Noemí Casquet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNoemí Casquet

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de febreiro de 1992
Sabadell, España
Datos persoais
País de nacionalidadeEspañola
EducaciónUniversidade Autónoma de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, escritora
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Páxina webnoemicasquet.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm9408084 Twitter: noemicasquet Instagram: mamacasquet Editar o valor em Wikidata

Noemí Casquet, nada en Sabadell o 7 de febreiro de 1992, é unha xornalista e escritora española especializada en divulgación sexual e investigadora sobre sexualidade ancestral. Foi presentadora de programas de televisión e en plataformas online, e participou como redactora e columnista de medios de comunicación recoñecidos. É cofundadora e directora de Santa Mandanga, a primeira plataforma de educación sexual explícita.[1]

Leva máis de dez anos tratando temáticas como o sexo, a antropoloxía sexual, o feminismo, as relacións afectivas, o colectivo LGTBI e a loita social. Ten un distintivo discurso cheo de forza e rebeldía que a converteu nun referente dentro da sexualidade, o feminismo e as relacións non convencionais. Grazas ás redes sociais, Casquet logrou captar un gran número de seguidores en Instagram[2] e YouTube,[3] a quen trata de liberar do sistema establecido a través dun estilo de comunicación natural e próximo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carreira profesional[editar | editar a fonte]

Casquet colaborou con varios medios de comunicación, entre eles, como columnista en La Vanguardia e tamén con El Mundo, El Español[4][5] e Europa Press.[6] Foi entrevistada por El País[7][8] e por El Periódico, entre outros. Neles falou de temas como o poliamor, o sexo ou as diferenzas entre homes e mulleres en relación coa sexualidade.[9][10][11][12][13][14][15][16] Colaborou en varias ocasións en emisións de radio en RTVE (Play Radio) falando do seu libro “Cuerpos”, en Radio Euskadi describindo o concepto do sexo como “unha arma de revolución masiva” e en Cadena Ser - Radio Cartagena falando de como as mulleres lle agradecen cambiarlles a súa vida sexual.[17][18][19]

Como presentadora de televisión, dende 2021 presenta o programa “Llámalo X”, producido por RTVE en colaboración con Dadá Films and Entertainment). Nel realiza entrevistas relacionadas co ámbito do xénero e a sexualidade, e trata cuestións como o poliamor, as novas masculinidades, a sexualidade trans ou a asexualidade.[20]

Tamén participou en programas como La Resistencia (Movistar+) e Adolescents XL (TV3), e en podcasts como o Podium Podcast de Alex Fidalgo e o Bego Beristain.[21][22][23][24]

Noemí Casquet presentou ademais o Salón Erótico de Barcelona de 2019. En 2020 participou no evento TEDTalk x UCM (El Futuro), en que salientou, desde a súa experiencia, a necesidade da liberación e a naturalización do sexo.[25]

En 2022 Atresmedia fará unha adaptación televisiva da triloxía “Zorras, Malas y Libres”. Varias fontes confirmaron que a serie se empezará a rodar ese ano.

«Haberá moito sexo. Porque divulgaremos sobre sexualidade. Porque terá esa base feminista tan esencial. Porque apostaremos, como sempre, pola diversidade relacional, de xénero e sexual».[26] Noemí Casquet

Publicacións[editar | editar a fonte]

Noemí Casquet leva escritas sete novelas eróticas (unha triloxía, unha biloxía e dúas novelas), que presentou por toda España. Con elas tivo éxito tamén en América, en concreto, coa xira da súa biloxía "Cuerpos y Almas" na Feira Internacional do Libro de Guadalaxara (México) de 2021.[27] A biloxía publicouse na Arxentina, México, Colombia, Chile e nos EUA (en español).

Mala Mujer (Lunwerg - Grupo Planeta, 2019)[editar | editar a fonte]

No seu primeiro libro, a xornalista analiza as etiquetas de identidade de xénero. A novela menciona temas como a identidade sexual, o ciclo menstrual (e a súa relación co ciclo lunar), a masturbación, o feminismo, a sexualidade e o amor.[28]

Zorras, Malas y Libres (Ediciones B, Penguin Random House, 2020)[editar | editar a fonte]

Esta triloxía supuxo a consolidación da carreira de Noemí Casquet como novelista. Alicia, Diana e Emily, as tres protagonistas, coñécense nun momento clave das súas vidas e deciden formar un club para cumprir as súas fantasías sexuais.[29]

Cuerpos y Almas (Ediciones B, 2021)[editar | editar a fonte]

Esta biloxía trata a identidade e o desexo a través dunha historia chea de paixón, erotismo e profundidade. A obra, segundo Casquet, “ten moito dela, da relación que tivo ao longo da súa vida cos homes”, e “non vai deixar a ninguén indiferente”.[30] A autora tamén declarou:

