Primeira División da LNFS 2011-12
| Tipo | Primeira División da LNFS |
|---|---|
| Deporte | fútbol sala |
| Organizador | Liga Nacional de Fútbol Sala |
| Número de participantes | 16 |
| Localización e Datas | |
| País | España |
| Período | tempada 2011-2012 |
| Intervalo de tempo | 9 de setembro de 2011 – 25 de xuño de 2012 |
| Número de edición | 23 |
| Competición | |
| Primeiro posto | FC Barcelona Futsal |
A tempada 2011-12 da Primeira División da LNFS foi a 23ª edición da máxima competición ligueira do fútbol sala en España.
A liga estivo composta por dúas partes, a tempada regular e as eliminatorias polo título. A tempada regular contou con 16 equipos que se enfrontaron todos entre si na casa e fora ó longo de 30 xornadas. Ó remate da tempada regular os 8 primeiros da táboa loitaron polo título nas eliminatorias finais, rematando nas mans do FC Barcelona Alusport por 2º ano consecutivo.
Tempada regular
[editar | editar a fonte]
Actualizado o 15 de maio de 2012, tralo remate da liga regular. O Benicarló FC quedou fora da competición por razóns económicas. |
Pts = Puntos; Xog = Encontros xogados; G = Encontros gañados; E = Encontros empatados; P = Encontros perdidos; G+ = Goles a prol; G- = Goles encaixados; Dif = Diferenza de goles
|
A pesar das posicións acadadas polos equipos, ó remate da tempada producíronse algúns descensos de categoría por razóns económicas, como as de Carnicer Torrejón (7º na liga) e OID Talavera (11º na liga), que acompañaron a Benicarló FS e Reale Cartagena, descendidos polos resultados deportivos.
Eliminatorias polo título
[editar | editar a fonte]Os cuartos de final e as semifinais disputáronse ó mellor de 3 encontros, mentres que a final disputouse ó mellor de 5 encontros.

| Cuartos de final | Semifinal | Final | ||||||||
| 1 - ElPozo Murcia | 2 | |||||||||
| 8 - Umacon Zaragoza | 1 | |||||||||
| 1 - ElPozo Murcia | 2 | |||||||||
| 4 - Caja Segovia | 1 | |||||||||
| 4 - Caja Segovia | 2 | |||||||||
| 5 - Lobelle Santiago | 0 | |||||||||
| 1 - ElPozo Murcia | 2 | |||||||||
| 2 - Barcelona Alusport | 3 | |||||||||
| 2 - Barcelona Alusport | 2 | |||||||||
| 7 - Carnicer Torrejón | 0 | |||||||||
| 2 - Barcelona Alusport | 2 | |||||||||
| 3 - Inter Movistar | 0 | |||||||||
| 3 - Inter Movistar | 2 | |||||||||
| 6 - Triman Navarra | 0 | |||||||||
- Actualizado o 26 de xuño de 2012.
O campión da LNFS foi o Barcelona Alusport, que así sumou o seu segundo título de liga, os dous consecutivos. Con esta vitoria na liga, o club acadou o póker de títulos na tempada 2011-12 despois de ter gañado tamén a UEFA Futsal Cup, a Copa de España e a Copa do Rei.