Juan Ramón Somoza
Biografía | |
---|---|
Nacemento | San Cosme de Barreiros, España |
Morte | 12 de marzo de 1927 Lugo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
Juan Ramón Somoza Vázquez, nado en San Cosme de Barreiros (Barreiros) e finado en Lugo o 12 de marzo de 1927, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou no Seminario de Mondoñedo. Foi membro do Grupo Republicano Federal de Lugo. A finais do século XIX exiliouse en Cuba. Na Habana coñeceu a Manuel Curros Enríquez e colaborou no Diario de la Marina e El Comercio, publicou artigos en Galicia (1902 a 1905), da que foi xefe de redacción. Fundou o semanario La República Española e dirixiu o semanario España Republicana en América (1904). Na Habana publicou Horas de ocio (1905). Trasladouse a Lugo en 1906, onde foi xefe de Obras Públicas, e continuou o seu labor como xornalista: colaborou en La Alborada, Alma Gallega, Aires da Miña Terra, El Eco de Galicia e El Regional, La Ilustración Gallega e Revista Gallega, dirixiu La Democracia, foi redactor de El Progreso, El Norte de Galicia e redactor xefe de La Provincia. Moitas das súas colaboracións están asinadas como Juan R. Somoza. Tamén utilizou os pseudónimos Marqués de Barreiros, San Cosme e Pardo de Cela. Finou o 12 de marzo de 1927.[1]
Obras
[editar | editar a fonte]- Horas de ocio, A Habana, 1905. Colectánea de artigos, con prólogo de Curros Enríquez.
- Miscelánea. Colección de artículos literarios, 1908.
- Serpentinas. Crónicas, impresiones literarias, notas de arte, cuentos, impresiones de viaje, Lugo, 1910.
- Semblanzas, Lugo, 1915. Dous volumes, con prólogo de Xesús Rodríguez López e epílogo de José Adrio Menéndez.
- Mis devociones, 1920, 54 pp. Con introdución de José Adrio Menéndez.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Celsa Amieiro e foi pai de Juan Ramón Somoza Amieiro.
Biblioteca virtual
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en La Provincia, 13-3-1927, p. 1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Juan Ramón Somoza |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Somoza, Juan Ramón". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. p. 371.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Fernández, Martín (24/1/2016). "La prensa de A Mariña en la emigración" La Voz de Galicia (en castelán)