Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación
Logotipo del Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación.svg
Información xeral
Ministro Luis Planas Puchades
Sitio web
http://www.mapama.gob.es/

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación é o departamento ministerial do Goberno de España competente para a proposta e execución da política do Goberno en materia de recursos agrícolas, gandeiros e pesqueiros, de industria agroalimentaria, de desenvolvemento rural e de alimentación. O seu actual titular é Luís Planas.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Este ministerio creouse por primeira vez en 1981, con Calvo-Sotelo como Presidente, ao engadirse ao antigo Ministerio de Agricultura e Pesca (que apenas durou 7 meses) as competencias en alimentación e mantívose intacto 27 anos, até o segundo mandato de José Luís Rodríguez Zapatero, cando a reestruturación dos departamentos ministeriais de abril de 2008, as competencias pasaron ao Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño.[2]

O ministerio de agricultura recuperou a súa importancia cos gobernos de Mariano Rajoy, que creou o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente entre 2011 e 2016 e o Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente entre 2016 e 2018.

Este ministerio foi reactivado polo Presidente Sánchez en 2018, perdendo as competencias no medio Ambiente a favor do novo Ministerio para a Transición Ecolóxica.

Competencias[editar | editar a fonte]

Corresponde ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, no ámbito das competencias do Estado, a elaboración da lexislación estatal nas materias agrícolas, pesqueiras e alimentarias; a proposta e execución das directrices xerais do Goberno sobre a política agraria, pesqueira e alimentaria; a representación do Estado nos organismos internacionais correspondentes a estas materias, sen prexuízo das competencias do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación; así como a coordinación de actuacións, a cooperación e a concertación no deseño e aplicación de todas as políticas que afecten o ámbito de competencias das comunidades autónomas e das restantes Administracións públicas, propiciando a súa participación a través dos órganos e instrumentos de cooperación adecuados.[3]

Estrutura[editar | editar a fonte]

Dependen do Ministerio os seguintes órganos:

  • A Secretaría Xeral de Agricultura e Alimentación.
  • A Secretaría Xeral de Pesca.
  • A Subsecretaría de Agricultura, Pesca e Alimentación.

Como órgano de apoio e asistencia inmediata, depende directamente do Ministro Agricultura, Pesca e Alimentación un Gabinete.

O Ministro Luís Planas, actual Ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación

Titulares[editar | editar a fonte]

Lista cronolóxica dos Ministros de Agricultura de España dende a II República[editar | editar a fonte]

Ministros de Agricultura, Industria e Comercio[editar | editar a fonte]

Ministros de Agricultura[editar | editar a fonte]

Ministros de Agricultura, Industria e Comercio[editar | editar a fonte]

Ministros de Agricultura[editar | editar a fonte]

Ministros de Agricultura, Pesca e Alimentación[editar | editar a fonte]

Ministras de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño[editar | editar a fonte]

Ministros de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente de España[editar | editar a fonte]

Referencias[editar | editar a fonte]

O contido deste artigo incorpora material publicado no Boletín Oficial do Estado, que se atopa no dominio público de conformidade ao disposto no artigo 13 da Lei de Propiedade Intelectual española.