Pica bottanensis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pica bottanensis

Especie tipo, en Bután
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Corvidae
Xénero: Pica
Especie: P. bottanensis
Nome binomial
Pica bottanensis
Delessert, 1840
En castaño claro, área de distribución de Pica bottanensis
En castaño claro, área de distribución de Pica bottanensis

En castaño claro, área de distribución de Pica bottanensis

Pica bottanensis é unha especie de ave paseriforme da familia dos córvidos, unha das sete comprendidas no xénero Pica propia do Himalaia oriental e as montañas da meseta tibetana.[1][2][3]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1840 polo naturalista francés Adolphe Delessert.[4][5] no seu traballo "Oiseaux nouveaux provenant du Bottan ou Boutan, au nord du Bengale" publicado en Rev. Zool. p. 100.[2]

Etimoloxías[editar | editar a fonte]

Para a do xénero ver Pica.

O epíteto específico, bottanensis procede do nome francés Bottan ou Boutan, Bután.[6]

Sinónimo[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén como a subespecie:[2][5]

  • Pica pica bottanensis Delessert, 1840

Notas taxonómicas[editar | editar a fonte]

Anteriormente considerábase como unha subespecie da pega común (Pica pica), e algúns autores aínda o fan, pero na actualidade ambs as dúas considéranse especies separadas. Un estudo de filoxenia molecular publicado en 2018 descubriu que o seu parente mái próximo é Pica asirensis, do suroeste de Arabia.[7]

Estudos de ADN mostran que Pica bottanensis está xeneticamente ben diferenciada, xunto coa recentemente distinguida especie irmá Pica asirensis, nun complexo de especies formado, entre outros, por Pica pica e as especies norteamericanas Pica hudsonia e Pica nuttalli.[8][9]

Distribución[editar | editar a fonte]

Pica bottanensis esténdese polo Himalaia oriental e as montañas do leste da meseta tibetana, chegando até o interior occidental da China (Qinghai e Xinjiang).[3]

Atópase en vales de montaña abertos e cultivados entre os 2 000 e os 4 500 m de altitude.[10]

Características[editar | editar a fonte]

Pica bottanensis é unha pega de 46-50 cm de lonxitude. Como outras especies do xénero Pica , ten a cabeza, o pescozo, o peito e o lombo negros, as partes inferiores brancas e a cola é longa, en forma de cuña. As ás brillan en tonalidaes azul verdosas e avermellados. Diferénciase de Pica pica, da que até hai pouco tempo se consideraba unha subespecie, pola parte superior negra do corpo, a cola máis curta, o peteiro máis forte e a plumaxe menos brillante.[10][11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gill, Frank; Donsker, David, eds. (2018). "Crows, mudnesters, birds-of-paradise". World Bird List Version 8.2. International Ornithologists' Union. Consultado o 23 de enero de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Urraca del Himalaya. Pica bottanensis Delessert, 1840 en AviBase.
  3. 3,0 3,1 Clements, J. F., T. S. Schulenberg, M. J. Iliff, D. Roberson, T. A. Fredericks, B. L. Sullivan & C. L. Wood (2018): "The eBird/Clements checklist of birds of the world". Versión 2018. Consultada o 15 de febreiro de 2022.
  4. Pica bottanensis Delessert, 1840 no GBIF. Consultado o 15 de febreiro de 2022.
  5. 5,0 5,1 Pica bottanensis Delessert, 1840 no BioLib. Consultado o 15 de febreiro de 2022.
  6. Jobling, J. A. (2016): "Key to Scientific Names in Ornithology". En del Hoyo, J., Elliott, A., Sargatal, J., Christie, D.A. & de Juana, E. (ed.) Handbook of the Birds of the World Alive. Barcelona: Lynx Edicions.
  7. Song, S.; Zhang, R.; Alström, P.; Irestedt, M.; Cai, T.; Qu, Y.; Ericson, P.G.P.; Fjeldså, J.; Lei, F. (2017). "Complete taxon sampling of the avian genus Pica (magpies) reveals ancient relictual populations and synchronous Late-Pleistocene demographic expansion across the Northern Hemisphere". Journal of Avian Biology 49 (2): 1–14. 
  8. Kryukov, A. P.; L. N. Spiridonova, S. Mori, V. Yu. Arkhipov, Y. A. Red'kin, O. A. Goroshko, E. G. Lobkov & E. Haring (2017): "Deep phylogeographic breaks in magpie Pica pica across the Holarctic: concordance with bioacoustics and phenotypes. Zoolog Sci. 34 (3): 185-200.
  9. Song, S., Zhang, R., Alström, P., Irestedt, M., Cai, T., Qu, Y., Ericson, P. G. P., Fjeldså, J. et al. (2017): "Complete taxon sampling of the avian genus Pica (magpies) reveals ancient relictual populations and synchronous Late-Pleistocene demographic expansion across the Northern Hemisphere". Journal of Avian Biology 49 (2): 1–14.
  10. 10,0 10,1 Carol Inskipp, Richard Grimmett & Tim Inskipp (2011): Birds of the Indian Subcontinent. Oxford: Christopher Helm. Helm Field Guides. ISBN 978-0-1980-7722-0.
  11. Madge, S., Christie, D. A. & Kirwan, G. M. (2019): "Eurasian Magpie (Pica pica). En: del Hoyo, J., Elliott, A., Sargatal, J., Christie, D. A. & de Juana, E., red. Handbook of the Birds of the World Alive. Barcelona: Lynx Edicions.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]