Ofensiva talibá de 2021

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mapa de Afganistán que amosa a ofensiva talibá (15 de agosto de 2021).

A ofensiva talibá de 2021 é unha campaña militar dos talibáns e os grupos militantes contra o goberno de Afganistán e os seus aliados que empezou o 1 de maio de 2021,[1][2][3] cadrando coa retirada da tropas dos Estados Unidos e os seus aliados.[4]

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Dende a invasión de Estados Unidos de 2001 houbo focos de resistencia talibá. Na década de 2010 a diminución de tropas occidentais foi aproveitada polos talibáns para ir facendo avances e ocupar territorio afgán. Os intentos por lograr unha saída negociada ao conflito non deron resultado máis alá de treguas puntuais como as das festividades relixiosas festividades de Eid al-Fitr e Eid al-Adha en 2018.[5][6]

O 29 de febreiro de 2020, Estados Unidos e os talibáns chegaron a un acordo de paz,[7] logo do cal, Estados Unidos e a OTAN fixaron en 14 meses o prazo para retirada de Afganistán.[8] Paralelamente, a administración de Donald Trump patrocinou negociacións entre ao goberno de Afganistán e aos talibáns en Doha (Qatar) en setembro de 2020. Con todo non houbo resultados deste diálogo intra-afgán.[9] A retirada definitiva dos soldados dos Estados Unidos foi adiada polo presidente Joe Biden. Buscando ter os efectivos de volta para a conmemoración do vixésimo aniversario do 11S,[10] fixou a data de regreso dos derradeiros continxentes para o 31 de agosto de 2021.[11]

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

Dende o comezo a ofensiva salientou polas rápidas conquistas territoriais dos talibáns,[12] así como as súas ramificacións nacionais e internacionais.[13] A partir da primavera de 2021, e durante os primeiros tres meses da ofensiva, os talibáns fixeron avances significativos nas zonas rurais, incrementando o número de distritos controlados de 73 a 223, illando progresivamente os centros urbanos[14].[15] Paralelamente, os talibáns lograron un importante fito diplomático cando, en xullo de 2021, Abdul Ghani Baradar visitou en China ao ministro de exteriores da República Popular chinesa pois o cumio outorgoulle lexitimidade ao movemento talibán.[16]

Os feitos precipitáronse dende o 6 de agosto, cando os talibáns capturaron Zaranj, cidade do suroeste do país preto da fronteira iraniana e que foi a primeira capital de provincia capturada.[17] Nos días seguintes, entre o 7 e o 9 de agosto os talibáns centraron o seu avance no norte, conseguindo a toma de Qunduz, un enclave estratéxico no paso cara Asia Central e as zonas mineiras.[18] A incapacidade das forzas armadas para frealos fixo que pouco tempo, os insurxentes, controlaron máis da metade das trinta e catro capitais provinciais de Afganistán,[19][20][21] e o 10 de agosto, os talibáns apoderáranse do 65% da área do país.[22] Para o 13 de agosto os talibáns gañaran dúas das cidades máis importantes de Afganistán: Herat,[23] terceira urbe do país, e Kandahar,[24] a máis poboada logo de Cabul.

Logo de Kandahar, os talibáns comezaron a cercar Cabul, a capital.[25] Nesa altura o temor dun colapso do Estado afgán estendeuse entre as capitais occidentais que comezaron a organizar plans de repatriación dos seus cidadáns.[26][27] Aínda que o 10 de agosto, os oficiais estadounidenses estimaron que Cabul podería caer en poder dos talibáns en 30 a 90 días,[28] os talibáns confiaban en facerse con ela de forma inminente.[29] Finalmente, o 15 de agosto, Associated Press informou que os talibáns chegaran a Cabul.[30] Ademais, fíxose público de que o presidente Ashraf Ghani fuxira do país, caendo o goberno da República.[31] Tamén ese día as forzas afgás entregaran a base aérea de Bagram.[32] Aínda que os talibáns dixeron que agardaban unha transferencia do poder, entraron na cidade xustificando a decisión por cuestións de orde pública e ocuparon o Palacio Presidencial.[33][34] Logo destes feitos, Abdul Ghani Baradar proclamou dende Doha (Qatar) a vitoria do movemento talibán.[35]

