Persea
Persea | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Flores da Persea americana | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
|
Persea é un xénero de ao redor de 100 especies aceptadas, das case 400 descritas, de árbores perennifolias da familia das lauráceas (Lauraceae).[1] O membro máis coñecido é o aguacate ou abacateiro (Persea americana), moi cultivado en rexións subtropicais polos seus froitos comestíbeis.
Descrición
[editar | editar a fonte]Son arbustos e árbores medianas duns 15–30 m de altura na madureza. As follas, perennes, son simples, lanceoladas a lanceoladas largas, pubescentes cando novas, con nervios prominentes no envés, variando entre especies entre 5–30 cm de lonxitude, e 2–12 cm de largo, de disposición espiral ou alterna nos talos. As flores, pedunculadas, organízanse en cimas compostas axilares; son bisexuais, con 6 tépalos pubescentes verde amarelados de 3–6 mm de lonxitude, case iguais ou cos 3 exteriores máis pequenos, xeralmente persistentes no froito, 9 estames en 3 ringleiras concéntricas e un ovario globoso con estilo estreito, pubescente e de estigma discoidal. O froito é unha drupa globular, ovalada ou aperada, con pericarpo de cor verde escuro até case negro, máis ou menos tuberculado e cun mesocarpo carnoso e unha única semente sen endospermo, arrodeada por un tegumento papiráceo a miúdo intimamente adherido ao mesocarpo.[2][3] Ten un tamaño moi variábel segundo as especies, desde 1-1,5 cm en P. borbonia e en P. indica, até máis de 10–20 cm en P. americana.
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]As especies de Persea teñen unha heteroxénea distribución, con preto de 70 especies do Neotrópico, do Brasil a Chile en Suramérica a Centroamérica e México, as Indias Occidentais, o sueste dos Estados Unidos; unha soa especie, P. indica, endémica das Illas de Macaronesia, incluíndo a Madeira e as Illas Canarias; e 80 especies do leste asiático e sueste de Asia.
Ningunha das especies é moi tolerante a fríos severos, agás P. borbonia, P. ichangensis e P. lingue, que sobreviven temperaturas debaixo dos -12 °C; tamén precisan de solos húmidos continuos, e non aturan a seca.
As evidencias fósiles indican que o xénero tivo a súa orixe en África Occidental durante o Paleoceno e estendeuse por Asia, por Suramérica, despois por Europa e finalmente a América do Norte. Considérase que o gradual desecamento de África, Asia Occidental e o Mediterráneo do Oligoceno ao Plistoceno, e a glaciación de Europa durante o Plistoceno, foi o que causou a extinción do xénero nesas rexións, resultando na actual distribución.
Ecoloxía
[editar | editar a fonte]As especies de Persea son o alimento das larvas dalgunhas especies de lepidópteros (bolboretas e avelaíñas), incluíndo Coleophora octagonella (que come exclusivamente de P. carolinensis) e Hypercompe indecisa.
Clasificación
[editar | editar a fonte]O xénero Persea ten tres subxéneros. O subxénero asiático Machilus é tratado en separado do xénero Machilus por moitos autores, incluído en Flora of China, con incompatibilidade de enxerto entre o subxénero Persea e o Eriodaphne que suxire que sería mellor tratalos como distintos xéneros; de feito Kostermans (1993) definiu o xénero Mutisiopersea para este. Outro xénero estreitamente relacionado Beilschmiedia inclúese algunhas veces en Persea.
- Subxénero Persea - Centroamérica. dúas especies.
- Persea americana Mill. - Aguacate, abacateiro.
- Persea americana Mill. var. drymifolia ( Schltdl. & Cham.) S.F.Blake
- Persea americana var. floccosa
- Persea americana var. guatemalensis
- Persea americana var. nubigena
- Persea americana var. steyermarkii
- Persea schiedeana - Coyo
- Subxénero Eriodaphne (Mutisiopersea) - Américas, Macaronesia, unhas 70 especies.
- Persea alpigena Spreng.
- Persea borbonia Spreng., denominada en Cuba e Porto Rico chamado de redbay en inglés ou de aguacatillo en español[4]
- Persea caerulea (Ruiz & Pav.) Mez
- Persea cinerascens Blake
- Persea donnell-smithii Mez
- Persea indica
- Persea lingue
- Persea longipes
- Persea palustris
- Persea skutchii
- Subxénero Machilus - Asia, unhas 80 especies
- Persea edulis
- Persea ichangensis
- Persea japonica
- Persea macrantha
- Persea nanmu
- Persea thunbergii
- Persea yunnanensis
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Persea |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Avocado source. Información sobre o aguacate e o xénero Persea
- Flora of North America: Persea
- Flora of China: Machilus. Listaxe completa das especies de Machilus na China