Pica nuttalli
Pica nuttalli | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Vulnerable[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Pica nuttalli (Audubon, 1837) | |||||||||||||||||
Área de distribución de Pica nuttalli
|
Pica nuttalli é unha especie de ave paseriforme da familia dos córvidos, unha das sete comprendidas no xénero Pica, propia do oeste de California.[2]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1837 polo ornitólogo estadounidense John James Audubon, baixo o nome de Corvus nutalli.[3]
Etimoloxías
[editar | editar a fonte]O epíteto específico, nuttalli foi unha homenaxe de Audubon ao naturalista inglés Thomas Nuttall.[2]
Sinónimo
[editar | editar a fonte]Ademais e polo nome actualmentre válido, a especie comeceuse tamén polo sinónimo:[3]
- Corvus nutalli Audubon, 1837 (protónimo)
Características
[editar | editar a fonte]Á parte de ter o pico e unha raia de cor amarela ao redor do ollo, é practicamente idéntica a Pica hudsonia, que se distribúe por gran parte do oeste de América do Norte.[2]
Distribución
[editar | editar a fonte]Habita no val Central de California e nos outeiros e montañas de matogueira meditarránea adxacentes.[2]
Bioloxía
[editar | editar a fonte]Costumes
[editar | editar a fonte]Pica nuttalli é unha especie gregaria e descansa en comunidade. Pode haber un grupo de dormitorios comunais nunha área xeral formada por un dormitorio central que contén moitas aves e varios periféricos con menos.[4]
Sábese que as bandadas destas aves compórtanse como nun funeral polos seus mortos. Cando unha pega morre, un grupo delas congrégase ao redor da ave falecida onde gritan con chíos altos durante 10 ou 15 minutos.[5]
Nutrición
[editar | editar a fonte]Estas aves son omnívoras e aliméntanse no chan, comendo principalmente insectos, especialmente saltóns, pero tamén preas, landras e froitas no outono e no inverno. Son atraídos polos cadáveres de animais recentemente matados en granxas e ranchos. Recollen o lixo nos vertedoiros, e ás veces cazan roedores.[4]
Reprodución
[editar | editar a fonte]Para reproducirse Pica nuttalli prefire bosques de árbores altas ao longo dos ríos e preto de áreas abertas, aínda que nas proximidades dalgunhas cidades comezaron a aniñar en terreos baldíos e noutros lugares con maleza. Unha parella de aves constrúe un niño en forma de cúpula con paus e barro nunha rama alta.[6] Os niños poden estar a 14 m sobre o chan e ás veces están construídos moi lonxe sobre ramas longas para evitar que os depredadores os alcancen.[4] Aniñan en pequenas colonias, ou ocasionalmente sós.[6] Mesmo cando aniñan preto doutras aves poden presentar certo comportamento territorial. Estas aves son residentes permanentes e non adoitan vagar lonxe da súa cría.[4]
A copulación fóra da parella non é infrecuente entre esta pegas. Despois do apareamento, o macho mostrará celos, evitando que a femia se aparee con outros machos até que poña o primeiro ovo.[7] A niñada contén de 5 a 7 ovos que son incubados pola femia durante 16 ou 18 días. Ambos os pais alimentan aos polos cunha dieta composta principalmente de insectos até que empluman aos 30 días.[4]
Enfermidades
[editar | editar a fonte]Esta ave é extremadamente susceptíbel ao virus do Nilo Occidental. Entre 2004 e 2006 estímase que o 50 % destas pegas morreron a causa do virus.[8] Debido a que a ave tende a pousar cerca de corpos de auga, como ríos, a miúdo está exposta aos mosquitos.[9]
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), considerando que entre 2003 e 2008 a especie sufriu unha rápida redución da poboación debido á mortalidade causada polo virus do Nilo Occidental e, aínda que os descensos diminuíron, aínda se están reproducindo a un ritmo suficiente para alcanzar o limiar para non ser catalogada como vulnerábel, polo que actualmente esta especie está cualificada como VU (vulnerábel).[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 BirdLife International (2021): Pica nutalli na Lista vermella da UICN. Versión 2021-3. Consultada o 15 de febreiro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "Urraca de Nuttall. Pica nuttalli (Audubon, 1837)". avibase. Consultado o 15 de febreiro de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 Pica nuttalli (Audubon, 1837) no BioLib. Consultado o 15 de febreiro de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 "Protocol for censusing Yellow-billed Magpies at communal roosts" Arquivado 15 de marzo de 2012 en Wayback Machine. PRBO Conservation.
- ↑ "Black-billed Magpie Life History, All About Birds, Cornell Lab of Ornithology" Arquivado 15 de marzo de 2012 en Wayback Machine.. www.allaboutbirds.org.
- ↑ 6,0 6,1 PRBO Conservation Arquivado 15 de marzo de 2012 en Wayback Machine..
- ↑ Birkhead, T. R.; Clarkson, K.; Reynolds, M. D.; Koenig, W. D. (1992): "Copulation and mate guarding in the Yellow-Billed Magpie Pica nuttalli and a comparison with the Black-Billed Magpie P. pica". Behaviour 121 (1–2): 110–30.
- ↑ "Veterinary Geneticists Already on the Side of Audubon's Bird of the Year" Arquivado 07 de maio de 2018 en Wayback Machine.. UC Davis School of Veterinary Medicine. 10 de decembro de 2009.
- ↑ Pica nuttalli – (Audubon, 1837)[Ligazón morta]. The Nature Conservancy.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pica nuttalli |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pica nuttalli |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Airola, D. A.; Hampton, S. & Manolis, T. (2007): "Effects of West Nile Virus on sensitive species in the Lower Sacramento Valley, California: An evaluation using Christmas Bird Counts". Central Valley Bird Club Bulletin 10: 1-22.
- Crosbie, S. P.; Koenig, W. D.; Reisen, W. K.; Kramer, V. L.; Marcus, L.; Carney, R.; Pandolfino, E.; Bolen, G. M.; Crosbie, L. R.; Bell, D. A. & Ernest, H. B. (2008): "Early impact of West Nile Virus on the Yellow-billed Magpie (Pica nuttalli). The Auk 125 (3): 542-550.
- del Hoyo, J.; Elliott, A.; Christie, D. (2009): Handbook of the Birds of the World, vol. 14: Bush-shrikes to Old World Sparrows. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-9655-350-7.
- Kilpatrick, A. M. & Wheeler, S. S. (2019): "Impact of West Nile Virus on Bird Populations: Limited Lasting Effects, Evidence for Recovery, and Gaps in Our Understanding of Impacts on Ecosystems". Journal of Medical Entomology 56 (6): 1491-1497.