Ante está situación Estados Unidos asegurouse o control do aeroporto de Cabul para evacuar ao persoal diplomático e cidadáns americanos e dos países aliados que nas horas previas á entrada dos talibáns na capital deran orde de abandonar o país.[36] Mais, a afluencia de moitos afgáns que, temerosos dos talibáns, buscaban obter refuxio provocaron problemas na xestión do aeródromo e escenas de pánico.[37][38]

Reaccións[editar | editar a fonte]

A toma do poder talibán causou unha fonda preocupación na comunidade internacional polo respecto do novo goberno cara os dereitos humanos, especialmente das mulleres.[39] Nos seus primeiros anuncios, procuraron calmar estes temores. Así, o voceiro dos talibán, Zabiullah Mujahid, afirmou que se respectarían os dereitos das mulleres "dentro da lei islámica", unha amnistía para os que traballaron para os países estranxeiros e para administración afgá, e o compromiso de non protexer a Al Qaida ou outros grupos terroristas.[40]  Mais aos poucos días sucedéronse as novas sobre violacións dos dereitos humanos por parte dos talibáns. Deste xeito, os medios de comunicación informaron da morte de persoas que protestaban contra os talibáns en manifestacións espontáneas.[41] Doutra parte, a ONU recibiu un informe que alertaba da elaboración de listas de colaboradores dos países occidentais para a súa persecución e de quebrantamentos dos dereitos da muller e a infancia,[42][43] e Amnistía Internacional reportou a "tortura e morte" de nove homes da comunidade hazara.[44]

A caída do goberno de Afganistán e das súas forzas armadas, que durante case 20 anos foran sostidas por Estados Unidos e os países da OTAN provocou críticas nos Estados Unidos e os seus aliados. Mentres que o presidente dos Estados Unidos, Joe Biden, e o secretario xeral da OTAN, Jens Stoltenberg, afirmaron que se cumpriran cos obxectivos que motivaran a intervención de 2001;[45][46] en Europa as voces foron máis críticas cuestionando o xeito da retirada.[47][48][49] O xeneral Mark Milley, xefe do Estado Maior das forzas armadas Estados Unidos, cualificou como "un éxito loxístico pero un fallo estratéxico" a retirada das tropas de Afganistán ante o comité de defensa do Senado o 28 de setembro de 2021.[50]

