División de Honra da LNFS 2004-05

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A tempada 2004-05 da División de Honra da LNFS foi a 16ª edición da máxima competición ligueira do fútbol sala en España. O torneo comezou o 4 de setembro de 2004 e rematou o 25 de xuño de 2005 co derradeiro encontro da final, que deu como resultado o sétimo título de liga na historia desta competición a prol do Boomerang Interviú.

A liga estivo composta por dúas partes, a tempada regular e as eliminatorias polo título. A tempada regular contou con 16 equipos que se enfrontaron todos entre sí na casa e fora ó longo de 30 xornadas. Ó remate da tempada regular os 8 primeiros da táboa decidiron o título nas eliminatorias finais. A eliminatoria de cuartos de final foi ó mellor de 3 encontros, mentres que as semifinais e a final foron ó mellor de 5 encontros.

Tempada regular[editar | editar a fonte]

Eliminatorias polo título[editar | editar a fonte]

Cuartos de final Semifinal Final
                   
       
  1 ElPozo Murcia Tur.  2
  8 DKV Seguros Zaragoza  0  
  1 ElPozo Murcia Tur.  3
    4 Pol. World Cartagena  0  
  4 Pol. World Cartagena  2
  5 Benicarló FS  0  
  1 ElPozo Murcia Tur.  1
    2 Boomerang Interviú  3
  2 Boomerang Interviú  2
  7 Lobelle Santiago Galicia  0  
  2 Boomerang Interviú  3
    6 MRA Gvtarra  2  
  3 Playas de Castellón  0
  6 MRA Gvtarra  2  


O Boomerang Interviú proclamouse campión desta edición 2004-05 da División de Honra da LNFS.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]