Paul Claude Silva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paul Claude Silva
Nacemento31 de outubro de 1922
Lugar de nacementoSan Diego, California
Falecemento12 de xuño de 2014
Lugar de falecementoBerkeley, California
Nacionalidadeestadounidense
Alma máterUniversidade do Sur de California
Universidade Stanford
Universidade de California en Berkeley
Ocupaciónbiólogo mariño e ficólogo
Coñecido portaxónomo das algas
OrganizaciónUniversidade de California en Berkeley
PremiosBolsa de estudos Guggenheim
editar datos en Wikidata ]

Paul Claude Silva, nado o 31 de outubro de 1922 en San Diego, California, e finado o 12 de xuño de 2014 en Berkeley, California, foi un biólogo mariño e ficólogo estadounidense especializado na taxonomía das algas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Silva completou o seu grao na Universidade do Sur de California, aínda que a súa educación foi interrompida pola Segunda Guerra Mundial, na que serviu na Mariña estadounidense no USS Darby, participando na batalla do golfo de Leyte.[1]

Asistiu á Universidade Stanford para o seu máster, estudando con Gilbert Morgan Smith, e á Universidade de California en Berkeley (UCB) para o seu doutoramento. Máis tarde Silva traballou como botánico de investigación e conservador de algas no herbario da UCB.[1]

Silva foi un experto en nomenclatura botánica, e está considerado como o principal experto mundial no xénero Codium das clorófitas (algas verdes).[2]

Foi un dos editores desde o oitavo ao décimo sexto Congreso Internacional de Botánica, congresos que establecen o Código Internacional de Nomenclatura para Algas, Fungos e Plantas.[2]

En 1958 foi elixido presidente da Phycological Society of America.

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura P.C.Silva emprégase pare recoñecer a Paul Claude Silva como autoridade na descrición e taxonomía e botánica.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazón externa[editar | editar a fonte]