Supercopa de España de Fútbol Sala
Aparencia
A Supercopa de España de fútbol sala é un torneo organizado pola Liga Nacional de Fútbol Sala dende o ano 1990.
Nun principio esta competición era disputada polo campión da División de Honra e o da Copa de España, seguindo o modelo da Supercopa de España de Fútbol, e se un equipo gañaba os dous títulos se lle outorgaba automaticamente o título de campión da Supercopa. Dende o ano 2006 é disputada por catro equipos, incluíndo ao subcampión da Liga e ao equipo anfitrión, disputándose eliminatorias a partido único cunha quenda de penaltis no caso de empate ao finalizar o tempo regulamentario e os 5 minutos de prórroga.
Historial
[editar | editar a fonte]Palmarés
[editar | editar a fonte]Equipo | Campión | Subcampión | Anos campión |
---|---|---|---|
Inter Movistar | 10 | 3 | 1990, 1991, 1996, 2001, 2002, 2003, 2005, 2007, 2008 e 2011 |
ElPozo Murcia Turística | 4 | 3 | 1995, 2006, 2009 e 2012 |
Caja Segovia | 3 | 1 | 1998, 1999 e 2000 |
Marsanz Torrejón | 2 | 1 | 1992 e 1994 |
CLM Talavera | 1 | 2 | 1997 |
Playas de Castellón | 1 | 2 | 2004 |
Xacobeo Lobelle Santiago | 1 | 2 | 2010 |
P.Lepanto Zaragoza | 1 | 1 | 1993 |
Maspalomas Sol Europa | 0 | 2 | |
Armiñana Valencia | 0 | 1 | |
Azkar Lugo | 0 | 1 | |
FC Barcelona Alusport | 0 | 1 |