Saltar ao contido

Gabriel Deck

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGabriel Deck
Biografía
Nacemento8 de febreiro de 1995 Editar o valor en Wikidata (31 anos)
Añatuya Editar o valor en Wikidata
Altura201 cm Editar o valor en Wikidata
Peso102 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2010 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaArxentina Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Real Madrid Baloncesto
  Selección nacional Número de eventos xogados
  Arxentina
Participou en
2021Basquetebol nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 - Masculino (pt) Traducir (7º)
11 de agosto de 2019Xogos Panamericanos de 2019
2019Campionato do Mundo de Baloncesto de 2019
2017Copa FIBA Américas de 2017
2016Basquetebol nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 – Torneio masculino (pt) Traducir (8º)
2015Copa América de Basquetebol Masculino de 2015 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Twitter: gabriel_deck Editar o valor en Wikidata

Gabriel Alejandro Deck, nado o 8 de febreiro de 1995 en Añatuya,[1] Santiago del Estero, é un xogador arxentino de baloncesto profesional. Xoga de ala no Real Madrid da Liga ACB. Formou parte de diversos equipos da selección arxentina en categorías formativas.

Traxectoria profesional

[editar | editar a fonte]

Debutou na liga Nacional de Básquet vestindo á camiseta de Quimsa o 15 de xaneiro de 2010, enfrontándose a Quilmes de Mar del Plata.

Na tempada 2016-17 fichou por San Lorenzo, club co que gañou o campionato de Liga, resultando ademais elixido MVP das finais.[2]

Ao ano seguinte gañou co seu club a liga das Américas, sendo tamén elixido MVP do torneo. Igualmente gañou a liga Nacional, sendo declarado MVP tanto da tempada regular como das finais. Ao terminar a tempada asinou contrato por tres anos co Real Madrid.[3][4]

O 12 de abril de 2021, Deck asinou por varios anos cos Oklahoma City Thunder da National Basketball Association (NBA).[5]

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Deck xogou para a Selección arxentina no Campionato Mundial de Baloncesto Sub-19 de 2013. Tendo unha media de 21.5 puntos e 7.2 rebotes en oito partidos no torneo Mundial FIBA Sub-17 de 2012, Deck foi goleador do torneo e ademais integrou o quinteto ideal xunto a outras grandes promesas como Dante Exum, Mario Hezonja, Justise Winslow e Jahlil Okafor. En abril de 2013, Deck participou no Nike Hoop Summit de 2013 para o equipo da Selección Mundial disputando tan só 8 minutos na vitoria 112-98 sobre a Selección Xuvenil de USA. En 2013 foi campión mundial fiba 3×3 sub18 -fiba 3×3 ou18 world championship- en Iacarta, Indonesia en 2013. Tamén foi pre-seleccionado no equipo do Campionato Mundial de 2014, aínda que finalmente non formou parte da lista definitiva. O seu torneo máis importante a nivel xuvenil é o fiba3x3 ou18 en Iacarta, Indonesia 2013, onde foi campión mundial. En 2015, volveu formar parte da lista de 20 xogadores do adestrador Sergio Hernández con vista aos Xogos Panamericanos e foi parte do equipo que competiu no Campionato FIBA Américas disputado en Cidade de México, obtendo a clasificación aos Xogos Olímpicos de 2016 e o segundo posto neste torneo.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Campionatos nacionais

[editar | editar a fonte]

Campionatos internacionais

[editar | editar a fonte]

Galardóns persoais

[editar | editar a fonte]
  • MVP das finais da liga das Américas: 2018.
  • MVP das Finais da liga Nacional de Básquet: 2016-17, 2017-18.
  • MVP da Tempada da LNB: 2017-18.
  • Mellor quinteto da liga Nacional de Básquet: 2016-17, 2017-18.
  • Mellor xogador nacional da LNB: 2017-18.
  • Mellor Xogador U23 da LNB: 2017-18.
  • Xogo das Estrelas da liga Nacional de Básquet: 2015.
  • Xogador de Maior Progreso da liga Nacional de Básquet: 2014-15.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]