A liga estivo composta por dúas partes, a tempada regular e as eliminatorias polo título. A tempada regular contou por última vez con 18 equipos que se enfrontaron todos entre si na casa e fora ó longo de 34 xornadas. Ó remate da tempada regular os 8 primeiros da táboa decidiron o título nas eliminatorias finais. As eliminatorias de cuartos de final e semifinais foron ó mellor de 3 encontros, mentres que a final foi ó mellor de 5 encontros. Para pasar dunha liga de 18 equipos a unha liga de 16, ó remate da tempada, amais do descenso dos 2 últimos equipos da táboa, xogouse unha eliminatoria de permanencia entre os equipos clasificados entre a 13ª e a 16ª posición. Os dous equipos derrotados tamén descenderon á División de Prata.