División de Honra da LNFS 1997-98

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A tempada 1997-98 da División de Honra da LNFS foi a 9ª edición da máxima competición ligueira do fútbol sala en España. O torneo comezou o 13 de setembro de 1997 e rematou o 21 de xuño de 1998 co derradeiro encontro da final, que deu como resultado o primeiro título de liga na historia desta competición a prol do ElPozo Murcia.

A liga estivo composta por dúas partes, a tempada regular e as eliminatorias polo título. A tempada regular contou con 18 equipos que se enfrontaron todos entre sí na casa e fora ó longo de 34 xornadas. Non obstante, o Sego Zaragoza foi eliminado da competición a 9 xornadas do remate da tempada por non presentarse a mais dun encontro, e a táboa final da liga tivo en conta só 15 equipos e 32 xornadas. Ó remate da tempada regular os 8 primeiros da táboa decidiron o título nas eliminatorias finais. As eliminatorias de cuartos de final e semifinais foron ó mellor de 3 encontros, mentres que a final foi ó mellor de 5 encontros.

Tempada regular[editar | editar a fonte]

Eliminatorias polo título[editar | editar a fonte]

Cuartos de final Semifinal Final
                   
       
  1 Caja Segovia FS  2
  8 Yumas Valencia  0  
  1 Caja Segovia FS  0
    4 CLM Talavera  2  
  4 CLM Talavera  2
  5 Playas de Castellón  1  
  1 CLM Talavera  2
    2 ElPozo Murcia  3
  2 ElPozo Murcia  2
  7 Industrias García  0  
  2 ElPozo Murcia  2
    3 Boomerang Interviú  0  
  3 Boomerang Interviú  2
  6 Caja S.Fernando Jerez  0  


O ElPozo Murcia proclamouse campión desta edición 1997-98 da División de Honra da LNFS.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]