Partido Comunista dos Traballadores de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Partido Comunista dos Traballadores de España
Partido Comunista de los Trabajadores de España
Partido político de España
Dirixentes e organización
LíderÁstor García
MocidadesColectivos da Mocidade Comunista
Filiación internacionalIniciativa de Partidos Comunistas e Obreiros
Encontro Internacional de Partidos Comunistas e Obreiros
Historia
Fundación3 de marzo de 2019
Posicións políticas
IdeoloxíaComunismo
Marxismo-leninismo
Outros datos
PublicaciónNuevo Rumbo
Na rede
partido-comunista.es
Facebook: PCTEpartidocomunista Twitter: _PCTE_ Instagram: _pcte_ Youtube: UCAspwbXL9VDYdIKlMk_vtrQ Editar o valor em Wikidata

O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Cisma no PCPE e fundación[editar | editar a fonte]

En abril de 2017, trala V Sesión Plenaria do Comité Central do Partido Comunista dos Pobos de España, disputas internas provocaron a división do partido. Unha parte do Comité Central proclamou a Ástor García como o novo secretario xeral do PCPE, substituíndo ao veterano Carmelo Suárez, no cargo desde 2002, que foi apoiado na súa posición de secretario xeral pola maioría do Comité Central. O sector de Ástor García creou unha nova páxina web coas siglas do PCPE explicando dito nomeamento,[2] mentres que na web do outro sector denunciábase a designación de García como un "acto fraccionario".[3] A partir dese momento, os dous sectores actuaron de facto como dous partidos diferentes, pero utilizando ambos o mesmo nome.

A nivel internacional, o Partido Comunista de México,[4] o Partido Comunista de Grecia (KKE),[5] o Partido do Traballo de Austria[6] e o Partido Comunista de Italia[7] apoiaron a Ástor García como secretario xeral do PCPE. Tamén realizaron eventos conxuntos nos que participou o Partido Comunista de Turquía.[8] Do mesmo xeito, a dirección e a maioría dos militantes os Colectivos da Mocidade Comunista (CJC) apoiaron a Ástor García.[9][10] Neste sentido, 220 militantes do PCPE e CJC asinaron un documento que apoiaba as decisións tomadas pola dirección liderado por García, subscribindo un acordo de cinco puntos en defensa do partido,[11] mentres que varias organizacións territoriais emitiron declaracións en defensa da nova dirección, incluíndo as de Euskal Herria,[12] de Asturias,[13] de Cantabria,[14] de Galicia,[15] de Madrid,[16] das Illas Baleares,[17] de Canarias,[18] de Castela e León[19] e parte de Cataluña.[20] Mediante a convocatoria dunha Conferencia Central[21] decidiuse celebrar un XI Congreso Extraordinario[22] que se celebrou en novembro de 2017 baixo o lema "Por un país para a clase obreira, fortalezamos o PCPE".[23]

Finalmente, o 3 de marzo de 2019 resolveuse pola vía legal a duplicidade de siglas.[24] O sector encabezado por Ástor García adoptou un novo nome, o Partido Comunista dos Traballadores de España (PCTE), segundo o disposto no seu XI Congreso extraordinario.[1]

Eleccións de 2019[editar | editar a fonte]

O PCTE participou nas Eleccións Xerais de abril de 2019 en España, presentando candidaturas en 26 provincias[25] e obtendo 14.189 votos (un 0,05%)[26] e nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2019 con Ástor García como cabeza de lista[27], obtendo 19.081 votos (un 0,09%).[28] No mesmo día das eleccións ao parlamento europeo o PCTE participou en cinco eleccións autonómicas e en dezaseis municipios. Conseguiu dous concelleiros no antigo concello mineiro de Degaña no sur de Asturias. Tamén apoiou a lista local Asamblea Ciudadana Por Torrelavega (ACPT)[29] a cal tamén obtivo dous concelleiros.[30]

Na repetición das eleccións xerais, en novembro de 2019, presentou candidaturas en 38 provincias, obtendo uns resultados similares ás primeiras, con 13.029 votos.[31]

Xuventudes e publicacións[editar | editar a fonte]

As xuventudes do partido organízanse nos Colectivos de Jóvenes Comunistas.[1] O órgano de expresión do partido é a revista Nuevo Rumbo.

Estrutura territorial[editar | editar a fonte]

O partido ten presenza en case toda España, adaptando o seu nome ás diferentes linguas dos territorios.[1][32]

Territorio Organización territorial
Andalucía Andalucía PCTE Andalucía
Aragón Aragón PCTE Aragón
Asturias Asturias Partíu Comunista de los Trabayadores d'España
Illas Canarias Illas Canarias PCTE Canarias
Cantabria Cantabria PCTE Cantabria
Castela e León Castela e León PCTE Castilla y León
Cataluña Cataluña Partit Comunista dels Treballadors de Catalunya
Madrid Comunidade de Madrid PCTE Madrid
Comunidade Valenciana Comunidade Valenciana Partit Comunista dels Treballadors d'Espanya
Galicia Galicia Partido Comunista dos Traballadores da Galiza
Illas Baleares Illas Baleares Partit Comunista dels Treballadors d'Espanya
País Vasco País Vasco Euskadiko Langileen Alderdi Komunista
A Rioxa A Rioxa PCTE La Rioja

