Noia FS
Noia Portus Apostolis FS | |
---|---|
Nome | Club Noia Fútbol Sala |
Fundación | 2008 |
Estadio | Agustín Mourís, Noia, Galicia |
Capacidade | 600 |
Presidente | Severino Barreiro |
Adestrador | Marlon Velasco |
Liga | Primeira División |
2022/23 | 8º |
Na rede | |
https://www.noiafutbolsala.com | |
O Noia Fútbol Sala, coñecido como Noia Portus Apostolis, é un equipo de fútbol sala da localidade de Noia, na provincia da Coruña. Fundado en 2008, actualmente xoga na Primeira División da Liga nacional de fútbol sala.
Historia
[editar | editar a fonte]O equipo fundouse en 2008[1] e comezou a xogar na terceira categoría, chamada entón 1ª Nacional A. Xogou nesa categoría durante 9 tempadas consecutivas, as últimas baixo a denominación de Segunda B.
Na tempada 2016/17, o equipo proclámase campión do grupo 1 da Segunda División B. Caeu eliminado na promoción de ascenso contra o Cerro Reyes.[2] No entanto, dous equipos perderon a súa praza na Segunda División por non cumprir os requisitos da categoría: o Jumilla e o propio Cerro Reyes.[2] Finalmente, o Noia ocupou unha desas prazas.[3]
Na súa primeira tempada na categoría de prata, o equipo acabou en postos de descenso, pero viuse beneficiado polos problemas económicos do Puertollano, que provocaron o descenso administrativo deste e a permanencia do Noia. Na tempada 2020/21, marcada pola pandemia de COVID-19, o Noia conseguiu acabar a primeira fase no primeiro lugar da clasificación, repetindo liderado na segunda fase cunha ampla vantaxe sobre o segundo. Así, accedeu aos play-offs polo ascenso, pero caeu eliminado nas semifinais diante do CD El Ejido.[4] Nesa mesma campaña acadou tamén a súa primeira final da Copa Galicia, perdendo diante do Burela.[5]
Na tempada 2021/22 proclamouse campión de Segunda, conseguindo así o ascenso directo con cinco xornadas de antelación.[6] O equipo dirixido por Marlon Velasco rematou a liga con 82 puntos, 18 máis que o segundo clasificado, o Peñíscola.[7] Redondeou a campaña levantando en Marín o seu primeiro título da Copa Galicia, ao derrotar na final ao Parrulo tras unha quenda de penaltis.[8]
Na súa primeira campaña na Primeira Divisón, o Noia conseguiu a clasificación para os play-offs polo título, ao rematar a liga regular na oitava praza. Conseguiu 10 vitorias, entre elas un histórico triunfo contra o FC Barcelona, vixente campión de liga e Champions League, na primeira visita do equipo galego ao Palau (3-4).[9] Con todo, quedou eliminado nos cuartos de final, perdendo ante o Palma Futsal tanto na ida (8-2) como na volta (3-4).[10]
Datos do club
[editar | editar a fonte]Últimas tempadas
[editar | editar a fonte]Tempada | Categoría | Posto |
---|---|---|
2008/09 | 1ª Nacional A | 12º |
2009/10 | 1ª Nacional A | 5º |
2010/11 | 1ª Nacional A | 2º |
2011/12 | 2ª División B | 5º |
2012/13 | 2ª División B | 1º |
2013/14 | 2ª División B | 3º |
2014/15 | 2ª División B | 4º |
2015/16 | 2ª División B | 1º |
2016/17 | 2ª División B | 1º |
2017/18 | 2ª División | 14º |
2018/19 | 2ª División | 10º |
2019/20 | 2ª División | 8º |
2020/21 | 2ª División | 3º |
2021/22 | 2ª División | 1º |
2022/23 | 1ª División | 8º |
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Segunda División (1): 2021/22.
- Segunda División B (3): 2012/13, 2015/16, 2016/17.
- Terceira División (1): 2007/08.
- Copa Galicia (2): 2021/22, 2022/23.
- Copa Deputación (1): 2015/2016.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Noia Portus Apostolis: Toda la información del club". LNFS.
- ↑ 2,0 2,1 "El Noia podría ascender al quedar dos puestos libres en Segunda División". La Voz de Galicia. 7 de xullo de 2017. Consultado o 30 de decembro de 2019.
- ↑ "El Noia jugará la próxima temporada en Segunda". La Voz de Galicia. 10 de xullo de 2017. Consultado o 30 de decembro de 2019.
- ↑ Sevilla, Álvaro (15 de maio de 2021). "El Noia Portus Apostoli se despide del ascenso de la forma más amarga (1-2)" (en castelán). Consultado o 30 de maio de 2023.
- ↑ "Burela P. Rubén se lleva la Copa Galicia al derrotar al Noia Portus Apostoli" (en castelán). 10 de xaneiro de 2021. Consultado o 30 de maio de 2023.
- ↑ "O Noia Portus Apostoli logra un ascenso histórico a Primeira División". 29 de mar. de 2022. Consultado o 30 de maio de 2023.
- ↑ "El histórico debut del Noia Portus Apostoli en Primera, protagonista en LaLigaSportsTV" (en castelán). 1 de decembro de 2022. Consultado o 30 de maio de 2023.
- ↑ "O Noia Portus Apostoli, campión da Copa Galicia tras derrotar ao O Parrulo". Real Federación Galega de Fútbol. 17 de maio de 2022. Consultado o 30 de maio de 2023.
- ↑ "El Noia Portus Apostoli hace historia y tumba al campeón de Europa (3-4)". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de abril de 2023. Consultado o 30 de maio de 2023.
- ↑ "El Mallorca Palma FutSal no da opción a un Noia que lucho hasta el final" (en castelán). 29 de maio de 2023. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2023. Consultado o 30 de maio de 2023.