Oklahoma City Thunder
Oklahoma City Thunder | |
---|---|
Información xeral | |
Conferencia | Oeste |
División | Noroeste |
Fundación | 1967 |
Historia | Seattle SuperSonics (1967–2008) |
Cores | Azul, laranxa |
G League | Oklahoma City Blue |
Retirados | 7 (1, 10, 19, 24, 32, 43, Micrófono) |
Localización | |
Cidade | Oklahoma City, Oklahoma |
Pavillón | Chesapeake Energy Arena |
Capacidade | 18.203 espectadores |
Inauguración | 8 de xuño de 2002 |
Persoal | |
Propietario(s) | Professional Basketball Club LLC |
Director | Sam Presti |
Adestrador | Billy Donovan |
Títulos | |
Campión | 1 (1979) |
Conferencia | 4 (1978, 1979, 1996, 2012) |
División | 11 (1979, 1994, 1996, 1997, 1998, 2005, 2011, 2012, 2013, 2014, 2016) |
thunder.com |
Os Oklahoma City Thunder son un equipo americano profesional de baloncesto. Xogan na División Noroeste da Conferencia Oeste da National Basketball Association (NBA). Teñen a sede en Oklahoma City, Oklahoma. É o equipo sucesor dos Seattle Supersonics.
Historia da franquía
[editar | editar a fonte]Creación dos Thunder
[editar | editar a fonte]No período posterior ao Furacán Katrina en Nova Orleáns e en zonas circundantes, os New Orleans Hornets recolocáronse temporalmente en Oklahoma City, xogando a maioría dos seus partidos coma locais no Ford Center, nas tempadas 2005-06 e 2006-07. A cidade amosou que podía ter unha franquía da NBA, e o comisionado da NBA, David Stern, dixo que Oklahoma City podería ter unha franquía propia.[2]
En 2006, os SuperSonics foron vendidos por 350 millóns de dólares a un grupo de investidores de Oklahoma City, liderados por Clay Bennett, un movemento aprobado polos donos da NBA en outubro.[3] Bennett pasou a maioría do ano 2007 intentando fundar un novo pavillón ou facer unha gran remodelación do KeyArena. Despois de 12 meses de desacordos cos gobernos locais e estatais e o equipo, Bennett anunciou a súa intención de levar a franquía a Oklahoma City tan cedo coma o contrato co KeyArena expirara.[4]
En xuño de 2008, un xuízo entre a cidade de Seattle e Bennett sobre os intentos de Bennett de non cumprir os últimos dous anos que os Sonics tiñan por contrato co KeyArena foi ás cortes federais, e preto dun mes máis tarde, as dúas partes chegaron a un acordo. Os propietarios acordaron deixar o nome dos SuperSonics, o logo e as cores en Seattle para unha posible franquía da NBA no futuro.[5] O 3 de setembro de 2008, o nome do equipo, o logo e as cores para a franquía de Oklahoma City foron anunciados.
Pavillóns
[editar | editar a fonte]- Seattle Center Coliseum (1967-1978)
- The Kingdome (1978-1985)
- Seattle Center Coliseum (1985-1994)
- Tacoma Dome (durante a remodelación do KeyArena) (1994-1995)
- KeyArena (o antigo Seattle Center Coliseum) (1995-2008)
- Chesapeake Energy Arena (antes chamado Ford Center) (2008-presente)
Xogadores
[editar | editar a fonte]Equipo actual
[editar | editar a fonte]Oklahoma City Thunder 2021–2022 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | Adestradores | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
Números retirados
[editar | editar a fonte]Números retirados de Oklahoma City | |||
Xogadores | |||
No. | Xogador | Posición | Anos |
---|---|---|---|
1 | Gus Williams | Base | 1977 - 1984 |
10 | Nate McMillan | Base | 1987 - 1998 |
19 | Lenny Wilkens | Base | 1969 - 1972 |
24 | Spencer Haywood | Alero | 1971 - 1975 |
32 | Fred Brown | Base/Escolta | 1971 - 1984 |
43 | Jack Sikma | Pívot | 1978 - 1986 |
Adestradores | |||
No. | Adestrador | Vitorias/Derrotas | Anos |
19 | Lenny Wilkens | 121-125 357-277 |
1969 - 1972 1978 - 1985 |
Membros do Basketball Hall of Fame
[editar | editar a fonte]- Patrick Ewing: O ex-pívot de New York Knicks xogou nos Sonics durante a tempada 2000-01 da NBA.
- K.C. Jones: Tras ser incluído no Hall of Fame en 1989, Jones dirixiu aos Sonics en 1991 e 1992.
- Bill Russell: Despois de gañar 11 campionatos cos Boston Celtics coma xogador, Russell adestrou e liderou aos Sonics cara a súa primeira participación en playoffs en 1975 (estivo no equipo dende 1973 ata 1977).
- Lenny Wilkens: Xogou de base e máis tarde de adestrador-xogador. Entrou no Hall of Fame en dúas ocasións; coma xogador en 1989 e coma adestrador en 1998. Wilkens adestrou aos Sonics campións de 1979 e é o adestrador líder en vitorias-derrotas da historia.
Galardóns individuais
[editar | editar a fonte]
|
Primeiro Equipo Defensivo da NBA
Segundo Equipo Defensivo da NBA
Primeiro Equipo de Rookies da NBA
Segundo Equipo de Rookies da NBA
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ford Center / Oklahoma City, Oklahoma". Arena Digest. 2008. Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2008. Consultado o 2008-05-05.
- ↑ "Stern: Oklahoma City top candidate if team moves". ESPN. 2005-11-09. Consultado o 2008-07-19.
- ↑ "NBA approves sale of Sonics, Storm". ESPN. October 24, 2006. Consultado o 2008-07-02.
- ↑ Johns, Greg (2007-11-02). "Bennett says Sonics going to Oklahoma". Seattle Post-Intelligencer. Consultado o 2008-04-02.
- ↑ "SuperSonics, Seattle reach last-minute settlement". ESPN.com. Consultado o 2008-07-02.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial dos Thunder (en inglés)
- Oklahoma City Thunder Arquivado 11 de abril de 2016 en Wayback Machine. @ Basketball-Reference.com (en inglés)