Fronte a implantación dun novo réxime talibán organizouse unha resistencia no val do Panjshir dirixida por Ahmad Massoud, a quen se lle uniría o vicepresidente con Ghani, Amrullah Saleh.[51][52] O 18 de agosto de 2021, nun chamamento internacional pediu a axuda loxística e militar aos países occidentais para a resistencia, agora denominada Fronte Nacional de Resistencia.[53] Este grupo estaría integrado por máis de 6 000 persoas.[54] Con todo, algúns analistas internacionais dubidaron da súa operatividade nun enfrontamento armado considerando que o seu obxectivo sería influír nas negociacións cos talibáns.[55] O 22 de agosto, os talibáns fixeron público que centos dos seus soldados ían cara o val do Panjshir para controlalo, Massoud reafirmouse na súa vontade de diálogo aínda que advertiu aos talibáns de que estaban dispostos á loita.[56]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Taliban launches major Afghan offensive after deadline for U.S. pullout". Reuters. 4 de maio de 2021. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2021. Consultado o 7 de agosto de 2021. 
  2. De Luce, Dan; Yusufzai, Mushtaq; Smith, Saphora (25 de xuño de 2021). "Even the Taliban are surprised at how fast they're advancing in Afghanistan". NBC News. Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2021. Consultado o 8 de xullo de 2021. 
  3. Roggio, Bill (15 de xullo de 2021). "Nearly half of Afghanistan's provincial capitals under threat from Taliban". FDD's Long War Journal. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2021. Consultado o 16 de xullo de 2021. 
  4. Robertson, Nic (24 de xuño de 2021). "Afghanistan is disintegrating fast as Biden's troop withdrawal continues". CNN. Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2021. Consultado o 9 de xullo de 2021. 
  5. Shalizi, Hamid (2018-06-07). "Afghanistan announces Eid ceasefire with Taliban until June 20". Reuters (en inglés). Consultado o 2021-08-20. 
  6. Miner, Louise (2018-08-19). "Afghanistan: A ceasefire starts Monday for Eid al-Adha". euronews (en inglés). Consultado o 2021-08-20. 
  7. "Agreement for Bringing Peace to Afghanistan between the Islamic Emirate of Afghanistan which is not recognized by the United States as a state and is known as the Taliban and the United States of America" (PDF). state.gov. Consultado o 20-8-2021. 
  8. Staff, Reuters (2020-02-29). "U.S. to withdraw troops from Afghanistan in 14 months if Taliban conditions met". Reuters (en inglés). Consultado o 2021-08-20. 
  9. Qazi, Shereena. "Qatar to host long-awaited intra-Afghan talks from Saturday". www.aljazeera.com (en inglés). Consultado o 2021-08-27. 
  10. "Biden to withdraw all troops from Afghanistan by September". NBC News (en inglés). Consultado o 2021-08-23. 
  11. "Remarks by President Biden on the Drawdown of U.S. Forces in Afghanistan". The White House (en inglés). 2021-07-08. Consultado o 2021-08-23. 
  12. "Taliban forces rapidly gaining ground in Afghanistan as U.S. leaves". NBC News (en inglés). Archived from the original on 07 de xullo de 2021. Consultado o 2021-08-23. 
  13. Baker, Rodger. "Challenging Our Understanding of the Taliban". Stratford. 
  14. Roggio, Bill (25 de xullo de 2021). "Mapping Taliban Contested and Controlled Districts in Afghanistan". FDD's Long War Journal. Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2021. Consultado o 12 de xullo de 2021. 
  15. "Special Inspector General for Afghanistan Reconstruction, Quarterly Report to Congress, July 31, 2021 [Security Contents], 34 pp.". nsarchive.gwu.edu. 
  16. "Chinese officials and Taliban meet, in sign of warming ties". www.aljazeera.com (en inglés). Consultado o 2021-08-23. 
  17. "Zaranj becomes first afghan provincial capital to fall to taliban". VoA News. 
  18. Cullison, Yaroslav Trofimov and Alan (2021-08-08). "Taliban Seize Key Target Kunduz, Other Cities in Northern Afghanistan". Wall Street Journal (en inglés). ISSN 0099-9660. Consultado o 2021-08-23. 
  19. "Taliban sweep across Afghanistan's south, take 3 more cities". AP NEWS (en inglés). 13 de agosto de 2021. Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2021. Consultado o 2021-08-13. 
  20. Akhgar, Tameem; Faiez, Rahim; Krauss, Joseph (14 de agosto de 2021). "Taliban capture key northern city, approach Afghan capital". Associated Press News. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2021. Consultado o 14 de agosto de 2021. 
  21. "Taliban gains control of Jalalabad, one of two cities in Afghan control". The Jerusalem Post | JPost.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2021. Consultado o 15 de agosto de 2021. 
  22. "Taliban controls 65% of Afghanistan as rapid advance continues: E.U. official - National | Globalnews.ca". Global News (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2021. Consultado o 11 de agosto de 2021. 
  23. "Afghanistan : les talibans s'emparent de Hérat, troisième ville du pays". Franceinfo (en francés). 2021-08-12. Consultado o 2021-08-23. 
