Orlando Contreras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Orlando Contreras Soto, nado na Habana o 22 de maio de 1930 e finado en Medellín o 9 de febreiro de 1994, foi un cantante cubano de boleros.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi un dos máis coñecidos cantantes de boleros, especialmente os de despeito, sendo chamado polos seus fanáticos "La Voz Romántica de Cuba". Iniciouse cantando en varios grupos musicais da Habana, entre eles o Trío de Arty Valdés. Máis tarde, de 1952 a 1956 actuou na orquestra de Neno González. Nesa orquestra acadou certa popularidade, até o punto de gravar un disco dun certo éxito. Ao tempo que traballaba na orquestra de Neno, tamén colaborou co Conjunto Casino. Logo converteuse en solista.