Saltar ao contido

División de Honra da LNFS 2009-10

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A tempada 2009-10 da División de Honra da LNFS foi a 21ª edición da máxima competición ligueira do fútbol sala en España. O torneo comezou o 11 de setembro de 2009 e rematou o 6 de xuño de 2010 co derradeiro encontro da final, que deu como resultado o quinto título de liga na historia desta competición a prol do ElPozo Murcia Turística.

A liga estivo composta por dúas partes, a tempada regular e as eliminatorias polo título. A tempada regular contou con 16 equipos que se enfrontaron todos entre si na casa e fora ó longo de 30 xornadas. Ó remate da tempada regular os 8 primeiros da táboa decidiron o título nas eliminatorias finais. As eliminatorias de cuartos de final e semifinais foron ó mellor de 3 encontros, e a final foi ó mellor de 5.

Tempada regular

[editar | editar a fonte]

Eliminatorias polo título

[editar | editar a fonte]
Cuartos de final Semifinal Final
                   
       
  1 ElPozo Murcia Tur.  2
  8 Carnicer Torrejón  0  
  1 ElPozo Murcia Tur.  2
    5 FC Barcelona  0  
  4 Xacobeo Lobelle Galicia  1
  5 FC Barcelona  2  
  1 ElPozo Murcia Tur.  3
    7 MRA Navarra  1
  2 Inter Movistar  0
  7 MRA Navarra  2  
  7 MRA Navarra  2
    3 Caja Segovia FS  1  
  3 Caja Segovia FS  2
  6 Marfil Santa Coloma  1  


O ElPozo Murcia Turística proclamouse campión desta edición 2009-10 da División de Honra da LNFS.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]