Futbol Club Barcelona (fútbol sala)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
FC Barcelona
NomeFutbol Club Barcelona
Alcume(s)Barça, Blaugrana, Culés
Fundación1978
EstadioPalau Blaugrana
Barcelona, España España
Inauguración1971
Capacidade7.500
Presidenteespañol Josep Maria Bartomeu
Adestradorespañol Marc Carmona
LigaPrimeira División (LNFS)
2011/122º na táboa e logo campión
VestimentaNike
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra

O Futbol Club Barcelona, coñecido por motivos de patrocinio como FC Barcelona Lassa, é unha sección deportiva profesional do FC Barcelona, fundada en 1978, que se dedica ó fútbol sala. O primeiro equipo compite na Primeira División da LNFS, da que foi campión nas tempadas 2010-11 e 2011/12, e da cal foi membro fundador na tempada 1989-90. Na tempada 2011-12 fíxose coa UEFA Futsal Cup converténdose en campión de Europa. O equipo xoga os seus encontros como local no Palau Blaugrana.

O equipo filial, denominado FC Barcelona "B", compite na Segunda División. Non existe ningunha sección feminina.

Historia[editar | editar a fonte]

O FC Barcelona comezou a xogar a fútbol sala a mediados dos anos 70 cando o equipo estaba composto por ex xogadores de fútbol do club azulgrana. Non obstante, non foi ata 1978 cando se fixo oficial a creación da sección de fútbol sala. Nos seguintes anos disputou torneos rexionais, acadando a máxima categoría en 1980. Nos seguintes 2 anos gañou o campionato catalán, a pesar do cal, a Xunta Directiva do club decidiu que a sección desaparecese trala tempada 1982-83.

En 1986 o FC Barcelona recuperou a sección, por mor da creación de torneos nacionais como a Copa de España e a Primeira División da LNFS. Neses anos o equipo gañou a Copa do Rei de 1989 e a Recopa de Europa de 1990, torneos que daquela eran organizados por patrocinadores privados, de xeito que eran oficiosos e non aparecen no palmarés do club. Dende a primeira edición da LNFS ata a tempada 1997-98, o FC Barcelona mantívose na elite do fútbol sala nacional, pero a mediados dos 90 o club comezou a dedicar menos cartos á sección, e finalmente trala tempada 1997-98 descendeu de categoría.

A volta á máxima categoría chegou na tempada 1999-2000. O FC Barcelona ocupou posicións baixas na competición ligueira durante os 3 seguintes anos na Primeira División, rematando 15º en 2001, 12º en 2002 e 15º en 2003, descendendo de novo.

Na tempada 2005-06 o equipo acadou de novo o agardado ascenso, e na tempada 2006-07 comezou o novo proxecto da sección baixo as ordes do adestrador Marc Carmona, e coa aposta do entón presidente do FC Barcelona, Joan Laporta (antigo xogador de fútbol sala nos anos 80). Dende entón a progresión foi: 13º en 2007, 6º en 2008, 3º en 2009, 6º en 2010 e campión en 2011 e 2012.

Como consecuencia do título de liga acadado na tempada 2010-11, a sección de fútbol sala do FC Barcelona disputou a edición 2011-12 da UEFA Futsal Cup, na que o equipo catalán acadou o seu primeiro campionato de Europa nesta disciplina, converténdose na 5ª sección deportiva do club que o facía, tralas de fútbol, baloncesto, balonmán e hóckey sobre patíns. Ese mesmo ano acadou a súa segunda liga, a súa segunda Copa de España e a súa segunda Copa do Rei.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Palau Blaugrana, fogar do equipo.

Torneos internacionais[editar | editar a fonte]

Campión (1) = 2011/12

Torneos nacionais[editar | editar a fonte]

Campión (2) = 2010/11, 2011/12
Campión (3) = 2010/11, 2011/12, 2012/13
Campión (3) = 2010/11, 2011/12, 2012/13

Torneos rexionais[editar | editar a fonte]

Campión (4) = 1999/00, 2008/09, 2009/10, 2010/11

Xogadores[editar | editar a fonte]

O cadro de xogadores do FC Barcelona para a tempada 2011-12 está composto polos seguintes 14 futbolistas:

FUTBOL CLUB BARCELONA de fútbol sala
Xogadores do primeiro equipo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]