«A primeira parte da biloxía é “Cuerpos”, e a segunda e a que publiquei recentemente é “Almas”. Con eles busco a aceptación da luz e a sombra que todos os seres humanos temos. As portadas xa dan unha pista: a de “Cuerpos” mostra a escuridade e a introspección nas entrañas dunha muller, mentres que a de “Almas” ensina a procura da luz e o poder saír de toda esa lama. Tamén quero que nos cuestionemos o que está ben e o que está mal porque é unha liña tan fina que moitas veces non sabemos identificar».[31]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «Noemí Casquet, cofundadora y directora de la escuela de sexualidad online Santa Mandanga». http://www.santamandanga.com Consultado o 17 de xaneiro de 2022
  2. Perfil de Instagram de Noemí Casquet. https://instagram.com/mamacasquet?utm_medium=copy_link Consultado o 20 de xaneiro de 2022
  3. "Noemí Casquet - YouTube". www.youtube.com. Consultado o 2022-11-24. 
  4. "Noemí Casquet, novelista erótica: "No acostarte con una persona trans por sus genitales es transfobia"". El Español (en castelán). 2020-07-10. Consultado o 2022-11-24. 
  5. "Noemí Casquet: "Si una mujer sigue su sexualidad de forma libre se le sigue tachando de guarra"". El Español (en castelán). 2021-10-12. Consultado o 2022-11-24. 
  6. "Noemí Casquet: "Si realmente tienes compromiso con la lucha, el sexo no vende, es algo muy difícil de sostener"". www.europapress.es. 2021-11-14. Consultado o 2022-11-24. 
  7. "Conversaciones a la contra: NOEMÍ CASQUET". Consultado o 2022-11-24. 
  8. Mantilla, Jesús Ruiz (2021-08-31). "Noemí Casquet: “Consumimos cuerpos como si fueran vibradores”". El País (en castelán). Consultado o 2022-11-24. 
  9. "La Resistencia: Noemí Casquet protagoniza una de las entrevistas más calientes del programa". ELMUNDO (en castelán). 2019-04-26. Consultado o 2022-11-24. 
  10. "Serie Llámalo X: Poliamor" (en castelán). 2021-11-03. Consultado o 2022-11-24. 
  11. Illescas, Esther Yáñez (20210830T1108+0000). "La escritora Noemí Casquet sobre el poliamor y sus normas: "Somos abiertos pero no somos gilipollas"". Sputnik Mundo (en castelán). Consultado o 2022-11-24. 
  12. "Noemí Casquet es poliamorosa: mantiene varias relaciones a la vez y todas consentidas". Yasss (en castelán). 2017-12-21. Consultado o 2022-11-24. 
  13. "Noemí Casquet: "Hablamos mal sobre el sexo y con ignorancia"". Orgull Ràdio (en catalán). 2019-10-02. Consultado o 2022-11-24. 
  14. "Noemí Casquet, escritora: «El sexo es algo natural y lo natural no es cuestionable»". El Diario Vasco (en castelán). 2020-09-22. Consultado o 2022-11-24. 
  15. "Noemí Casquet: «En el periodismo creo en la experimentación, y el sexo lo veo como el periodismo»" (en castelán). 2021-10-05. Consultado o 2022-11-24. 
  16. "Noemí Casquet: “En lo referente a sexualidad, el hombre está desubicado y la mujer ha encontrado su sitio”". Diariocrítico.com (en castelán). Consultado o 2022-11-24. 
  17. "Noemí Casquet - Cuerpos". RTVE.es (en castelán). 2021-10-29. Consultado o 2022-11-24. 
  18. ""El sexo es un arma de revolución masiva"". EITB (en castelán). 2020-07-06. Consultado o 2022-11-24. 
  19. «Noemí Casquet: “Muchas mujeres me agradecen que les haya cambiado su vida sexual” Arquivado 23 de xaneiro de 2022 en Wayback Machine.». Cadena Ser - Radio Cartagena. Consultado o 12 de xaneiro de 2022
  20. "Noemí Casquet arranca 'Llámalo X' con un tema candente: El perreo, ¿empodera?". www.20minutos.es - Últimas Noticias (en castelán). 2021-10-04. Consultado o 2022-11-24. 
  21. "LA RESISTENCIA - Entrevista a Noemí Casquet. #LaResistencia 25.04.2019". Consultado o 2022-11-24. 
  22. «Noemí Casquet: “Rebo ‘fotopolles’ de la gent que em demana consells”». TV3 a la carta (Programa Adolescents XL). Consultado o 12 de xaneiro de 2022
  23. Entrevista Podcast a Noemí Casquet, Podiumpodcast. https://www.podiumpodcast.com/lo-que-tu-digas/temporada-1/noemi-casquet-no-solo-sexo/ Consultado o 13 de xaneiro de 2022
  24. Podcast Bego Beristain Arquivado 23 de xaneiro de 2022 en Wayback Machine.. https://www.ivoox.com/podcast-begoberistain-protagonista-noemi-casquet-audios-mp3_rf_56809103_1.html Consultado o 12 de xaneiro de 2022
  25. "El Futuro del Amor y el Sexo - Noemí Casquet / TEDxUCM". Consultado o 2022-11-24. 
  26. La trilogía ‘Zorras’, de Noemí Casquet, tendrá adaptación en Atresplayer”. Infoliteraria. Consultado o 13 de xaneiro de 2022
  27. "FIL GUADALAJARA 2021 NOEMÍ CASQUET - CUERPOS Y ALMAS". Consultado o 2022-11-24. 
  28. Torre, Celia Ortega. "Noemí Casquet triunfa con "Mala mujer", una guía sin tabúes para la mujer". www.elobrero.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2022. Consultado o 2022-11-24. 
  29. ""No hago novela erótica sino novelas de liberación"". Diario de Cádiz (en castelán). 2020-10-15. Consultado o 2022-11-24. 
  30. Zamora, Ángela (2021-10-10). "Noemí Casquet: "Escribir 'Cuerpos' ha sido un reto en todos los sentidos, porque no sabía si la gente lo iba a aceptar o rechazar"". The Citizen (en castelán). Consultado o 2022-11-24. 
  31. Entrevista a Noemí Casquet, El Diario. https://www.eldiario.es/euskadi/noemi-casquet-sistema-no-le-interesa-hablemos-sexo-arma-revolucion-masiva_128_8484354.html Consultado o 12 de xaneiro de 2022