North European Basketball League
| Tipo | competición deportiva |
|---|---|
| Deporte | baloncesto |
| Localización e Datas | |
| País | Turquía e Estonia |
| Vixencia | 1998 – |
| Período de ocorrencia | 1 ano |
A North European Basketball League (NEBL) foi unha liga de curta vida fundada en 1998 por Šarūnas Marčiulionis. Esta liga foi o primeiro proxecto de liga comercial rexional de Europa, e inicialmente estaba formada polos mellores equipos de cinco países: Lituania, Letonia, Estonia, Suecia e Finlandia.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1999 tivo lugar a primeira edición, que contou con oito equipos dos países creadores. Logo a competición comezou perdendo as súas características rexionais, incluíndo equipos de Europa central (Polonia, Chequia), Europa occidental (Dinamarca, Alemaña, Bélxica, Países Baixos, Reino Unido) e o Leste de Europa (Rusia, Ucraína, Belarús); logo, do Sur de Europa (Bulgaria, Macedonia do Norte, Romanía, Serbia) e mesmo de Israel e Turquía. Na tempada 2001-02 participaron 31 equipos de 19 países (dende Israel a Reino Unido). A Final Four da NEBL xogouse sempre en Vilnius, Lituania.
Na tempada 2002 os mellores clubs coma o CSKA Moscova, o Žalgiris ou o Maccabi perderon o seu interese na competición en favor da nova e máis atractiva comercialmente Euroliga. Na tempada 2002-03 disputouse por última vez esta competición entre os catro equipos que non abandonaran a competición nunha Final Four. A NEBL transformouse máis tarde (dende o 2004) na actual Baltic Basketball League cos 10 mellores equipos de Lituania, Letonia e Estonia participando nela.
Tempadas
[editar | editar a fonte]| Tempada | Campión | Finalista | Total de equipos | Total de países |
| 1998-99 | 8 | 5 | ||
| 1999-00 | 14 | 9 | ||
| 2000-01 | 16 | 12 | ||
| 2001-02 | 31 | 19 | ||
| 2002-03 | 4 | 3 |