Eleccións[editar | editar a fonte]

Cortes Xerais
Ano Votos %
abril de 2019 14,189 0.05
novembro de 2019 13.029 0.05
Eleccións europeas
Ano Votos %
2019 19,081 0.09%
Eleccións autonómicas de 2019
Autonomía Votos %
Aragón 559 0.08%
Asturias 1.082 0,21%
Cantabria 479 0,15%
Castela e León 1,147 0.08%
Comunidade de Madrid 3,013 0.09%
Eleccións municipais 2019
Municipio Autonomía Votos % Asentos
Avilés Asturias 236 0,62% 0
Córdoba Andalucía 380 0,26% 0
Degaña Asturias 147 24,54% 2
Gijon Asturias 289 0,21% 0
Langreu Asturias 106 0,56% 0
León Castela e León 119 0,18% 0
Madrid Comunidade de Madrid 791 0,05% 0
Málaga Andalucía 188 0,08% 0
Mieres Asturias 74 0,38% 0
Oviedo Asturias 163 0,15% 0
Salamanca Castela e León 233 0,31% 0
San Juan de Aznalfarache Andalucía 110 1,32% 0
Valladolid Castela e León 229 0,14% 0
Vigo Galiza 267 0,18% 0
Zaragoza Aragón 1.036 0,31% 0

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Resolución del Comité Central" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2019. Consultado o 6 de xuño de 2019. 
  2. "Nuevo Secretario General del PCPE" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2019. Consultado o 6 de xuño de 2019. 
  3. "Nota informativa del Comité Central del PCPE" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2020. Consultado o 6 de xuño de 2019. 
  4. "Entrevista a Pável Blanco, Primer Secretario del PC de México" (en castelán). 27 de abril de 2017. Consultado o 6 de xuño de 2019. 
  5. "Posición del PC de Grecia sobre los acontecimientos en el PCPE" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2019. Consultado o 6 de xuño de 2019. 
  6. "Comunicado del PT de Austria en relación a los acontecimientos en el PCPE" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2019. Consultado o 6 de xuño de 2019. 
  7. "Reflexiones del Secretario General del Partido Comunista (Italia)" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2019. Consultado o 6 de xuño de 2019. 
  8. "Acto internacional en Madrid: «Ni tierra, ni mar, ni aire para los imperialistas»" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2019. Consultado o 6 de xuño de 2019. 
  9. "Nota del Consejo Central de los CJC" (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2019. 
  10. "LOS COLECTIVOS DE JÓVENES COMUNISTAS RECONOCEN A ÁSTOR GARCÍA COMO SECRETARIO GENERAL DEL PCPE" (en castelán). 8 de maio de 2017. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2019. Consultado o 6 de xuño de 2019. 
  11. "220 cuadros del Partido y la Juventud en defensa del Partido" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2019. Consultado o 6 de xuño de 2019. 
  12. "El PCPE Euskal Herria en defensa del partido" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2019. Consultado o 6 de xuño de 2019. 
  13. "El PCPE Asturies en defensa del partido" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2019. Consultado o 6 de xuño de 2019. 
  14. "El PCPE Cantabria en defensa del partido" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2019. Consultado o 6 de xuño de 2019. 
  15. "Comunistas da Galiza-PCPE en defensa del partido" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2019. Consultado o 6 de xuño de 2019. 
  16. "El PCPE Madrid en defensa del partido" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2019. Consultado o 6 de xuño de 2019. 
  17. "PCPE Balears en defensa del partido" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2019. Consultado o 6 de xuño de 2019. 
  18. "El PCPE Canarias en defensa del partido" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2019. Consultado o 6 de xuño de 2019. 
  19. "El PCPE Castilla y León en defensa del partido" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2019. Consultado o 6 de xuño de 2019. 
  20. "Comunistes Catalans en defensa del partido" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2019. Consultado o 6 de xuño de 2019. 
  21. "Convocada la Conferencia Central del PCPE" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2019. Consultado o 6 de xuño de 2019. 
  22. "Hacia el XI Congreso (Extraordinario) del PCPE" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2019. Consultado o 6 de xuño de 2019. 
  23. "Paso al frente del comunismo español en el año del centenario" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2019. Consultado o 6 de xuño de 2019. 
  24. "Declaración de Secretario General del PCPE sobre las siglas del Partido y el fin de la usurpación de las mismas" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2020. Consultado o 6 de xuño de 2019. 
  25. "Candidaturas ás eleccións xerais 2019" (PDF). BOE (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2019. 
  26. "Resultados eleccións xerais 2019" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2019. Consultado o 7 de xuño de 2019. 
  27. "Candidaturas no BOE" (PDF) (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2019. 
  28. "Resultados eleccións europeas" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 7 de xuño de 2019. 
  29. "CP of the Workers of Spain, The PCTE stands for the European, local and autonomic elections on May 26" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2019. Consultado o 8 de xuño de 2019. 
  30. "Resultados en Torrelavega 2019". El País (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2019. 
  31. "Resultados eleccións novembro de 2019" (PDF) (en castelán). Consultado o 11 de abril de 2020. 
  32. "Candidatura no BOE" (PDF). BOE (en castelán). pp. 46892–46893. Consultado o 10 de xuño de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]