Pierre Duhem

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pierre Duhem

Pierre Maurice Marie Duhem (París, Francia, 10 de xuño de 1861 — Cabrespine, Francia, 14 de setembro de 1916) foi un físico e historiador e filósofo da ciencia francés.

Biografía[editar | editar a fonte]

Pierre Duhem foi un dos fundadores da fisicoquímica, ademais de dedicarse á historia e á filosofía da ciencia. Exerceu como profesor de física teórica na Universidade de Bordeos.

Duhem foi o pioneiro dos estudos históricos acerca da ciencia medieval. Neste ámbito escribiu a súa monumental obra en 10 tomos O sistema do mundo, historia das doutrinas cosmolóxicas de Platón a Copérnico.

As teorías de Duhem estiveron influídas polo principio da economía de Ernst Mach, segundo o cal "a meta que se propuxo [a física] é a de ser a expresión dos feitos máis simple e económica" [1] en La théorie physique: son objet et sa structure.

A diferenza doutros historiadores (Voltaire e Condorcet, por exemplo), que desprezaban a Idade Media, tratou de demostrar que neda época a Igrexa Católica axudou á aparición da ciencia occidental e que foi un dos períodos máis fructíferos neste sentido.

O seu traballo neste campo foi impulsado orixinariamente polas súas investigacións nas orixes da estática, durante as que descubriu os traballos de matemáticos e filósofos medievais como Nicolao Oresme e Roger Bacon, cuxa sofisticación lle sorprendeu. A raíz destas investigacións considerounos como os fundadores da ciencia moderna, aducindo que anticiparon moitos descubrimentos de Galileo e outros pensadores posteriores. Duhem concluíu que "a mecánica e a física da que os tempos modernos están comprensibelmente orgullosos, proceden, mediante unha ininterrompida serie de melloras a penas perceptíbeis, das doutrinas que naceron no corazón das escolas medievais".[2]

En filosofía da ciencia coñécese sobre todo pola formulación da tese Duhem-Quine.

A primeira biografía ampla sobre Pierre Duhem é obra de Stanley Jaki. Foi publicada en 1984 pola Editorial Nijhoff da Haia.[3]

Obras[editar | editar a fonte]

Obras de Duhem traducidas ao catelán[editar | editar a fonte]

  • La teoría física, su objeto y estructura, Herder, 2003, ISBN 978-84-254-2305-5
  • Sozein ta pahinomena: Ensayo Acerca de la Noción de Teoría Física de Platón a Galileo. Prólogo y versión castellana de Godofredo Iommi Amunátegui. Ediciones UVM. 2000.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kockelmans, The Economical Nature of Physical Inquiry.
  2. Pierre Duhem, Les origines de la statique, vol. 1, páx. iv, Harvard University Press. páx. 38
  3. Jaki, S. L. (1984): Uneasy Genius. The Life and Work of Pierre Duhem. Nijhoff, Dordrecht.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Campos Gosálbez, Inma (1996): Metodología e historia en "La théorie physique" de Pierre Duhem. Valéncia: Universidad de Valencia. Servicio de Publicaciones. ISBN 978-84-370-5300-4
  • Jaki, Stanley L. (1996): La ciencia y la fe: Pierre Duhem. Encuentro Ediciones. ISBN 978-84-7490-401-7
  • Marcos, Alfredo (1988): Pierre Duhem: La Filosofía de la Ciencia en sus orígenes. Barcelona: Editorial P.P.U. (Universidad de Barcelona). ISBN 84-7665-223-2
  • Marcos, Alfredo (2007): "Pierre Duhem y el positivismo", en VV. AA. Foro de estudiantes sobre positivismo y ciencias sociales. Bogotá: Universidad Externado de Colombia ISBN 958-616-961-8, páxs. 65-84
  • VV. AA. (1991): Física y religión en perspectiva. Madrid: Ediciones Rialp. ISBN 9788432127908

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]