Portada do primeiro número de Anales de la Sociedad Española de Física y Química, primeira publicación da sociedade precursora da RSEQ
A Real Sociedad Española de Química (RSEQ) é unha sociedade científica españolaadicada ó desenvolvemento e divulgación da química, tanto no seu aspecto de ciencia pura como no das súas aplicacións. Ten a súa orixe en 1980 trala escisión da Real Sociedad Española de Física y Química que á súa vez foi fundada en 1903.
A finalidade da RSEQ é "facilitar o avance e a mellora da actividade científica, docente, investigadora e profesional nos eidos das ciencias químicas e a enxeñaría química".[1]
A RSEQ é membro de EuCheMS (European Association for Chemical and Molecular Sciences) unha organización sen ánimo de lucro, fundada en 1970, que promove a cooperación entre sociedades científicas e técnicas europeas no eido da química.[2]