Colexio Compañía de María de Santiago de Compostela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°52′42″N 8°32′25″O / 42.8782901, -8.5401942 A Compañía de María de Santiago de Compostela, tamén coñecido como a Ensinanza (debido á rúa onde se atopa, do mesmo nome) é un centro educativo concertado. Foi fundado no ano 1759 baixo a titularidade da Orde da Compañía de María. Hoxe en día impártese dende Infantil a Bacharelato e, malia que comezou sendo un centro educativo só para mulleres, actualmente xa se integraron os alumnos de xénero masculino.

Historia e características[editar | editar a fonte]

A súa orixe está na vontade testamentaria de Mateo Vázquez, natural de San Pedro de Présaras, residente e morto en Perú en 1744. Nun testamento deixou 100.000 pesos destinados a unha fundación en Santiago de Compostela, de Carmelitas ou Capuchinas. Valentín Sánchez Boado, o seu curmán e testamenteiro trouxo a Santiago os 100.000 pesos pero atopouse con que xa estaba en marcha a fundación dun mosteiro de Carmelitas e que existía outro de Capuchinas. En vista disto decidiu fundar un Convento de Ensinanza. As monxas fundadoras do centro chegaron a Santiago dende Tudela en novembro de 1759. Púxose a primeira pedra o 10 de maio de 1760. Bendiciuse a capela provisional o 26 de outubro de 1765. O 24 de marzo de 1770 ten lugar a bendición da igrexa actual.

No século XIX a cargo de Rafael Múzquiz Alduante (1801-1821) terminouse a igrexa e a parte de clases que dan a poñente, por iso, os seus escudos vense pola parte posterior da igrexa e na fachada do edificio.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]



Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.