Jens Stoltenberg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jens Stoltenberg
Jens Stoltenberg.jpg
Jens Stoltenberg
Coat of arms of Norway.svg
27º Primeiro Ministro de Noruega
Período 17 de outubro de 200516 de outubro de 2013
Antecesor Kjell Magne Bondevik
Datos persoais
Nacemento 16 de marzo de 1959
Lugar Oslo
Lugar ]
Organización Partido dos Traballadores Noruegueses
Cónxuxe Ingrid Schulerud
Profesión Economista

Jens Stoltenberg, nado o 16 de marzo de 1959, é un economista e político noruegués, que foi primeiro ministro de Noruega e dúas ocasións e antigo líder do Partido dos Traballadores Noruegueses. Designado como secretario xeral da OTAN a partir do 1 de outubro de 2014.

Carreira[editar | editar a fonte]

O seu pai, Thorvald Stoltenberg, é un dos políticos máis prominentes de Noruega, chagando ocupar o cargo Ministro de Asuntos Exteriores de Noruega. A súa nai, Karin Stoltenberg tamén foi ministra. Jens Stoltenberg foi educado na Universidade de Oslo.

Durante o seu primeiro mandato como primeiro ministro (2001 a 2002) foi polémico dentro do seu propio partido, xa que privatizou varias empresas estatais. Nas eleccións parlamentarias do 10 de setembro de 2001 o partido sufriu un dos seus peores resultados: 24% dos votos. Nas eleccións parlamentarias de 2005, o partido gañou as eleccións, logo dunha coalición co Partido Socialista de Esquerda e o Partido Centro. O segundo mandato de Stoltenberg como primeiro ministro comezou o 17 de outubro de 2005. Está casado con Ingrid Schulerud e ten dous fillos.

O 22 de xullo de 2011, estoupou unha ou varias bombas na rúa onde están as oficinas do primeiro ministro, matando polo menos a sete persoas e ferindo a outras. Stoltenberg non estaba no seu despacho no momento dos estoupidos. Unhas horas máis tarde, un home armado e vestido de policía matou a 84 persoas en Utøya, unha illa a uns corenta quilómetros de Oslo onde se celebraba o acampamento anual das mocidades do Partido dos Traballadores Noruegueses. A policía detivo ao home que realizou os disparos, un cidadán noruegués de 32 anos de ideoloxía ultradereitista e islamófoba.[1]


Predecesor:
Kjell Magne Bondevik
Coat of arms of Norway.svg
Primeiro Ministro de Noruega

2000 - 2001
Sucesor:
Kjell Magne Bondevik
Predecesor:
Kjell Magne Bondevik
Primeiro Ministro de Noruega
2005 - 2013
Sucesor:
Erna Solberg
Predecesor:
Anders Fogh Rasmussen
Flag of NATO.svg
Secretario xeral da OTAN

2014 -
Sucesor:
no cargo

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]