José Benito Pardo Rodríguez
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (es) Jose Benito Pardo y Rodríguez 1867 Balmonte, España |
| Morte | 12 de outubro de 1939 Balmonte, España |
| 1930 – 1931 – Daniel Vázquez Campo → | |
| 1917 – 1924 ← Emilio Tapia Rivas – José María Montenegro Soto → | |
| 1909 – 1914 ← Manuel Pérez Batallón – Emilio Tapia Rivas → | |
| 1901 – 1903 | |
| 1899 – 1899 ← Pastor Maseda Vázquez de Parga | |
| Datos persoais | |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
| Actividade | |
| Ocupación | avogado, político |
| Familia | |
| Fillos | José Benito Pardo Pardo |
José Benito Pardo Rodríguez, coñecido popularmente como Pepe Benito, nado en Balmonte (Castro de Rei) en 1867 e finado no mesmo lugar o 12 de outubro de 1939, foi un avogado e político lugués, prototipo de cacique da Restauración.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pardo Rodríguez naceu dentro dunha familia de notoria fidalguía. Era fillo de José Benito Pardo Balmonte e de María Rodríguez Rodríguez. Fixo o bacharelato no Colexio dos Escolapios de Monforte. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, lugar onde fixo amizade con Carlos Pardo Pallín (o personaxe "Samoeiro" de La Casa de la Troya), máis tarde cuñado seu, con Alejandro Pérez Lugín e máis con Luis Recasens Siches.
Comezou a súa vida profesional como avogado civilista en Lugo. Entrou por influencia do seu tío Pegerto Pardo Balmonte no Partido Liberal, alcanzando a presidencia da Deputación Provincial lucense en 1899, cargo que ostentaría até catro veces en distintos períodos. O seu rival político ao longo do primeiro terzo do século XX sería o conservador Ángel López Pérez.
Durante a Segunda República apoiaría para unha segunda volta, ante a anulación das eleccións do 12 de abril de 1931, unha candidatura apañada conxuntamente co gobernador civil, co obxectivo de anular a López Pérez. Esta candidatura resultaría elixida, non sen grande escándalo nas Cortes. Volvéronse repetir, mais pouco variaron[1]. Logo achegouse á CEDA, dando apoio á candidatura do seu fillo, José Benito Pardo Pardo, nas eleccións xerais españolas de febreiro de 1936, que sairía elixido deputado. No período da Guerra Civil española mantívose á marxe, aínda que con frecuencia se lle pediu consello xurídico. Faleceu pouco despois de acabar a guerra.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Gran Cruz do Mérito Militar concedida por Afonso XIII.
Referencias literarias
[editar | editar a fonte]Polo seu poder caciquil e influencia xurídica, Pepe Benito tiña gran sona na provincia de Lugo. Aparece citado nas obras de Cunqueiro e Fole, pero sempre de pasada, sen retrato literario máis extenso do que unhas breves liñas como apoio de referencia de época.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ X.R. Barreiro Fernández, O devalar da Restauración: a Ditadura e o tránsito á República, in Gran Historia de Galicia, t. XI. A Coruña. 2007, páx. 213
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barreiro, X. R. (coord.); Barreiro, X. R.; López, B.; Mínguez, X. L. (2003). "PARDO RODRÍGUEZ, José Benito". Parlamentarios de Galicia. Biografías de deputados e senadores (1810-2003) II. Santiago de Compostela: Parlamento de Galicia/RAG. p. 59-60. ISBN 84-87987-27-3. doi:10.32766/rag.168.
- Fernández Pulpeiro, Juan Carlos (2007). "Presidentes de la Diputación de Lugo en toda su historia" (PDF). Lucensia (Biblioteca Seminario Diocesano). XVIII (34): 79–98. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 5 de xuño de 2020.
- Somoza, Juan Ramón (1915). Semblanzas (PDF). Lugo: Gerardo Castro. pp. 19–21.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Predecesor: Pastor Maseda Vázquez de Parga |
Presidente da Deputación de Lugo 1899 |
Sucesor: Germán Vázquez de Parga |
| Predecesor: Germán Vázquez de Parga |
Presidente da Deputación de Lugo 1901 - 1903 |
Sucesor: Germán Vázquez de Parga |
| Predecesor: Manuel Pérez Batallón |
Presidente da Deputación de Lugo 1909 - 1914 |
Sucesor: Emilio Tapia Rivas |
| Predecesor: Emilio Tapia Rivas |
Presidente da Deputación de Lugo 1917 - 1924 |
Sucesor: José María Montenegro Soto |
| Predecesor: Manuel Baamonde Robles |
Presidente da Deputación de Lugo 1930 - 1931 |
Sucesor: Daniel Vázquez Campo |