  24. Bizarro, Teresa (2021-08-13). "Talibãs conquistam Kandahar". euronews (en portugués). Consultado o 2021-08-23. 
  25. Dozier, Kimberly; August 13, W. J. Hennigan; Edt, 2021 5:53 Pm. "Americans and Afghans Brace for the Siege of Kabul". Time (en inglés). Consultado o 2021-08-23. 
  26. "Statement by President Joe Biden on Afghanistan". The White House (en inglés). 2021-08-14. Consultado o 2021-08-23. 
  27. Gadzo, Tamila Varshalomidze,Mersiha. "Afghanistan ‘spinning out of control’ amid Taliban offensive: UN". www.aljazeera.com (en inglés). Consultado o 2021-08-23. 
  28. Lamothe, Dan; Hudson, John; Harris, Shane; Gearan, Anne (10 de agosto de 2021). "U.S. officials warn collapse of Afghan capital could come sooner than expected". The Washington Post. Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2021. Consultado o 11 de agosto de 2021. 
  29. "Taliban expected to reach Afghan capital Kabul 'in seven days', ITV News learns". ITV News (en inglés). 2021-08-13. Consultado o 2021-08-23. 
  30. "Taliban sweep into Afghan capital after government collapses". AP NEWS (en inglés). 2021-08-15. Consultado o 2021-08-23. 
  31. CNN, Clarissa Ward, Tim Lister, Angela Dewan and Saleem Mehsud. "Afghan President Ashraf Ghani flees as Taliban enters the capital". CNN. Consultado o 2021-08-23. 
  32. "Afghan forces surrender Bagram air base to Taliban". The Economic Times. Consultado o 2021-08-23. 
  33. "Afghan president says he left country to avoid bloodshed". Reuters (en inglés). 2021-08-15. Consultado o 2021-08-23. 
  34. Seir, Ahmed; Faiez, Rahim; Akghar, Tameem; Gambrell, John. "Official: Taliban negotiators head to presidential palace". Associated Press. Associated Press. Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2021. Consultado o 15 de agosto de 2021. 
  35. "Os talibáns declaran a vitoria e milleiros de civís intentan fuxir de Afganistán" (crtvg.gal). 16-8-2021. Consultado o 20-8-2021. 
  36. "Afghanistan: US takes control of Kabul airport to evacuate staff". BBC News (en inglés). 2021-08-16. Consultado o 2021-08-20. 
  37. "Afghanistan crisis: Chaos at Kabul airport amid scramble to evacuate". BBC News (en inglés). 2021-08-18. Consultado o 2021-08-20. 
  38. Scarr, Simon; Hern, Marco; ez; Foo, Wen; Sharma, Manas; An; Katakam. "Chaos in Kabul". Reuters (en inglés). Consultado o 2021-08-23. 
  39. "As the Taliban return, Afghanistan's past threatens its future". History (en inglés). 2021-08-15. Consultado o 2021-08-20. 
  40. "Transcript of Taliban’s first news conference in Kabul". www.aljazeera.com (en inglés). Consultado o 2021-08-20. 
  41. "Several killed after Taliban fire on protesters in Afghan city: Report". Hindustan Times (en inglés). 2021-08-19. Consultado o 2021-08-20. 
  42. "Afghanistan: Taliban carrying out door-to-door manhunt, report says". BBC News (en inglés). 2021-08-20. Consultado o 2021-08-20. 
  43. "Afghanistan women’s rights are ‘red line’, UN rights chief tells States". news.un.org. 
  44. "Afghanistan: Taliban responsible for brutal massacre of Hazara men – new investigation". Amnesty International (en inglés). 2021-08-19. Consultado o 2021-08-20. 
  45. Macias, Amanda (2021-08-17). "NATO blames the 'failure of Afghan leadership' for Taliban's swift takeover". CNBC (en inglés). Consultado o 2021-08-27. 
  46. "Remarks by President Biden on Afghanistan". The White House (en inglés). 2021-08-16. Consultado o 2021-08-27. 
  47. "U.K., French, German leaders blast Biden over Afghanistan: "We thought America was back"". Newsweek (en inglés). 2021-08-19. Consultado o 2021-08-27. 
  48. "Disbelief and betrayal: Europe reacts to Biden’s Afghanistan ‘miscalculation’". POLITICO (en inglés). 2021-08-16. Consultado o 2021-08-27. 
  49. "'Imbecilic': Ex-UK leader Tony Blair slams Afghan withdrawal". AP NEWS (en inglés). 2021-08-22. Consultado o 2021-08-27. 
  50. "US Afghanistan withdrawal a ‘logistical success but strategic failure’, Milley says". the Guardian (en inglés). 2021-09-28. Consultado o 2021-10-16. 
  51. ""Nous, Afghans, n'avons même pas vraiment perdu de bataille, puisque Kaboul ne s'est pas battue"". LExpress.fr (en francés). 2021-08-16. Consultado o 2021-08-20. 
  52. "Afghan envoy says hold-out Panjshir province can resist Taliban rule". Reuters (en inglés). 2021-08-18. Consultado o 2021-08-20. 
  53. Babur, Hugh Tomlinson, Humayoon. "Afghan resistance leader appeals to West for weapons and help" (en inglés). ISSN 0140-0460. Consultado o 2021-08-20. 
  54. "Anti-Taliban leader Massoud says negotiation only way forward". Reuters (en inglés). 2021-08-22. Consultado o 2021-08-22. 
  55. "Afghan holdout will struggle against Taliban assault, say analysts". France 24 (en inglés). 2021-08-20. Consultado o 2021-08-22. 
  56. "Taliban will face resistance if they try to seize Panjshir valley: Ahmad Massoud". Al Arabiya English (en inglés). 2021-08-22. Consultado o 2021-08-22. 


Véxase tamén[editar | editar a fonte]