Pica (xénero)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Pica
Pegas

Rango fósil: pliocenoplistoceno - actualidade [1]
Pega rabilonga (Pica pica)
Pega rabilonga (Pica pica)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Corvidae
Xénero: Pica
Brisson, 1760
Especie tipo
Corvus pica Linnaeus, 1758
= Pica pica

Especies
Véxase o texto

Pica é un xénero de aves paseriformes da familia dos córvidos, que comprende de tres a sete especies, segundo os autores, denominadas comunmente pegas.

Características[editar | editar a fonte]

Son córvidos de tamaño mediano, corpo robusto, cola longa e ás curtas, adaptadas especialmente para que o animal manobre con facilidade entre árbores e arbustos. Miden en torno aos 50 cm de lonxitude, dos cales a metade corresponde á sús longa cola.[2]

A diferenza doutros córvidos, ademais da negra presentan gran parte do seu plumaxe de cor branca, especialmente no ventre e nas ás, e algunhas zonas presentan iridiscencias de tons azuis.

Son aves omnívoras.[1] A súa dieta está composta basicamente de froitos, sementes e insectos, aínda que tamén é común velas alimentándose de preas, ovos, polos e aves e mamíferos de pequieno tamaño e, ocasionalmente, tamén de lixo dos vertedoiros (principalmente en inverno, cando escasea o alimento ou é máis difícil de conseguir).

Ao igual que outros xéneros de córvidos está moi estendido, ocupando a maior parte da rexión holoártica, coa excepción do leste de Norteamérica, estndo tamén ausente das zonas máis frías e desérticas.[2]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

O xenero foi descrito en 1760 polo zoólogo francés Mathurin Jacques Brisson.[3]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome do xénmero, Pica, deriva do latín pica,- ae, 'pega'.[4]

Especies[editar | editar a fonte]

Segundo o Sistema Integrado de Información Taxonómica (ITIS), recoñécense no xénero tres especies:[5]

Porén, investigacións recentes puxeron en dúbida a taxonomía de Pica.[6] P. hudsonia e P. nuttalli son os parentes máis cercanos entre si, e segundo algúns autores serían conespecíficas; pero son especies diferentes. E polo menos a raza coreana de P. pica tamén debería considerarse unha especie separada.

Ultimamente, segundo a clasificación de referencia do Congreso Ornitolóxico International de 2018, ás tres especies citadas anteriormente débense engadir as catro seguintes:

Paleontoloxía[editar | editar a fonte]

A especie máis antiga do xénero Pica, Pica mourerae, coñécese a partir de fósiles encontrados en estratos do límite plioceno-plistoceno en Mallorca.[1][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Pica Brisson 1760 en Fossilworks.
  2. 2,0 2,1 Ericson, Per G. P. et al 2005.
  3. Brisson, M. J. (1760): Ornithologie ou méthode contenant la division des oiseaux en ordres, sections, genres, especes & leurs variétés. A laquelle on a joint une description exacte de chaque espece, avec les citations des auteurs qui en ont traité, les noms qu'ils leur ont donnés, ceux que leur ont donnés les différentes nations, & les noms vulgaires. Ouvrage enrichi de figures en taille-douce. Tome I. Paris: Bauche.
  4. Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. p. 305. ISBN 978-1-4081-2501-4. 
  5. Pica Brisson, 1760 no ITIS.
  6. Lee, Sang-im et al. 2003.
  7. Bartomeu Seguí (201): "A new species of Pica (Aves: Corvidae) from the Plio-Pleistocene of Mallorca, Balearic Islands (Western Mediterranean). En: Geobios 34 (3): 339–347.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ericson, Per G. P.; Jansén, Anna-Lee; Johansson, Ulf S. & Ekman (2005): "Inter-generic relationships of the crows, jays, magpies and allied groups (Aves: Corvidae) based on nucleotide sequence data". Journal of Avian Biology 36: 222-234. PDF Texto completo.
  • Lee, Sang-im; Parr, Cynthia S.; Hwang,Youna; Mindell, David P. & Choea, Jae C. (2003): "Phylogeny of magpies (genus Pica) inferred from mtDNA data. Molecular Phylogenetics and Evolution 29: 250-257. PDF Texto completo.
  • Song, G. et al. (2018): "Complete taxon sampling of the avian genus Pica (magpies) reveals ancient relictual populations and synchronous Late-Pleistocene demographic expansion across the Northern Hemisphere". Journal of Avian Biology 2018: e01612 Resume.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazón externas[editar | editar a fonte]