Vol. 372, Nº 7, 2002, páxs. 837-839.
  • "Silicon determination in milk by electrothermal atomic absorption spectrometry using palladium as chemical modifier" (con Raquel Domínguez González, M. C. Barciela-Alonso, Adela Bermejo Barrera, José María Fraga Bermúdez e José Ángel Cocho de Juan). Analytical and bioanalytical chemistry, ISSN 1618-2642, Vol. 374, Nº 7, 2002, páxs. 1290-1293.
  • "Ultrasound Bath-Assisted Enzymatic Hydrolysis Procedures as Sample Pretreatment for the Multielement Determination in Mussels by Inductively Coupled Plasma Atomic Emission Spectrometry" (con Carlos Peña Farfal, Adela Bermejo Barrera, Hugo Pinochet-Cancino, Ida de Gregori-Henríque e Antonio Moreda Piñeiro). Analytical chemistry, ISSN 0003-2700, Nº 13, 2004, páxs. 3541-3547.
  • "Study of the bioavailability of selenium in cow's milk after a supplementation of cow feed with different forms of selenium" (con José María Fraga Bermúdez, Raquel Domínguez González, Adela Bermejo Barrera, Oscar Muñiz-Naveiro e José Cocho). Analytical and bioanalytical chemistry, ISSN 1618-2642, Vol. 385, Nº 1, 2006, páxs. 189-196.
  • "Pressurized liquid extraction of organometals and its feasibility for total metal extraction" (con Soledad Muniategui, Jorge Moreda-Piñeiro, Antonio Moreda Piñeiro, P. López-Mahía, E. Alonso-Rodríguez, Adela Bermejo Barrera, Darío Prada Rodríguez e E. Fernández-Fernández). Trac-trends in analytical chemistry, ISSN 0165-9936, Vol. 25, Nº 5, 2006, páxs. 511-519.
  • "Pressurized liquid extraction of organometals and its feasibility for total metal extraction" (con Soledad Muniategui, Jorge Moreda-Piñeiro, Antonio Moreda Piñeiro, P. López-Mahía, E. Alonso-Rodríguez, Adela Bermejo Barrera, Darío Prada Rodríguez e E. Fernández-Fernández). Trac-trends in analytical chemistry, ISSN 0165-9936, Vol. 25, Nº 5, 2006, páxs. 511-519.
  • "Control de la concentración de metilmercurio en productos pesqueros para el consumo humano mediante el empleo de polímeros de impronta molecular y de nanopartículas derivatizadas", (con R. Rodríguez Fernández, Elena María Peña Vázquez e Antonio Moreda Piñeiro). Trauma, ISSN 1888-6116, Vol. 25, Nº 2, 2014, páxs. 108-115.
  • "Exposición al metilmercurio en la población general; toxicocinética; diferencias según el sexo, factores nutricionales y genéticos" (con Monserrat González Estecha, A. Bodas Pinedo, José-Jesús Guillén Pérez, Miguel Angel Rubio Herrera, José M. Ordóñez-Iriarte, Elena M. Trasobares-Iglesias, Nieves Martell Claros, Jesús Román Martínez Álvarez, Rosaura Farré Rovira, M. A. Herráiz Martínez, Txantón Martínez-Astorquiza Ortiz de Zárate, Elpidio Miguel Calvo Manuel, María Sáinz Martín, Irene Bretón Lesmes, Santiago Prieto Menchero, Mª T. Llorente Ballesteros, Mª José Martínez-García, Jordi Salas Salvadó, J. A. García Donaire, María Ángeles Cuadrado Cenzual, Carmen Gallardo Pino, Rafael Moreno Rojas, Manuel Arroyo Fernández e Alfonso Luis Calle Pascual). Nutrición hospitalaria: Organo oficial de la Sociedad española de nutrición parenteral y enteral, ISSN 0212-1611, Vol. 30, Nº 5, 2014, páxs. 969-988.

Artigos en libros[editar | editar a fonte]

  • "Contaminación abiótica producida por el vertido del Prestige y su impacto en los productos de la pesca" (con María de la Cruz Pascual López e Antonio Moreda Piñeiro). En El impacto del Prestige: análisis y evaluación de los daños causados por el accidente del Prestige y dispositivos para la regeneración medioambiental y recuperación económica de Galicia, coord. por Fernando González Laxe, 2003, A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza. Instituto de Estudios Económicos. ISBN 84-9589-208-1, páxs. 245-304.[8]

Libros[editar | editar a fonte]

  • Determinación espectrofotométrica de vanadio en muestras biológicas y ambientales. Santiago de Compostela: Facultad de Química. Departamento de Química Analítica. 1981. ISBN 84-3004-315-2.
  • Los Cálculos numéricos en la química analítica (con Francisco Bermejo Martínez e Adela Bermejo Barrera). Santiago de Compostela: Tórculo Edicións. 1998. ISBN 84-8964-198-6.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]